Castellano de Catalunya para galegos. Segunda edición

Como continuación do anterior artigo colgado sobre o castellano de Catalunya, temos o artigo de hoxe. Esta é a segunda edición desas palabras que utilizan os cataláns por contaminación da súa lingua propia.

  • Hacer campana

Podería ser que houbese moitos campaneiro, pero non é iso. Polas terras galegas, a expresión máis usada é latar. Faltar á clase, este é o significado.

  • Explicar

Os cataláns xamais che contarán un conto, non, eles explícancho directamente. Eugenio explicaba chistes. 😉
Tampouco se contan os contos. Os contos tamén se explican.

MNAC en Montjuic
  • Natural

Por favor, un café con leche. (Si us plau, un café amb llet)

– Caliente o natural (Caliente o Natural)

– … (quero que sexa natural, pero tamén a quero quente…)

As cousas do tempo son naturais.

  • Merci

Pois si, é francés. A palabra correcta en catalán é gràcies. O equivalente é como cando nós usamos obrigado

  • Deu 

Pois para despedirnos imos con esta palabra que é maneira curta de dicir adeu (adeus en galego). É o seu particular deica.

Hai algunha expresión máis que deixaremos para algún artigo posterior. Esperamos que vos gustase.

AXÚDANOS A SEGUIR ESCRIBINDO

Para poder aumentar a calidade das nosas publicacións precisamos máis tempo. Podedes axudarnos mercando a través de Patreon:

https://www.patreon.com/c/GaliciaAlive

Verificado por MonsterInsights