A moda á moda. Entrevista a Anouckinha

Enxeñeira de profesión, estilista de corazón, romántica de excepción, soñadora por vocación, Adriana é ademais dunha Fashion Blogger moi activa, unha persona que se adica ao mundo da enxeñería

Galicia Alive quere agradecerlle de ante man o atenta que foi Anouckinha con nós.

Cando decides crear o teu blog e por que?

Pois foi un pouco por casualidade. Sempre me gustou moito a moda, todo o que ten que ver cos estilismos e demáis. Fai uns 7 anos comecei a participar nun foro de moda no que se daban consellos, se compartían ideas de estilismos etc. Alí foi donde os participantes me animaron a crear un blog. Era o ano 2009 e o dos blogs non era un tema moi coñecido, así que comecei como unha maneira de darlle saída a todas esas inquedanzas que tiña e no 2011 comecei a profesionalizalo un pouco máis, pero sempre como iso, coma un hobbie e un entretemento para min e para calquera que se asome a esa pequeniña ventá.

http://anouckinhascloset.blogspot.com.es/

 

Falas sobre todo o que ten que ver coa a moda e as tendencias. En que te inspiras á hora de escribir?

Realmente a inspiración que utilizo é a miña visión da moda e o meu día a día, as dudas que me xorden e que seguro que tamén lle xorden ó resto da xente . Sempre crin que a moda realmente está na rúa porque o que se ve nas pasarelas é irreal. A xente da rúa busca ideas para o seu día a día e niso é no que me inspiro, nas necesidades da xente real.

 

Ademáis vimos que tes unha sección de vídeo en youtube. Que podemos encontrar nela?

Comecei a sección en youtube realmente para dar saída a moitas das preguntas que me chegaban por email e que non era capaz de contestar nun só post no blog. A idea é contestar a todas esas dúbidas, dar consellos de estilismo e descubrirlle novidades ós meus seguidores. A miña idea é poder interactuar cos meus seguidores e resolver, na medida do posible, as preguntas que plantexan.  Aínda que por cuestións laborais agora mesmo teño os vídeos en stand by. Espero recuperar a sección pouco a pouco porque tivo moi boa acollida entre os meus seguidores

 

Como é a túa relación coas marcas? De cal es realmente Brand Lover?

 

Realmente non teño ningunha marca fetiche, senón que me guío polo que realmente me gusta a min e por como me senta, independentemente da marca. Pero por susposto que son unha admiradora de Zara e do imperio Inditex. É máis, creo que é imposible non selo porque estamos falando dunha empresa de moda que saca novas prendas cada semana a prezos asequibles. Realmente é un anticipo e incluso a veces un pouco inspiración das coleccións de grandes deseñadores. Amancio Ortega acadou a fórmula para achegar a Alta Costura e os últimos deseños á xente da rúa.

 

Interactúas cos teus seguidores nas redes sociales?

Por suposto, interactúo e moito! Aínda que a veces menos do que me gustaría. Intento responder sempre a tódalas súas preguntas e manterme sempre en contacto. Tanto é así que incluso podo dicir que acadei o grao de amizade con persoas que coñecín a través do blog e das redes sociais.

 

Ser  blogger cambiouche a vida?

En realidade non, aínda que ó mellor si o fixo e non son consciente porque cada decisión que tomamos condiciona o noso futuro. Eu sigo coa miña vida, a miña parella, a miña familia, o meu traballo, os meus amigos… É verdade que eu tampouco quixen que cambiase demasiado. Non me gusta ir a actos blogger. Non seu día, cando comecei, sí que acudia e disfrutabaos. Agora mesmo non vou porque creo que se perdeu un pouco a esencia do que era un blog. Agradezo moito que me inviten, pero selecciono moito a onde ir, con que marcas colaborar, etc. E tampouco me gusta estar sacando fotos a todo e pendente en todo momento de onde está unha boa foto para subir ás redes sociais. Hai moitos momentos que sigo querendo que sexan só meus e dos meus. Cambioume no sentido de coñecer a xente nova, colaborar con marcas e que lle adico tempo porque realmente me gusta, pero a miña vida segue sendo a mesma.

 

Sabemos que eres Fashion Blogger, pero a que dedicas parte do teu tempo libre?

 

A verdade non é que dispoña de moito tempo libre. Pero teño a sorte de que o meu fotógrafo para o blog é a miña parella, así que compartimos a afición e iso permítenos pasar ese tempo xuntos. O resto do tempo adicámolo a viaxar, facer algo de deporte, pasar tempo cos amigos e coa familia e a un proxecto que temos agora mesmo entre mans e que nos está a quitar tempo ós dous.

 



Canto tempo adicas diariamente ao blog?

Máis ou menos entre  unha hora e media e dúas horas diarias. Normalmente fago 3 actulizacións semanais. Intento sempre que dúas delas sexan outfits e a outra, unha recomendación dalgunha marca, a respostar alguna dúbida que me preguntan por correo electrónico, novidades dalgunha tenda, etc. Isto require sacar as fotos, plantexar o contido, estructuralo, etc…ó final, moitas veces as dúas horas, quedan escasas…

1239026_239912509495933_605036294_n

 

Cal foi a mellor experiencia que vivistes como blogger? E a peor?

A mellor experiencia, sen dúbida, é a xente que coñecín grazas ó blog. Como che contaba, podo chamarlle a algunha delas, amigos.

E a peor, bueno, por dicir algunha, porque non tiven ningunha mala, supoño que algún troll de internet que che deixa comentarios malintencionados.

Despois, como anécdota, teño que dicir que, a pesar de ter un blog, son unha persoa vergoñosa, e máis dunha vez cando alguén me recoñeceu pola rúa púxenme máis que colorada e non souben moi ben que dicir. Sen dúbida, tamén foi unha boa experiencia para superar esa vergoña, que non debería de sentir.

 

Que asignatura tes pendente como blogger? 

Como blogger, quizáis o que máis me gustaría sería traballar no deseño dalgunha colección ou a colaboración nalgún programa de estilismo. En Galicia temos grandes deseñadores, grandes profesionais da moda e sería totalmente feliz podendo facer algunha colaboración dese tipo con eles.

 

 

Axúdanos a seguir escribindo mercando algún destes artigos de Amazon ou mercando algo a partir dos links, só se o precisas.

Verificado por MonsterInsights