Enerxía Galega. As compañías eléctricas galegas.

 

Dende que lle dixemos adeus a Unión Fenosa como a compañía a galega eléctrica, quedamos orfos de compañías eléctricas con sede fiscal en Galicia. Por ese motivo, en Galicia Alive fixemos a seguinte lista de compañías eléctricas galegas para que saibades cales son as distintas posibilidades que a nosa terra nos oferta.

Enerxía galega máis

Esta compañía eléctrica galega é a eléctrica máis nova do noso territorio, nace no ano 2014.
Esta compañía está formada por capital galego 100%. Pertence ó Grupo Eje Atlántico 3000 S.L. e que se gaban de pagar os impostos en Galicia.

Enerxía galega máis

Esta eléctrica galega é unha comercializadora de enerxía eléctrica, co cal compra a enerxía no mercado da produción e utiliza as redes do distribuidor pagando unha peaxe regulada.

O xeito no que esta empresa eléctrica quere diferenciarse é mediante a flexibilidad, formación, información e atención personalizada. Facendo especial fincapé en que con eles vas entender os produtos  que contratas.

Actualmente esta empresa de propocionan electricidade e luz a distinto niveis (residencial, pemes e industria) e contan con máis de 10.000 clientes.

Na web desta eléctrica galega poderedes atopar máis información:
http://enerxiagalega.com/

A Nosa Enerxía (Cooperativa)

Esta segunda compañía eléctrica da que vos falamos é unha cooperativa. Debido a isto a forma de contratala é un pouco de diferente á unha compañía convencional, xa que se debe ser socio da propia cooperativa. Esta é unha cooperativa que busca uso e consumo, e sen ánimo de lucro, cuxo obxecto é comercializar enerxía de orixe renovable certificada. Deste xeito, as persoas socias da cooperativa aportan o seu gran de area para cambiar o modelo enerxético actual e evolucionar cara a un modelo 100% renovable e sustentable.

Nosa Enerxía. Sociedade cooperativa galega

Para informarvos máis en detalle podedes ir a algún dos seguintes lugares (tamén presentes no mapa) de Información:

  • Bicicletas Integral (Monforte de Lemos)
  • Punto de Información en Pura Vida Ecocentro (A Coruña)
  • Punto de información de Nosa Enerxía, S.C.G. en Bico de Grao (Lugo)
  • Punto de información de Nosa Enerxía en Ecocentro-Natureza (Monforte de Lemos)
  • Punto de información de Nosa Enerxía en Panxea (Santiago de Compostela)
  • Punto de información de Nosa Enerxía en EcoEnxenia (Rianxo)
  • Punto de Información en Pontevedra
  • Punto de Información en A Galleira (Ourense)

Na web desta eléctrica galega poderedes atopar máis información:
https://www.nosaenerxia.com

XENERA / A vaquiña

A vaquiña pola que vale

A vaquiña é un producto dos que nos oferta a compañía XENERA, a compañía eléctrica galega máis antiga das que vos imos a falar. Quizais o que dixemos ao comezo de que quedamos orfos non é de todo certo, xa que está eléctrica galega foi creada a finais do século XIX, cando dous avogados galegos lograron dotar a súa cidade natal, Tui, dun servizo practicamente inexistente no resto da península. Para iso montaron unha central hidroeléctrica, que ao cabo se convertería no que hoxe é XENERA.

Actualmente esta  é compañía eléctrica galega, cunha historia moi propia, potencia o uso de enerxías renovables, crecendo con centrais hidroeléctricas, fotovoltaicas e eólicas.
XENERA. Compañía eléctrica

Na web desta eléctrica galega poderedes atopar máis información:
https://xenera.com/

Axúdanos a seguir escribindo

Comprando algo que precises en Amazon a partir dos links que temos, axúdasnos a seguir escribindo:

Verificado por MonsterInsights