Os transportes que utilizamos foron diferentes en función do país no estivemos e incluso da zona. En Cambodia utilizamos unicamente o tuk-tuk que xa levabamos contratado dende aquí, porque nos pasaron un teléfono dun tuk-tukeiro.
- Grab
Esta é a mellor aplicación para sentirte o menos posible posible. É coma Uber ou Cabify de aquí. Podes usalo ou non, pero deste terás unha referencia para negociar os prezos. Descarga a app pinchando en aquí.
- Motos
Se normalmente non conduces motos, Bangkok e o resto de Tailandia non é lugar para aprender e Cambodia moito menos. O tráfico é demasiado caótico, sobre todo en Cambodio.
- Tuk-tuks
Os tuk-tuks son o transporte característico de Tailandia. Pechar prezo antes de subir (igual cós taxis).
Tipos de tuk-tuk:
-
- Tuk tuks bicicleta máis habituais nas ciudades pequeñas (como Chiang Rai). Case todos os que había estaban conducidas por persoas maiores. Deunos un pouco de pena ver a uns occidentais grandes e gordos levados por uns delgados señores tailandeses.
- Tuk tuks ciclomotor, habituais en Bangkok. Os tuk tuks alcanzan velocidades bastante altas e os conductores conducen rápido.
- Tuk tuk furgoneta, común en Chiang Mai ou Sukhothai.
Recomendacións
-
-
- Negociar antes de montarte
-
Para isto é bo ter a referencia de Grab, aínda que sempre acabarás pagando un pouco máis pola aventura de ir nun.
-
-
- Non contratar actividades extra.
-
É probable que te ofrezan alguha as excursión máis caras do que deberían ser.
-
-
- Coidado cos timadores.
-
Preto dos monumentos importantes hai tuk tuk á caza do turista despistado. O gratis non existe!!! No caso de Ayutthaya é complicado, salvo que queirades ir en bici (demasiado tempo e demasiado calor) ou motocicleta (só se sabedes levalas).
-
-
- Evitar horas punta.
-
Non collelo entre as 7h e as 9h da mañana e das 16h e as 19h da tarde, principalmente en Bangkok debido ao tráfico.
- Taxis normais
Os taxis normais, verédelos porque destacan demasiado cos seus colores rosas e verdes, son máis baratos que os Grab, pero de seguro que vos tratarán de timar. Pedide de forma insistente que poñan o taxímetro.
Pedir o taxímetro con insistencia.
O entre as 7h e as 9h da mañana e das 16h e as 19h da tarde, principalmente en Bangkok debido ao tráfico.
- Longtail boats (botes de “cola longa”)
Este tipo de transporte utilizámolo para ir de illa cando estivemos aloxados na illa Phi Phi. Tamén para ir dende Krabi a Railay.
é a mellor aplicación para sentirte o menos posible posible. É coma Uber ou Cabify de aquí. Podes usalo ou non, pero deste terás unha referencia para negociar os prezos.
- Ferri
Para ir dende Railay ata a illa Phi Phi utilizamos este transporte. NON MERQUEDES o billete en Krabi!!!! Nós caímos na trampa e pagamos máis por mercalo no mesmo sitio onde mercamos a pasaxe para ir dende Krabi a Railay.
- Buses e microbuses
Os buses funcionan de xeito moi diferente ao que estamos acostumados. En todos os buses que subimos tiñamos a sensación de que nos estaban enganando. Viñan primeiro uns e despois outros indicándoche distintas cousas para ir ao mesmo lugar. Todo era moi confuso, aínda así vaias co que vaias chegarás ao teu destino.
Referencias
Esta web é moi util para mirar calquera viaxe que queirades facer por Asia. Bótarlle un ollo para ir collendo unha idea dos prezos é moi útil.
A web da páxina da Rede de Estatal da Ferrocarriles de Tailandia (State Railway of Thailand). É máis informativa cá útil.
Finalmente, non usamos esta web. Está ben para ter un pouco máis de referencias en caso de necesidade, como plan de xestión de riscos.
Esta web sirve para mercar os billetes de tren con antelación. É recomendable comprar o tren cama con moita antelación.