Durante a preparación da viaxe a Tailandia e Cambodia e durante a estadía, sacamos algunhas conclusións que cremos que son importantes. Por ese motivo, facemos unha lista con todo o que recopilamos. Continuamos coa segunda remesa de consellos:
Animais
O caso dos animais en Tailandia é moi controvertido. Dende o uso de elefantes con fins turísticos ata comercio ilegal de animais exóticos. No caso de Cambodia, non atopamos (tampouco buscamos) actividades con animais.
- No caso de escoller o lugar de para ver ELEFANTES, por favor, asegurádemos de ir que sexa no mellor das situación para os elefantes.
No noso caso, decidimos non ir. Decidimos escoller no futuro outro lugar onde os podemos ver en liberdade.
- Tanto en Tailandia como en Cambodia atoparedes MONOS/MACACOS. Atoparedes un lote de carteis dicindo “Non alimentar aos monos”. Por favor, facédelle caso. Un mordedura dun mono pode ser moi perigosa.
Tempo atmosférico
En Tailandia e en Cambodia fai MOITA CALOR, moitísima. Así que non esquezas botar protección solar. A humidade é asfixiante, hai que ir mentalizado. Leva sempre unha botella de auga, busca a sombra e descansa cando o precises para evitar golpes de calor.
Tráfico
O tráfico de Bangkok é caótico. Cruzar a rúa pode convertirse nunha epopeia. Como en calquera lado, mira o que fan os locais e trata de imitalos (aínda que é perigoso). É importante que te decates de que en Tailandia conducen pola esquerda. . Tamén é importante que saibas que en Cambodia conducen pola dereita. OLLO ao cruzar!!!
Comida
- Auga
Beber auga sempre de botella para non te ir pola pata abaixo (mercar nunha farmacia “One per day” para evitalo na medida do posible). Coas pastillas, non tivemos ningún contratempo.
- Beber alcohol en Tailandia
A idea para poder beber en Tailandia é de 20 anos. O alcohol está ben de prezo. Non deberías irte de Tailandia sen probar as súas cervexas máis famosas e escoller a que máis che gusta: Chang, Leo ou Singha. En Cambodia tamén debes probar a súa
cervexa: Angkor.
- Escoller ben os postos de comida
Nos postos de comida onde hai moita xente renovan con máis frecuencia a mercadoría. Eses son bos sitios. Atoparás postos de comida a todas horas, hai moitísisiimos mercados nocturnos, xa veredes nas seguintes publicacións.
- Froita
Para os amantes da froita Tailanda e Cambodia son paraísos. Froita do dragón, guava, longan, mango, mangostán, papaia, santol, fruta da serpe…. Están todas boísimas!!!
- Durian
Esta fruta merece unha sección aparte. Non é unha froita ben recibida nos hoteis. Incluso chega a estar prohibida en moitos hoteis. Isto débese ó cheiro desta froita. A pesar diso, está RIQUÍSIMA! E moi cara, pero tedes que probala!
Seguridade
Neste apartado facemos unha
- Usar o candado para as mochilas e bolsos
Aínda que o hotel pareza de moita confianza (isto como en calquera lugar). O certo é que nós, non tivemos ningún problema, pero si tomamos precucións
- NON ser irrespetuoso coa Familia Real Tailandesa
A familia real por riba de todo. Hai fotos dos reis por todas partes e é raro encontrar un tailandés que fale mal deles Hay fotos de los reyes por todas partes y es raro encontrar un tailandés que te hable mal de ellos (falar mal deles está penado con 15 anos de cárcere) Se un billete ao chan, NON PISALO!!! Podería ser unha ofensa, xa que a cara do rei aparece nel.
- Evitar xogos lúdicos e apostas,
As apostas e os xogos lúdicos e apostas están prohibidos en Tailandia.
- Evitar estafas (scams)
Se non tedes coñecemento sobre xemas preciosas (gems) non vos arrisquedes a mercar algunha “ganga”.
- Motos de auga (jet skis) e outras actividades
Coidado ao facer actividades ás que non estás habituado.
Outras cousas que debes saber para ir preparado
- Espectáculos sexuais (sex-show)
Nós non fomo s pola zona de erótico-festiva de Bangkok, pero si tivemos tanto en Chiang Mai como en Siem Reap folletos para ir a algún espectáculo sexual.
- Contaminación e suciedade
Iamos moi mentalizados para atopar un aire irrespirable en Bangkok. A verdade é non se nota moita a diferencia con respecto a outra grande cidade. Con respecto á contaminación no norte e no sur de Tailandia, o aire é máis puro. En Cambodia tampouco notamos demasiada contaminación.
Con respecto á suciedade, aí si que non defraudaron ningún dos países e das cidades. En case todas as cidades vimos ratas e lotes de lixo polo chan.
Como anécdota, unha señora moi agradable que ía preto de nós no tren tirou pola fiestra os restos de comida e demais desperdicios despois de comer. Ó mirar pola ventá podía observarse que non era ela a única que o facía. Deste xeito, pode entenderse como é o pensamento da sociedade con respecto ao lixo.
- Baños-ducha
Como en Copenhague, é habitual atopar hoteis en Tailandia nos que o chan da ducha é o mesmo có do propio baño.
- As masaxes tailandesas
As masaxes tailandesas son duras. Non son pracenteiras, incluso chegando a facer daño. Se queres probalas, o mellor é comezar cunha de pés.
- Ladyboys (transexuais)
É moi habitual ver transexuais por Tailandia. A sensación que nos deu é que está moi normalizado. Hai dúas rúas en Bangkok nas que hai moitos espectáculos de ladyboys Khaosan Road o Silom Road .
- Pel cuberta
Ós tailandeses gústalles ter a pel branca. Polo xeral, si veras que van con pantalón longos, aínda que bastante soltos.