Durante a preparación da viaxe a Tailandia e Cambodia e durante a estadía, sacamos algunhas conclusións que cremos que son importantes. Por ese motivo, facemos unha lista con todo o que recopilamos:
Antes de saír
Estas son as cousas que deberías facer si ou si antes de ir de viaxe:
- Revisa a web do Patrimonio da Humanidade
A web do Patrimonio da Humanidade é unha referencia moi importante para saber que cousas se deben ver en calquera lugar que se visite. En Galicia temos algún lugares de interese, podedes velos aquí. Retomando os casos de Tailandia e Cambodia, a Lista de Patrimonio da Humanidade recolle distintos lugares que iremos desglosando ó longo das publicacións:
-
- Cidade histórica de Ayutthaya (Tailandia)
- Cidade histórica de Sukhothai e pobos históricos asociados (Tailandia)
- Ankor (Cambodia)
Ademais destes tres lugares que visitamos, na lista tamén se inclúe o conxundo de bosques Dong Phayayen-Khao Yai (Tailandia), o Templo de Preah Vihear (Cambodia), a zona do Templo de Sambor Prei Kuk, o lugar arqueolóxico e a antiga Ishanapura (Cambodia), a zona arqueolóxica de Ban Chiang (Tailandia) e o santuario de vida salvaxe de Thungyai-Huai Kha Khaeng (Tailandia).
- Escoller datas
Para a nosa viaxe, o principal a ter en conta é a época de monzóns (época de choivas). Isto quere dicir que as datas preferibles son de novembro a abril. En caso contrario podes atopar choivas de xeito inexperado. Ter en conta que, arredor do 22-23 de novembro, se celebra a festa dos espíritos (Thai Tabiyoki) en Chiang Mai!! (Nós perdémola)
Precaucións de saúde
Hai unhas cousas que non debes esquecer que son esenciais para ir:
- Vacinas no Centro de Vacunación Internacional de Sanidade Exterior
Antes de ir a calquera país, revisade esta web para recibir de xeito GRATUÍTO as vacinas necesarias e as recomendacións precisas. Tivemos moi boa experiencia.
En palabras do Ministerio de Exteriores, o Rexistro de viaxeiros é unha ferramenta que facilita o contacto con aquelas persoas que se desprazan ó estranxeiro sen fixar o residencia no país de destino.
A finalidade deste rexistro é que as autoridades españolas poidan localizar ou contactar, se é posible, aos viaxeiros españois inscritos en caso de emerxencia grave (desastre natural, conflicto armado, etc). En todo caso, o viaxeiro seguirá sendo responsable de actuar coa maior dilixencia posible para evitar situacións de risco.
- Crema solar
A estación cálida de Tailandia é de marzo a xuño, que é a máis importante para botar crema solar, aínda que nas outras non se queda atrás. RECORDADE: 100 ml máximo se ides coller avión internos sen facturar.
- Repelente de mosquitos
Mercar ó chegar ou algún de forte protección do normal, xa que o repelente é de maior eficacia no propio país. Aínda así, pódese pedir un repelente forte na farmacia.
Mercar e relear
Case todos os vendedores falan inglés básico e, algúns, incluso castellano. No caso de non entender, usará unha calculadora para ir escribiendo as cantidades ou as mans. No caso de Tailandia, persoalmente, tivemos a sensación de estar sen menos timados cá en Cambodia .Hai que ser respectuoso, sen chegar a sentirse timado.
Incluso se hai un cartel co prezo, iso SI se podería relear porque en calquera caso sempre se pode conseguir.
Os prezos reais acostuman ser sobre un terzo do que piden, pero é ben certo que se tratas de conseguilo por ese prezo, non serás capaz. Isto débese ó evidente dobre mercado que existe tanto en Cambodia coma en Tailandia. A cantidade de turistas fai que acceder a ese prezos para os turistas sexa imposible.
Para tratar de conseguir o mellor prezo, proba a Interesarse por outros productos para despistar, non teñas vergoña e compara prezos con outros postos. Pensa tamén, que son persoas acostumadas a isto, polo que lle require moito menos esforzo que a calquera turista.