Santiago de Compostela en 2 días: Dunas de Corrubedo, Castro de Baroña e Noia

Evidentemente para coñecer Galicia precísase toda unha vida e aínda así non é suficiente. Darémosvos de todos os xeitos algúns consellos para visitar en dous días algúns lugares destacables de Galicia tendo como base de operacións Santiago de Compostela.

Estes dous días están pensados para coñecer a capital de Galicia e algúns lugares relativamente preto. Imos a supoñer a chegada á capital galega un venres pola noite e o regreso un domingo pola noite para facer así as 48 horas.

O que encontraredes será un plan para a noite que cheguedes a Compostela. Ao día seguinte teredes a visita ás Dunas de Corrubedo, ao Castro de Baroña e Noia, que podería facerse en pouco máis de medio día para aproveitar ese mesmo día pola tarde-noite e seguir descubrindo Compostela. Finalmente quedaranos o último día de viaxe para acabar de ver a capital galega.

Santiago de Compostela (Chegada)

Unha vez cheguemos ao aeroport de Santiago de Compostela (SCQ) debemos coller un bus que nos leve ata o centro da cidade.
– Á estación de tren (40 min)
– Á estación de autobuses (opción 1) (12 min)
– Á estación de autobuses (opción 2) (23 min)

Cando xa esteades asentado no hotel que corresponda podedes coñecer un pouco de Santiago de noite. Usade o noso mapa para buscar algún bar para tomar algo e ir de tapas ou un restaurante para tomar unha boa cea.
Cando xa ceárades usade o mapa para ir a calquera dos clubes e pubs e coñecer un pouco de Santiago de noite. Usade o noso mapa para a búsqueda de algún bar onde tomar unha Estrella.

Aquí podedes atopar un hotel e así colaborades con Galicia Alive:

Despois de tomar a Estrella, sempre çe agradable dar un paseo polas rúas da zona vella. Todo casco antiguo de Compostela forma parte do Patrimonio da Humanidade Galego e está protexino pola UNESCO debido ao seu valor arquitectónico.
Aproveitade e visitade a Praza do Obradoiro. Buscade aproximadamente no centro da praza unha cuncha de vieira e, unha vez alí, deixade a Catedral a vosa espalda e tumbádevos no chan boca arriba. Veredes a catedral ao revés, o que é cando menos interesante.
Buscade aproximadamente no centro da praza unha cuncha de vieira e, unha vez alí, deixade a Catedral ás vosas costas e deitádevos no chan boca arriba. Veredes a Catedral ao revés, o que é moi interesante.en el centro de la plaza una concha de vieira y, una vez allí, dejad la Catedral a vuestra espalda y tumbaos en el suelo boca arriba. Veréis la catedral al revés, lo es cuanto menos interesante

LUGARES PRETO (Día de escapada)

Dunas de Corrubedo, Castro de Baroña e Noia

Dunas de Corrubedo

É un Parque Natural que se compón pola Dunas de Corrubedo e unha zona húmida de importancia internacional denominada Zona Ramsar. Para ir dende Santiago (en coche):
https://goo.gl/maps/LmtpfqceVoS2 (54 min – Peaxe)
https://goo.gl/maps/Ye5xqkfJ1VH2 (1h 8min – Sen peaxe)

Dunas de Corrubedo
Dunas de Corrubedo
Castro de Baroña

O Castro de Baroña é un antigo asentamento celto. Posuía dúas murallas ao seu redor e consérvanse 20 vivendas de planta circular ou ovalada. As vistas dende esta península son impresionantes. Ademais xusto ao lado hai unha praia da cal unha parte é nudista. Para chegar dende Corrubedo:
https://goo.gl/maps/koP9eKLN4fQ2 (19 min)

Castro de Baroña
Castro de Baroña
– Parada no Camping Punta Batuda

Unha parada case obrigada. Detente durante media hora e toma unha tapa para ir abriendo apetito mentras observas unha vista da Ría de Muros e Noia como pocas. Observa a Illa da Creba e Monte Louro no lejos.
https://goo.gl/maps/xyN8NN7HyPS2 (19 min)

https://www.instagram.com/p/BIEvmuNAWIM/?taken-by=galiciaalive

Noia

O antigo porto de Santiago de Compostela. Esta vila mariñeira é un bo lugar para pararse a comer. Logo da comida, é unha boa idea pasear polo seu Casco Vello, pola súa alameda ou polo seu paseo marítimo. Proba a empanada de berberechos y compra unha Torta de Santiago no Supermercado Jefama. Ningunha te decepcionará. Para chegar desde o Camping Punta Batuda:
https://goo.gl/maps/FRvHASVhxn22 (9 min)

Zona vella de Noia
Zona vella de Noia
– Volta a Santiago

https://goo.gl/maps/bdJAEcDrScy (44 min)
Para alugar un coche podedes mirar aquí e tamén nos axudades a seguir axudándovos:

Santiago de Compostela (Día de escapada)

Aproveitade o modo coche no que estades metidos e visitade algún dos destinos marcados no mapa como “En coche”. Podedes escoller entre ir ao Monte Pedroso ou A Cidade da Cultura (a esta última tamén se pode ir en transporte público, aínda que o máis cómodo é o coche). Pola noite aproveita a coñecer os bares que aínda non coñeces e a seguir polas rúas e ruelas da cidade como a Rúa do Franco, Rúa de San Pedro

Santiago de Compostela (Día de retorno)

As Marías - As dúas en punto
As dúas Marías

Crea, usando o noso mapa, a túa propia ruta de turismo en Santiago. Escolle entre Lugares de interese, Lugares emblemáticos e Parques. Todo o que está no mapa se pode ver no tempo que vos queda. Iso si, debedes facer as seguintes cousas:
– Sacarte unha foto con “As Marías” (tamén coñecidas como “As dúas en punto”).

– Buscar os pés de Cervantes na Praza de Cervantes.
– Ver a sombra do peregrino na Praza da Quintana.
– Sacar unha foto da catedral dende os xardíns da alameda
Entre otras muchas cosas máis que vos descubriremos en próximas entradas. 😉
Gozade do recorrido e da vosa estancia en Santiago de Compostela e arredores. 🙂

AXÚDANOS A SEGUIR ESCRIBINDO

Para aumentar a calidade das nosas publicacións necesitamos máis tempo. Podes axudarnos mercando través de Amazon. Deixámosvos os seguintes  que poden resultar útiles e interesantes:

1 thought on “Santiago de Compostela en 2 días: Dunas de Corrubedo, Castro de Baroña e Noia

Comments are closed.

Verified by MonsterInsights