Ese pobre policía que se mete cocaína pola mañá
e reúne a valentía pra botar a unha familia do seu fogar
a el tamén lle doe o ollo que che acaba de quitar
cunha pelota de goma disparada dunha forma accidental
ETA é, ETA é, moi mala
porque che disparan sen mirar á cara
eu son máis dos corpos policiais
que torturan e asasinan lentamente e con métodos legais
Ese pobre picoleto que soñaba con chegar a militar
pero ten que conformarse con vivir unicamente pra multar
sabe que o único que queda é ser paciente e agardar
a que volvan os bos tempos nos que entraban no Congreso a disparar
ETA é, ETA é, moi mala
porque che disparan sen mirar á cara
eu son máis dos corpos policiais
que torturan e asasinan lentamente e con métodos legais
ETA é, ETA é, moi mala
porque che disparan sen mirar á cara
eu son máis dos corpos policiais
que torturan e asasinan lentamente e con métodos legais