Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the google-analytics-for-wordpress domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /var/www/vhosts/galiciaalive.com/httpdocs/wp-includes/functions.php on line 6121
Os nomes galegos máis fermosos

Os nomes galegos máis fermosos

En Galicia está crecendo o uso de nomes galegos para os novos nacementos. Dende Galicia Alive imos facer as nosas propostas para os nomes que consideramos os máis fermosos da nosa lingua:

NOMES DE RAPAZAS:

  1. Sarela
    Nome dun río de Compostela: Sar.
  2. Xoana
    Procede do hebreo Yohanan ou Yehonan, ‘Deus é misericordioso’.
  3. Erea
    Grega: paz
  4. Xiana
    Latina: referido ao xentilicio da familia Iulia, dedicada a Xúpiter
  5. Xulia / Xuliana / Xulieta
    Latina: referido ao xentilicio da familia Iulia, dedicada a Xúpiter
  6. Galicia
    Céltica a través do nome que deron os romanos á nosa terra: Callaecia ou Gallaecia, pronunciado aprox. Kalaikia, a partir do etnónimo céltico calleaci, posiblemente derivado do teónimo Caleac. Polo tanto o significado podería ser terra do pobo da deusa Caleac.
  7. Noela
    Relativa ás orixes da Vila de Noia.
  8. Sabela
    Hebrea: consagrada a Deus, adoradora de Deus.
  9. Branca
    Xermánica: (*blank) branca, brillante.
  10. Lúa
    Nome afectivo e augural dado a unha meniña co desexo de que sexa tan
    luminosa, bela ou inflluente coma a lúa (do latín luna).
  11. Tareixa
    Nome hispano frecuente na Idade Media que tiña como forma primitiva
    Tarasia, de orixe escura.
    Variantes: Tereixa, Teresa.

NOMES DE RAPACES:

  1. Xoán
    Procede do hebreo Yohanan ou Yehonan, ‘Deus é misericordioso’.
    Variante: Xan
  2. Xoel
    Hebreo: Iavé é Deus
  3. Martiño
    Latina: de Marte, ou guerreiro
  4. Xián
    Latina: da familia Xulia
  5. Brais
    Do alcume latino Blasius, posiblemente procedente do latín blaesus (tatexo)
  6. Cibrán
    Latina: delgado, transparente ou orixinario de Chipre
  7. Tristán
    Celta: ruído ou mensaxeiro
  8. Anxo
    Grego: Mensaxeiro.
  9. Osián
    De orixe escura. Para algúns procede do gaélico oisin, ‘cerviño’. Tamén é
    posible que teña que ver coa exclamación hebrea Hoxianna! (latinizada
    Hosanna)
  10. Breixo.
    Latina: sincero, que conta a verdade
  11. Breogán
    Celta: xefe dos celtas que poboaron Galicia

Referenzas

Deixámosvos os lugares onde nos inspiramos para sacar estas conclusións. Invitamos a todas as organización que nomeamos aquí a que colaboren e así ter un lugar onde aparezan realmente todos os nomes galegos.

Nomes Galegos:

É una wiki, polo cal todos podemos colaborar, onde aparecen moitísimos dos nomes galegos. Nela tamén se explica a súa procedencia e significado. Para nos é a web de referencia sen dúbida, que se pode ou debe complementar coa información das outras.

Apelidos Galicia:

Parte da páxina Xenealoxía https://www.xenealoxia.org/. Nela aparece moita información dos apelidos galegos, do seu significado e da súa orixe.

Apego:

Apego é un programa colectivo creado para fomentar e mellorar a transmisión do galego como lingua inicial. Nel atopamos unha lista moi usable, a mellor para poder escoller algún nome: http://apego.gal/que-o-seu-nome-sexa-propio/

A MESA pola normalización:

A MESA pola Normalización Lingüística é, segundo as súas propias palablas, unha plataforma independente, plural e apartidaria que ten como único obxectivo a promoción do uso do galego en todos os ámbitos da vida social propios de calquera idioma. Nela podemos ver unha lista de nomes:

https://www.amesa.gal/caixa/nomes

O Portal da Lingua Galega:

O Portal da Lingua Galega é a web oficial da nosa lingua. Nela temos en versión pdf unha lista moi usable de nomes galegos:

http://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647069&name=DLFE-10644.pdf

Wikipedia:

Na Wikipedia aparece unha lista de nomes galegos de rapaz e de rapaza.

De Galicia:

De Galicia pertence ao conxunto de Fillos de Galicia, o cal reune multitude de blogs. A web principal de Fillos de Galicia é Fillos e un dos seus blogs principais é Fillos de Galicia.

Na web De Galicia podemos atopar a versión dixital do libro Nomes galegos de hoxe e de onte. Ademais, podedes conseguir de xeito gratuíto (só pagando portes) os que estades na diásporana Asociación Touda:

https://www.asociacion-touda.org/product/nomes-galegos-de-hoxe-e-de-onte-antroponimos-galegos-e-galaicos/

Axúdanos a seguir escribindo

Para poder aumentar a calidade das nosas publicacións precisamos máis tempo. Podedes axudarnos mercando a través de Patreon:

https://www.patreon.com/c/GaliciaAlive

Ou dende a ligazón de Afiliados de Amazon: https://amzn.to/3CCy4h

Verified by MonsterInsights