En Galicia está crecendo o uso de nomes galegos para os novos nacementos. Dende Galicia Alive imos facer as nosas propostas para os nomes que consideramos os máis fermosos da nosa lingua:
NOMES DE RAPAZAS:
- Sarela
Nome dun río de Compostela: Sar. - Xoana
Procede do hebreo Yohanan ou Yehonan, ‘Deus é misericordioso’. - Erea
Grega: paz - Xiana
Latina: referido ao xentilicio da familia Iulia, dedicada a Xúpiter - Xulia / Xuliana / Xulieta
Latina: referido ao xentilicio da familia Iulia, dedicada a Xúpiter - Galicia
Céltica a través do nome que deron os romanos á nosa terra: Callaecia ou Gallaecia, pronunciado aprox. Kalaikia, a partir do etnónimo céltico calleaci, posiblemente derivado do teónimo Caleac. Polo tanto o significado podería ser terra do pobo da deusa Caleac. - Noela
Relativa ás orixes da Vila de Noia. - Sabela
Hebrea: consagrada a Deus, adoradora de Deus.
- Branca
Xermánica: (*blank) branca, brillante. - Lúa
Nome afectivo e augural dado a unha meniña co desexo de que sexa tan
luminosa, bela ou inflluente coma a lúa (do latín luna). - Tareixa
Nome hispano frecuente na Idade Media que tiña como forma primitiva
Tarasia, de orixe escura.
Variantes: Tereixa, Teresa.
NOMES DE RAPACES:
- Xoán
Procede do hebreo Yohanan ou Yehonan, ‘Deus é misericordioso’.
Variante: Xan - Xoel
Hebreo: Iavé é Deus - Martiño
Latina: de Marte, ou guerreiro - Xián
Latina: da familia Xulia - Brais
Do alcume latino Blasius, posiblemente procedente do latín blaesus (tatexo) - Cibrán
Latina: delgado, transparente ou orixinario de Chipre - Tristán
Celta: ruído ou mensaxeiro - Anxo
Grego: Mensaxeiro. - Osián
De orixe escura. Para algúns procede do gaélico oisin, ‘cerviño’. Tamén é
posible que teña que ver coa exclamación hebrea Hoxianna! (latinizada
Hosanna) - Breixo.
Latina: sincero, que conta a verdade - Breogán
Celta: xefe dos celtas que poboaron Galicia
Referenzas
Deixámosvos os lugares onde nos inspiramos para sacar estas conclusións. Invitamos a todas as organización que nomeamos aquí a que colaboren e así ter un lugar onde aparezan realmente todos os nomes galegos.
É una wiki, polo cal todos podemos colaborar, onde aparecen moitísimos dos nomes galegos. Nela tamén se explica a súa procedencia e significado. Para nos é a web de referencia sen dúbida, que se pode ou debe complementar coa información das outras.
Parte da páxina Xenealoxía https://www.xenealoxia.org/. Nela aparece moita información dos apelidos galegos, do seu significado e da súa orixe.
Apego é un programa colectivo creado para fomentar e mellorar a transmisión do galego como lingua inicial. Nel atopamos unha lista moi usable, a mellor para poder escoller algún nome: http://apego.gal/que-o-seu-nome-sexa-propio/
A MESA pola Normalización Lingüística é, segundo as súas propias palablas, unha plataforma independente, plural e apartidaria que ten como único obxectivo a promoción do uso do galego en todos os ámbitos da vida social propios de calquera idioma. Nela podemos ver unha lista de nomes:
https://www.amesa.gal/caixa/nomes
O Portal da Lingua Galega é a web oficial da nosa lingua. Nela temos en versión pdf unha lista moi usable de nomes galegos:
http://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647069&name=DLFE-10644.pdf
Wikipedia:
Na Wikipedia aparece unha lista de nomes galegos de rapaz e de rapaza.
De Galicia pertence ao conxunto de Fillos de Galicia, o cal reune multitude de blogs. A web principal de Fillos de Galicia é Fillos e un dos seus blogs principais é Fillos de Galicia.
Na web De Galicia podemos atopar a versión dixital do libro Nomes galegos de hoxe e de onte. Ademais, podedes conseguir de xeito gratuíto (só pagando portes) os que estades na diásporana Asociación Touda:
Para que continuemos escribindo, colabora connosco mercando a través do seguinte link (só se o precisas):
Axúdanos a seguir escribindo mercando algún destes artigos de Amazon ou mercando algo a partir dos links, só se o precisas.