Mapa dos centros galegos en América do Sur

Galicia é, desgraciadamente ou por fortuna, terra de emigrantes. Isto fíxonos abrir Galicia ao mundo, pero despoboar a nosa preciosa terra. Dende Galicia Alive estamos seguros de que isto é reversible por nós, os galegos e as galegas. Nós somos os que imos dar volta a esta situación e transformar a Galicia nunha terra de acollida e benvida. Para que saibamos cales son os lugares onde máis emigración houbo, queremos situar os Centros Galegos no mundo, comezando por América do Sur. Os Centros Galegos de América do Sur distribúense polos seguintes países:

  • Arxentina (Argentina)
    Se pensamos nun país de acollida de toda América de familias galegas, é posible, que o primeiro que nos veña á mente sexa Argentina. Podemos velo na cantidade de Centros Galegos que hai en toda Argentina. A maior parte destes Centros Galegos de Argentina acumúlanse na súa capital, Buenos Aires (Bos Aires).
  • Brasil
    Outro dos lugares de emigración dos galegos foi Brasil.. Case calquera galego teu algún tío no Brasil, ou non? A maior parte dos Centros Galegos están nas grandes cidades, aínda así podemos velos en pobos máis pequenos.
  • Chile
    O único Centro Galego de Chile atópase na súa capital: Santiago de Chile.
  • Colombia
    O país do café conta tamén cun Centro Galego na súa capital, Bogotá. Éste é o único Centro Galego de Colombia.
  • Panamá
    Esta país ten un número bastante elevado de Centros Galegos. Como na todos os países de América, a maior das parte dos Centros Galegos de Panamá atópase na súa capital, con nome homónimo ao país.
  • Perú
    O único Gentro Galego da cidade das nubes ésta en Lima, no distrito de Jesús María.
  • Uruguai (Uruguay)
    Montevideo é unha desas cidades tan coñecida para moitas familias galegas. O tío, a avoa, o curmán do avó… tantas persoas foron a Uruguay para buscar un futuro. Os  Centros Galegos atópanse principalmente nesa localización, aínda que hai moitos máis como podes ver no mapa.
  • Venezuela
    A actualmente renomeada Venezuela foi un lugar de benvida para moitos galegos que fuxían da fame da nosa terra. Caracas é un deses nomes de cidades que antes de estudar as capitais xa sabes onde está.

A pesar de ter localizado moitos, hai centros que non puidemos localizar. Así que se tedes algunha información extra e podedes axudarnos a atopar os seguintes Centros Galegos, agraderiamosvolo:

Axúdanos a seguir escribindo mercando en Amazon:

Referencias

http://www.galiciaenelmundo.es/centrogallego/circulo-galaico

Verified by MonsterInsights