Ingredientes básicos
- Fariña de trigo
- Ovo
- Sal
- Auga (ou leite)
- Azucre
- Aceite
Ingredientes opcionais doces
- Crema de cacao (tiramos de Asturcilla)
- Caramelo líquido
- Froita e sirope
- o que teñas a man
Ingredientes opcionais salgados
- Ensalada
- Queixo e/ou xamón cocido
- Pemento e atún
- o que teñas a man
Utensilios
- Recipiente fondo
- Tixola
- Remexedor
- Escumadeira
- Espátula de madeira
- Prato (para poñer as que vas facendo)
Proceso
- Romper os ovos e báteos no recipiente fondo
- Introducir a fariña de trigo, a sal e a auga (ou leite)
- Remexer ata ter un moado sen bolos
- Poñer a tixola ó lume co aceite.
- Espallar o aceite para cubrir toda a superficie da tixola
- Usar a escumideira para botar moado na tixola
Mover a tixola para espallar o moado mellor e completar os ocos con máis moado - Deixala facer por un lado ata que non estea pegado
Compróbao coa espátula de madeira - Dalle a volta (sen queimarte 😉 )
- Opcional. Pon na filloa o que queiras, salgado ou doce
- Opcional. Dobra dun lado e do contrario creando una especie de tubo
- Saca a filloa ó prato
Repite os pasos 6, 7 e 8 (9 e 10 opcionalmente). Cada 3 ou 4 catro veces que fagas este procedemento, fai o 4.
Para o último das filloas hai un dito que xa entenderes por que:
“A derradeira ou vai cargada ou vai baldeira“
Axúdanos a seguir escribindo
Comprando algo que precises en Amazon a partir dos links que temos, axúdasnos a seguir escribindo: