Fase a fase os galegos de Galicia a da súa diáspora imos avanzando na recuperación da normalidade. Nestes días moitas persoas tiraban dos recordos que a fotografías de tempos pasados nos que gozaban da compaña desas persoas que botamos en falta. Por este motivo, e por moitos máis, Galicia Alive ten o pracer de compartir un tempo para poder aprender dunha persoa da diáspora que sabe como plasmar eses momentos e facer que teñan ese algo máis que os converte en arte: Andrea Rodríguez.
GA: Benvida, Andrea!
Andrea R: Bos días. Encantada de poder falar convosco.
GA: Estudaches xornalismo na USC e logo dun tempo adicándote a esta profesión, decides adentrarde no mundo fotografía, da iluminición e dirección fotográfica. Que é o que che motiva a este cambio? Que é o que che aporta o a fotografía?
Andrea R: Cando era máis nova gustábame moito escribir e ler pero cos anos esa paixón derivou nas artes visuais, tanto cine como fotografía. Sempre tiven unha extraña obsesión por observar e analizar todo coa mirada. A verdade é que a fotografía para mín é todo, é o que aporta sentido á miña vida. Así como tamén o cine. É a miña fonte de inspiración.
GA: Os que coñecemos algo do teu traballo sabemos que te moves entre a fotografía urbana, situacións cotías e a fotografía de arquitectura, e a fotografía de paisaxe. Se tiveses que escoller, con cal dos dous mundos da fotografía te quedarías?
Andrea R: Sen dúbida, a fotografía de paisaxe. A natureza transmíteme paz e adoito intentar plasmar eses sentimentos nas miñas fotos. Porén, a fotografía de viaxe ou a dirección de fotografía é ao que realmente enfoco a miña carreira profesional.
GA: Que é o que che aporta a fotografía de situacións cotías?
Andrea R: Atráeme moito a idea de ter na miña man a posibilidad de captar un momento único que nunca máis voltará a repetirse. Un instante da vida que é efímero pero na fotografía queda reflexado para sempre.
GA: Ten o mesmo efecto a fotografía de arquitectura?
Andrea R: Definitivamente, non. É simplemente unha maneira máis de amosar as cousas que ofrecen as cidades e que moita xente non ten a oportunidade de velas dese mesmo modo.
GA: Que é o que che aporta a fotografía de paisaxe?
Andrea R: Sinceramente, é algo que me custa bastante expresar con palabras. Diría que é algo como inherente, hai algo en mín que me impulsa a querer fotografíalo todo. Pero teño unha especial interese na natureza porque é o que eu considero como a beleza real. Por exemplo, a luz natural é algo que me acostuma a obsesionar.
GA: Sabemos que as túas fotografías se poden adquirir no teu porfolio, pero hai algunha exposición que teñas próximamente para poder ver o teu traballo?
Andrea R: Desafortunadamente, non teño ningunha exposición por estrear no futuro próximo. O meu traballo está principalmente na internet.
GA: Tes algunha fotografía que che guste especialmente do teu traballo?
Andrea R: Todas as que teñen como principal elemento o mar ou o oceáno. Para mín o mar é saúde, dame calma e benestar.
GA: Dixemos ó comezo que estudaras xornalismo, algunha vez pensaches en facer algún traballo de fotoxornalismo?
Andrea R: Sí, por suposto. No meu portfolio tamén hai foto documental e de rúa, ou sexa, é algo que evidentemente está aí latente en mín. Así que non me importaría traballar niso. Aínda que o mundo audiovisual, en xeral, é moi pechado e non adoitan dar oportunidades a xente diferente da que está no seu círculo.
GA: Entón, aproveitamos o momento para un chamamento á apertura do mundo audiovisual. En Galicia Alive, ademais de ser abertos, temos unha serie de preguntas encadeadas. A última galega Alive, Chiña, unha cantante noiesa, deixou esta para ti. “Pareceche algo tarde para empezar a compoñer con 31 anos despois de estar 16 anos dedicándote á música, como é no meu caso?” Incluso a poderíamos ampliar a calquera outra actividade.
Andrea R: Nunca é tarde para aprender, para cambiar ou experimentar cousas novas. Creo que facer sempre o mesmo é un total aburrimento. A vida non acaba aos 30 anos (ou eso espero) e aínda queda moito por diante para probar todo o que che apeteza.
GA: Agora déixanos ti a túa pregunta para a seguinte persoa entrevistada.
Andrea R: Cres que os millenials temos o futuro máis negro ca outras xeracións?
GA: Moitas graciñas pola entrevista Andrea Rodríguez, agora deixámosche o teu momento alive, para que comentes o que queiras.
Andrea R: Graciñas a vós por contar conmigo para falar sobre o meu traballo.
Para que poidades coñecer máis do traballo de Andrea Rodríguez, podes seguir o seu Instagram, o se Portfolio e o seu Facebook:
- www.instagram.com/_absolutocaos_
- https://andreinha00.wixsite.com/portfolio
- https://www.facebook.com/_absolutocaos_
Axúdanos a seguir escribindo
Para poder aumentar a calidade das nosas publicacións precisamos máis tempo. Podedes axudarnos mercando a través de Amazon. Deixámosvos os seguintes links que vos poden resultar útiles e interesantes: