Tailandia DÍA 15: De Kho Phi Phi a Bangkok
Este día pasámolo prácticamente de viaxe.Comezando na Illa Phi Phi, pasando por Krabi e, logo do voo, Bangkok.Pola mañá en KHO PHI PHI:Mercamos as pasaxes…
Artigos sobre turismo en Galicia ou calquera outra parte do mundo coñecido
Este día pasámolo prácticamente de viaxe.Comezando na Illa Phi Phi, pasando por Krabi e, logo do voo, Bangkok.Pola mañá en KHO PHI PHI:Mercamos as pasaxes…
Día principal da visita a Koh Phi Phi. A noite antes, temos que buscar un tour que recorre todo o arquipélago durante todo o día, para non deixarnos nada importante sen ver.
Este día pódese dividir en tres partes. A primeira correspóndese co tempo que pasamos en Railay. A segunda división é a do tempo que pasamos no ferri dende Railay ata Phi Phi. Por último, a última parte do día é para o tempo que pasamos xa en Phi Phi.
Este segundo día en Railay pasámolo nunha excursión por illas próximas. O día anterior faláramos cunha das axencias que hai en Railay Leste (Railay East) para reservar a viaxe polas illas próximas de Railay. A excursión paga a pena por ver todas as illas que vimos que conforman parte do Parque Natural. A comida e a auga entra nesta viaxe. Por favor, recordade recoller o voso lixo.
Regresábamos Tailandia despois de tres intensos días en Cambodia, Siem Reap. Despois de durmir unha noite no aeroporto, chegamos pola mañá ó Aeroporto de Krabi. Tiñamos que ir dende alí ata Railay.
Angkor é o lugar máis espectacular a nivel arquitectónico de toda a viaxe. Ademais a orde da viaxe é perfecto: Ayutthaya, Sukhothai e finalmente Angkor. Este último lugar eclipse os demais, como espectacularidade da súa edificación. Sen dúbida, Angkor é unha parada obrigatoria.
Este é o primeiro día de verdade en Siem Reap, nembergantes, non estaríamos pola cidade. A planificación de todos os días en Cambodia foi feita polo noso tuk-tukeiro. Confiamos nel e a verdade é que non nos defraudou. É máis, de Cambodia, a nivel de trato persoal, foi o mellor que nos levamos.
Continuábamos viaxe e agora cambiaríamos de país. A emoción de coñecer una nova cultura e un novo país estaba fervendo.
Para este día tiñamos unha excursión planeada dende antes de iniciar a viaxes. A excursión con Wonderful Eco Tours. Entre as opcións que ofertan, a que nós escollemos foi a dun día en Doi Inthanon National Park e sendeirismo. No Parque Natural de Doi Inthanon, que se atopa a uns 100 km de Chiang Mai. está a montaña máis alta de Tailandia con 2.565m.
Chiang Mai:Un día de relaxación a metade do viaxe non vén mal. O sexto día de viaxe foi o momento idóneo para poder facelo. Descartamos a viaxe a Chiang Rai