Dende fai uns anos, eu, como corresponsal de Galicia Alive, vivo na Cidade Condal de Barcelona. Como sabedes ao igual que en Galicia, Catalunya ten unha lingua de seu, a cal fai que as persoas cando falen en castellano fagan traducción literais ou usen palabras que desconcertan aos que non somos de alí. Pensade, por exemplo, cando lle dicides colo a un estranxeiro…
Tedes aquí unha serie de expresión e palabras que vos serán de utilidade por se vides a Barcelona.
– Hacer una cervezas
A pesar de que en Barcelona existen moitas cervexas de artesás, isto non quere dicir que a persoa en si teña unha destilería, non. Isto é unha invitación para tomarlle unha.
– Ves
Ves a la mierda… Non che están preguntado se a ves algún excremento. Estanche dicindo que non caes moi ben. Ves é o imperativo do verbo anar, que é ir en català, é dicir, é o noso vai .
– Os cataláns non saben se veñen ou van
En Catalunya o uso de ir e de vir é confuso. Se estás falando por teléfono cunha persoa e quedades na túa casa, esta persoa dirache vengo… Isto non é moi simple de explicar, pero é fácil de notar cando non está ben.
– Plegar
Plego (mal conxugado, debería ser pliego) del trabajo a las 17h 30 é o que che dirán un amigo catalán para indicarche a hora de saída do traballo. A palabra plegar significa dobrar ou encartar a roupa. Debido a que durante o boom textil en Catalunya, moitas persoas dedicáronse a empaquetar o producto e para indicar a saída dicíase pliego/plego y me voy. Tamén está a teoría de que vén de orixe mariñeiro: plegar velas ao chegar a porto.
– Póñenlle pero a calquera cousa
Comemos, pero…. Aínda que non é en toda Catalunya, en algúns lugares sí se utilizan este pero como coletilla.
– A muiñeira é distinta.
Cando escoitas a unha persoa catalana falar de muiñeira, en moitos casos falarán de “muñeiras” sen o “i”. Por que? En català, a palabra munyir (débeser ler “muñir”) significa muxir. Polo que para eles sería algo como a muxidora…
Hai outras expresións e palabras características, pero deixarémolas para próximas ocasións.