SonDaRúa - Éxodo con Navia Rivas (Prod. Alex Arnoso)

 

Navia Rivas

Deixo amigos por extraños, deixo a terra polo mar
Deixo en fin canto ben quero, quen puidera non deixar…

Alex Arnoso

Escoita o ar, nega, morto de pena
escuro vai chorar polos que non están pra cea,
polos que xa tiveron que marchar
lonxe do lar, que non van voltar.
Hai que parar

Ondea
a media asta colgada desa azotea
unha bandeira treme por esa condea.
A terra triste non ten ninguén pa abrigar
moitos lonxe do seu lar,
e sen cartas pra que lean

Fai cincuenta anos foise o meu avó
Agora é miña irmá quen monta nese vóo
De nós depende que eles poidan retornar
Só nos queda loitar
ou ter fotos cheas de pó
Sho, sho!

Non é noso ese destino
pra Suíza mandan cartos, os probes mandan seus fillos
Tanta tinta tonta malgastada en folios
de promesas incumplidas en favor dos monopolios

O espolio sigue en marcha
Mentiras non emparchan
Sangue fría nesas vías que se escarchan
Fariseos leo e creo ser un reo
Creo versos presos nestes textos tersos
Son ateo
Vendo o ceo

Xa estou cheo de
eses Morfeos que,
rouban soños ou retoños coma igrexa ¿ou qué?
Tantos centos lonxe deste puro Edén
Adán non mordeu mazás pero a serpe segue ben
Bang! Bang!

Artemisa apunta raro
Son certeiros case sempre os seus disparos
Somos a presa perfecta iso está claro
Que volten os presos!
Que volten os emigrados!

(Retrouso)

Que volten á nosa terra,  que remate isto duha vez
Aquí seguimos en pé de guerra, luitando por elas non imos retroceder
Esta nazón non se enterra, eles non van poder
Somos a voz das que berran,  levamos nas veas a semente de vencer!!

Hugo Guezeta

Escrebo para que pare, ai para velas regresar’e
Saíndo polo ar, van saíndo polos mares

Xa desía Rosalía:
“Galiza sen mulleres quedas que te poidan traballar’e”

E sen homes e sen Cristo bendito
Dame un micro
Non claudico
Aínda que sexa delito
expresarse

E ¿que fagho con isto “parse”?
Autocensurarse é que ghañen os de sempre
E non quero darlles eu esa alegría
Quero frear a hemorraxia, a sangría

Pola Iria, por Lore e polo Martinho
Por toda ghalega que emprendeu ese camiño
De vértigho

Que non carallo! Non dou crédito
A que liscar da nosa terra sexa mal endémico

O seu séquito terá chollo por ENCE,
por Eulen, por Audasa ou na deputación de Ourense

Crense
Ghobernadores desta matria e mandan,
pero non ghobernan nesta parcela
Señorito dos Peares, sepa usted:
Quen condena a súa terra non merece nada dela!
4rela!!

Estamos vivindo en Mátrix
Os soños dunha xeración rematan nunha esquela
Como esa vítima laiándose de ter’e confiado Nese porco de merda que xa acoitela
Xa! Xa!

Imos frealo camarada
Encher de orghullo e de forza cada mirada
Mulleres libres na Galiza liberada
Que volten as presas!
Que volten as emighradas!!

(Retrouso)

Que volten á nosa terra, que remate isto duha ves
Aquí seguimos en pé de guerra, luitando por elas non imos retroceder
Esta nazón non se enterra, eles non van poder
Somos a vos das que berran, levamos nas veas a semente de vencer!!

 

 

Help us to keep writing

Buying something you need at Amazon using these links, you help as to keep writing:

Verified by MonsterInsights