Para a última estandia na península de Indochina tivo lugar en Bangkok, capital do antigo Reino de Siam. Deste xeito, a viaxe toma, como nas grandes historia, un caracter circular onde se retorna ó comezo aprendendo moitas cousas. O último día real sería o día 17, pero pasariamos ese día viaxando de volta dende a primeira hora da mañá. Por este motivo, escollemos o hostal para pasar esta noite do día 16 ao día 17 en Indochina máis preto do aeroporto e con servizo de transporte ó aeroporto. O Aeroporto Internacional de Bangkok está a uns 40 km da cidade. Para rematar, xa que fomos aprendendo algo da historia de Indochina, nesta publicación aprenderemos da importancia de Bangkok na historia do antigo Reino de Siam.
HISTORIA
En Galicia Alive non somos historiadores, por ese motivo poñemos toda a información de historia documentada na zona de referencias. O que facemos con esta información é resumila e explicar a información que lemos o mellor posible. A historia de Bangkok concretamente procede principalmente dos seguintes reinos: O Reino de Thonburi (1768-1782)
Tras a marcha forzada dos birmanos, que tuvieron que acudir a outras frontes de guerra abertos contra China, os diferentes reinos que quedaron tras a debacle de Ayutthaya foron reunificados polo Rei Taksin, un dos moitos señores da guerra que loitaban por controlar os diferentes territorios. Taksin fixou a nova sede do poder ó sur da antiga capital Ayutthaya, en Thonburi, na zona do actual Bangkok. A pesar da súa corta duración, o reino de Thonburi supuxo o renacer de Siam, coa reconquista de moito do seu anterior territorio e visos de expansión internacional. En efecto, Taksin seguiu a loita contra os birmanos e convertiu grandes territorios en tributarios de Thonburi, convirtiendo á capital nun reflexo do esplendor de la antigua Ayuttaya. Nembergantes, pola suposta tolemia do rei acabouse dando lugar a un golpe de estado en 1782 que rematou coa súa morte e establecemento dunha nova dinastía no poder.
O Reino de Rattanakosin (1782-1932)
Tras la caída de Taksin (1782), o xeneral Chackri asume o trono de Siam e comeza o Reino de Rattanakosin. O novo rei, Buddha Yodfa Chulaloke Rama I, trasladou a capital ó outra lado do río, por ser máis fácil de defender e estar situado en rutas comerciais. A nova monarquía pretendía recuperar o antigo esplendor do Reino de Ayutthaya incorporando grandes obras á cidade: Buda Esmeralda, O Pazo Grande, murallas…
Recupérase unha nova etapa de esplendor en arquitectura e en literatura. No século XIX a monarquía centraliza o goberno. Na Lei dos Tres Selos actualízanse as leis de Ayutthaya, vixente ata o século XX.
No 1790, expúlsanse os birmanos definitivamente e, con isto, comeza unha etapa aperturista con avances e cambios no país, influenciando ós países veciños: Cambodia, Laos e zonas de Birmania. Inícianse relacións con potencias occidentais, pero mantendo a independencia. Nesta época xurde a clase media, auméntase o comercio internacional, suprímese a esclavitude e a educación faise máis accesible ó pobo.
Durante o reinado de Vajiravudh Rama VI (1919-1925) alcanza o seu máximo esplendor, ó ser un auténtico gentleman educado en Oxford, que introducirá unha serie de reformas inspiradas en su educación británica.
En 1932, un golpe de estado acaba con 800 anos de monarquía absoluta. Dende aí, hai tempos complicados e con moitos cambios e loitas polo poder. Durante o reinado de Ananda Mahidol, en 1939, cámbiaselle o nome Siam polo Prathet Thai (país da xente libre), de onde provén o actual nome do Reino de Tailandia, homenaxe a aquelos primeiros pobos tai que atoparon a liberdade nestas terras.
ALOXAMENTO
O aloxamento para a última das noites en Bangkok foi nun hostal preto do aeroporto para asegurarnos que estivésemos á hora no Bangkok, evitando o atasco da cidade de Bangkok pola mañá. Este servizo ten un gasto extra, pero compensa.
L42 Hostel Suvarnabhumi Airport Soi Chan Prason 1, Krung Thep Maha Nakhon
Esta hospedaxe non está mal. Non é nada de luxo, pero cumple a función para a última noite: descansar e estar preto do aeroporto. Ca rúa onde estaba o hostal, deunos un pouco de mal rollo
TRANSPORTE
Para poder chegar ó L42 Hostel despois de pasar todo o día en Bangkok, collemos un Grab. Cando se meteu pola rúa onde estaba o hostal, deunos un pouco de mal rollo. En xeral, Tailandia é así, se o ves de noite dá medo. A pesar diso, o hostel está ben por dentro e cumpliu coas espectativas e coa funcionalidade.
QUE VER EN BANGKOK?
O último foi o día dos agasallos e dos recordos. Tiñamos que mercar algunhas cousiñas. A intención inicial era ir ó Mercado de Chatuchak, pero non estaba aberto. Así que fomos a un centro comercial onde puidemos atopar todo o que quixemos.
Wat Benchamabophit (Templo de Mármore/Marble Temple) en Bangkok
O Wat Benchamabophitr Dusit Wanaram é coñecido como “O Templo de Mármol” porque o templo está decorado co mellor mármol de Italia. O templo está decorado coa arte antiga tailandesa. O Rei Chulalongkorn foi reconstruído coa antiga arte tailandesa. O deseño do plan está dividido en monxes budistas, monxes e laicos para laicos, novicios, novatos.
Horario: Todos os días de 9h30 a 16h30 Prezo: 100 THB
Outros mercados
En Bangkok hai moitísimos mercados. Durante os días anteriores nesta cidade puidemos visitar algúns deles, pero quedaron moitos máis por visitar.
- Weekend Market
- Mercado de Pratunam
- Mercado de Chatuchak
- Khlong Lat Mayom (Mercado flotante)
Actividades para a próxima ocasión
En Bangkok atoparás un milleiro de actividades para facer. Aquí quedan agrupadas:
- Queen Saovabha Memorial Institute (Granxa de serpes [Snake Farm])
- Bangkok Canal Tour (extendido con old Thonburi e con Thai Traditional Puppet Show)
- Mansión-Pazo Vimanmek (pechado por remodelación)
- Koh Kred
- Platinum Wholesale Shopping
Lugares para ir noutra ocasión
Nesta sección están os lugares que non puidemos ou que decidimos non ver. Coma sempre esta información vén de outros blogs onde poderedes que poderedes atopar nas referencias.
- Wat Saket (Templo do Monte Duorado)
- Phra Sumen Fort
- Royal Barges National Museum
- National Museum Bangkok
- Prasart Museum
- Erawan Museum
- Siam Niramit Theatre
- Siam Niramit Bangkok
- Mansión de Jim Thomson
- Mansión Vimanmek
- Parque Dusit
- Giant Swing (Bambán Xigante)
Excursións:
Guías recomendables:
Publicacións relacionadas
-
- Tailandia e Cambodia en 17 días: Informacion básica
- Tailandia e Cambodia en 17 días: Comunicación
- Tailandia e Cambodia en 17 días: Curiosidades
- Tailandia e Cambodia en 17 días: Transporte
- Tailandia e Cambodia en 17 días: Consellos I
- Tailandia e Cambodia en 17 días: Consellos II
- Tailandia e Cambodia en 17 días: Consellos III
- Tailandia e Cambodia en 17 días: Comida