Castellano de Catalunya para galegos

Dende fai uns anos, eu, como corresponsal de Galicia Alive, vivo na Cidade Condal de Barcelona. Como sabedes ao igual que en Galicia, Catalunya ten unha lingua de seu, a cal fai que as persoas cando falen en castellano fagan traducción literais ou usen palabras que desconcertan aos que non somos de alí. Pensade, por exemplo, cando lle dicides colo a un estranxeiro…

Tedes aquí unha serie de expresión e palabras que vos serán de utilidade por se vides a Barcelona.

– Hacer una cervezas

A pesar de que en Barcelona existen moitas cervexas de artesás, isto non quere dicir que a persoa en si teña unha destilería, non. Isto é unha invitación para tomarlle unha.

– Ves

Ves a la mierda… Non che están preguntado se a ves algún excremento. Estanche dicindo que non caes moi ben. Ves é o imperativo do verbo anar, que é ir en català, é dicir, é o noso vai .

– Os cataláns non saben se veñen ou van

En Catalunya o uso de ir e de vir é confuso. Se estás falando por teléfono cunha persoa e quedades na túa casa, esta persoa dirache vengo… Isto non é moi simple de explicar, pero é fácil de notar cando non está ben.

Sagrada Familia

– Plegar

Plego (mal conxugado, debería ser pliego) del trabajo a las 17h 30 é o que che dirán un amigo catalán para indicarche a hora de saída do traballo. A palabra plegar significa dobrar ou encartar a roupa. Debido a que durante o boom textil en Catalunya, moitas persoas dedicáronse a empaquetar o producto e para indicar a saída dicíase pliego/plego y me voy. Tamén está a teoría de que vén de orixe mariñeiro: plegar velas ao chegar a porto.

– Póñenlle pero a calquera cousa

Comemos, pero…. Aínda que non é en toda Catalunya, en algúns lugares sí se utilizan este pero como coletilla.

Festes de Gràcia

– A muiñeira é distinta.

Cando escoitas a unha persoa catalana falar de muiñeira, en moitos casos falarán de “muñeiras” sen o “i”. Por que? En català, a palabra munyir (débeser ler “muñir”) significa muxir. Polo que para eles sería algo como a muxidora…

Hai outras expresións e palabras características, pero deixarémolas para próximas ocasións.

 

Verified by MonsterInsights