Google Adsense é un sistema de publicidade desenvolvido por Google. Permite que os administradores de páxinas web formen parte dun mesmo circuíto publicitario no que se publicitian textos e imaxes que Google selecciona conforme aos criterios do cibernauta, como a súa localización ou o seu historial de buscas.
O galego é a propia de Galicia. Esta lingua románica é oficial na Comunidade Autónoma de Galicia xunto co castelán. A parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade. Estes lugares son:
Terra Eo-Navia
O Bierzo
As Portelas
Val de Xálima
O galego tamén é utilizado na diáspora galega. Este é o proceso de emigración masiva que se produciu en Galicia durante as tres últimas décadas do século XIX ata ben pasada a metade do século XX. Na segunda década do século por mor da crise en Galicia e España iníciase unha segunda vaga de emigración galega, principalmente cara países do norte de Europa. Isto fai do galego unha lingua cuns 4.000.000 de falantes.
Pois ben, parece ser que estas dúas ferramentas, Google Adsense como ferramenta de negocio e o galego como ferramenta de comunicación, non son compatibles.
Recentemente quixemos pasar, nós, Galicia Alive, de ser unha web sen máis a rentabilizar o noso traballo. A nosa sorpresa foi que tras tentar abrir unha conta no Adsense obtivemos a seguinte resposta:
“Gracias por el interés mostrado en Google AdSense. Desafortunadamente, tras examinar su solicitud, no podemos aceptarle en AdSense en este momento.
No hemos aprobado su solicitud por los motivos que enumeramos a continuación.
Idioma no disponible: hemos comprobado que la mayor parte del contenido de su sitio se encuentra en un idioma que no está disponible en estos momentos. Los idiomas en los que se ofrece el programa y la segmentación de anuncios se indican en este artículo de ayuda. Si administra o posee otro sitio en uno de los idiomas disponibles, no dude en volver a enviar la solicitud según se indica más adelante. Si bien esperamos poder ofrecer AdSense en su idioma muy pronto, todavía no podemos anunciar una fecha concreta.”
Non imos ser nós os que lle imos dicir o tipo de políticas que debe seguir a unha empresa nin tampouco obrigar a ninguén a facer o que non quere facer. A pesar diso, resúltanos raro e queremos que chegue o máis lonxe posible o que nos aconteceu, así como expresar o noso malestar ao respecto. Non polo gran número de visitas que aínda non temos, senón polo que nós considerámos unha falta de críterio e de sentido. Por estar a web en galego non é posible poñer anuncios? Non hai mercado en galego? Quizais hai poucos anuncios en galego?
Esperamos que a frase “Si bien esperamos poder ofrecer AdSense en su idioma muy pronto, todavía no podemos anunciar una fecha concreta” sexa certa e que o galego poida, por fin, ser considerada unha lingua de negocio.
Axúdanos a seguir escribindo mercando en Amazon a través deste link:
Yo tengo el mismo problema, y la única forma que se me ocurre de que AdSense incluya el gallego por fin es que creemos una comunidad virtual más fuerte, pero no se por que todos los intentos que se han echo hasta ahora no han sido fructiferos 🙁
Mi web la empecé en gallego…me la rechazaron por el idioma.
La traducí toda al castellano, menos los nombres de ciudades y municipios que oficialmente se reconocen en castellano…me la rechazaron por el idioma.
No hay manera, las webs las revisan robots y así nos va!
Alguien tiene una solución, sino…me buscaré yo los anunciantes.
Un saludo.
A nosa solución foi escoller portugués, Juan. Xa ves que non usamos galegos lusista e aínda así funcionou. É así de triste, pero foi a única solución que atopamos. Por certo, temos que falar da túa web. 😉
Estou a ver a vosa web… esta escrita en galego!!! e tendes anuncios de adsense.
Como foi a cousa? So con declarala en portugués xa vos concederon os anuncios?
Si, Juan. Como tiñamos bastante contido en galego, tentamos co portugués e finalmente funcionou. 🙂
Agora só nos faltan as visitas… 😛
O fin, terei que facer eu o mismo.
Tranquilo, con un traballo ben feito viran as visitas soas.
Boa sorte.,