Deprecated: Creation of dynamic property WP_Members::$style is deprecated in /var/www/vhosts/galiciaalive.com/httpdocs/wp-content/plugins/wp-members/includes/class-wp-members.php on line 558
Tailandia DÍA 6: Chiang Mai (Relax)

Tailandia DÍA 6: Chiang Mai (Relax)

Un día de relaxación a metade do viaxe non vén mal. O sexto día de viaxe foi o momento idóneo para poder facelo. Descartamos a viaxe a Chiang Rai, Triángulo máxico e as plantacións de té porque chegariamos demasiado tarde e sería sacar só a foto e non desfrutalo. Así que igualmente madrugamos para ir ó Doi Suthep ben cedo. Isto fixo que nos saíse moito máis barato do que custa normalmente. Saiunos en 600 THB e pola tarde estaban a pedir máis de 1.000 THB. Wat Phra That Doi Suthep É un templo sobre unha montaña sagrada Doi Suthep ao oeste de Chiang Mai, bastante lonxe. Para ir:

  • Alugar moto: 300 THB/día
  • Alugar bicicleta: bicicletas de montaña
  • Grab: 450 THB ida
  • Furgoneta vermella: En Chiang Mai son máis común cós tuk-tuks. 600 THB ida e volta.

Tras chegar ao sitio, hai que subir ó templo polas escaleiras ou usando un funicular ó templo. Pero antes de chegar, de camiño á montaña Doi Suthep, ademais de ver peligrar a nosa vida coa velocidade do tuk-tukeiro e da estrada chea de curvas, vimos diversos lugares interesantes.

Escaleiras de Wat Phra That Doi Suthep en Chiang Mai
Escaleiras de Wat Phra That Doi Suthep en Chiang Mai

Esta localización sagrada ten suma importancia na relixión e na historia da cidade de Chiang Mai, xa que alberga as reliquias sagradas de Buda e era considerado o lugar ideal para os nacidos o ano da cabra. É un dos máis sagrados do país e fundado no ano 1383. Ademais dun ‘chedi’ dourado, hai un monumeto que representa a independencia de Chiang Mai de Birmania (Myanmar). Situado sobre o monte Doi Suthep no distrito de Muang, na provincia de Chiang Mai, pódese chegar ó alto tras subir os 306 chanzos adornados ó estilo Naga.

Wat Phra That Doi Suthep en Chiang Mai
Wat Phra That Doi Suthep en Chiang Mai

Dentro do templo está o chedi estilo Mon onde as reliquias do Señor Buda foron incluídas no medio nos cimentos. O nome oficial do Templo Doi Suthep é “Phra Borommathaat Doi Suthep” e é un santuario relixioso que deixa ver importantes aspectos da arte Lanna e un símbolo da cidade. Arredor do Chedi que garda as reliquias, hai 5 elementos importantes: 4 paraugas (un en cada esquina), unha cerca de lanzas, capelas en miniatura resgardando as imaxes de Buda (unha en cada esquina), uns pequenos pavillóns en espiral que albergan as deidades das catro dirección e tallas de loto.

Chedi de Doi Suthep
Chedi de Doi Suthep

Expoñemos os prezos e os horarios a continuación.

Prezo:

    • 50 THB/persoa en funicular
    • 30 THB/persoa polas escaleiras

Horario: Todos os días de 6h00 a 18h00

Huay Keaw Waterfall Ó volver de Phra Borommathaat Doi Suthep, fixemos unha parada en Huay Keaw Waterfall. Se se atravesa o regueiro por riba das pedras,  pódese ascencender  para ter unhas mellores vistas da fervenza.

Fervenza Huay Keaw en Chiang Mai
Fervenza Huay Keaw en Chiang Mai

วัดล่ามช้าง

Este pequeno templo cóllevos de camiño ó Wat Chiang Man. Podedes ver as súas estatuas e os xardíns que hai arredor.

วัดล่ามช้าง en Chiang Mai
วัดล่ามช้าง en Chiang Mai

Wat Chiang Man O templo máis antigo de Chiang Mai. Mandouno construír o fundador da cidade, Phaya Mengrai, no 1296. Nel está o buda máis antigo que se coñece do Reino de Lanna, do ano 1465. Neste templo poderedes ver o buda de mármore e o buda de cristal.

Wat Chiang Man en Chiang Mai
Wat Chiang Man por diante en Chiang Mai

Na parte de atrás do recinto hai un chedi dourado sobre unha base de con elefantes. Pasear un pouco polo recinto é moi relaxante. Iso si, se detes calor, preto da entrada hai unha tenda-bar cuberto onde podedes descansar do calor acompañados dunha auga.

Wat Chiang Man en Chiang Mai
Wat Chiang Man por atrás en Chiang Mai

Expoñemos os prezos e os horarios a continuación.

Prezo: Gratis Horario: Todos os días de 6h00 a 18h00

Restaurantes

Despois de estar visitando diferentes templos e tamén entre templo e tempo, estivemos descubrindo restaurentes. Aquí facemos unha selección dos mellores de Chiang Mai, pero no mapa terás todos os que nós probamos e as recomendacións doutros blogs que nos serviron de referencia. ร้านอาหารห้อยขา Un dos restaurantes favoritos. A comida está boa e a experiencia de ter os pés colgando é moi interesante. Si, os pés colgados! As mesas están elevadas do chan e o chan desaparece debaixo delas. O chan pasa a converterseUn lugar ó que hay que ir si ou si. Foi unha recomendación que nos deron dende Mae Ping Home.

https://www.instagram.com/p/Bqf2gzBlM2w/?utm_source=ig_web_options_share_sheet

Bodhi Tree Cafe Aquí podedes ter unha lección de cociña tailandesa se entra dentro dos vosos plans. Neste sitios tedes que probar o mango sticky rice, está boísimo. É o mellor mango sticky rice que probamos en Tailandia.

Mango sticky rice no Bodhi Tree Cafe en Chiang Mai
Mango sticky rice no Bodhi Tree Cafe en Chiang Mai

De noite volvemos ós mercados a coller algún agasallo e desfrutar dun roti.

Roti

O roti é unha comida hindi e urdú que denomina un tipo de pan empregado na cociña india. O roti en si é a masa, pero en Tailandia éncheno de diferentes alimentos e despois fríteno.

Outras posibles paradas en Doi Suthep

Huai Rap Sadet Waterfall Podedes parar nesta fervenza para vela.

Guías recomendables:

Publicacións relacionadas

Verified by MonsterInsights