Deprecated: Creation of dynamic property WP_Members::$style is deprecated in /var/www/vhosts/galiciaalive.com/httpdocs/wp-content/plugins/wp-members/includes/class-wp-members.php on line 558
Tailandia DÍA 14: Koh Phi Phi

Tailandia DÍA 14: Koh Phi Phi

Día principal da visita a Koh Phi Phi. A noite antes, temos que buscar un tour que recorre todo o arquipélago durante todo o día, para non deixarnos nada importante sen ver.

ALOXAMENTO

Esta segunda noite nas Phi Phi pasámola no mesmo aloxamento que a noite anterior.

Ivory Phi Phi Island

194/1 Moo7, Aonang A, Maung, Krabi,
81000 Islas Phi Phi,
Tailandia

QUE VER EN KHO PHI PHI?

O día anterior xa reserváramos unha excursión polos distinto lugares a esta hora é que tamén se lle bote un ollo ós prezos dos tours dun día organizados arredores de Phi Phi. O lugar e hora da quedada é no lugar de contratación do tour e ás 8 da mañá. Collemos un longtail para 2 persoas. Isto sae mellor se se vai nunha excursión cun grupo de persoas meirande, pero decidimos coller un longtail para nolos dous sos por recomendación duns amigos portugues que tiveron unha mala experiencia nunha excursión en grupo. Resulta que o capitán do barco non respectaba os espazos naturais protexidos e incitaba a xente do grupo a tirarse á auga coas bebidas alcohólicas.

Tiempo: 6-7h
Prezo: 3.500 THB
O prezo inclúe froita, auga e equipo de snorkel.
Se desexades que o longtail atraque nas illas de Parques Naturais hai que pagar 200THB/persoa extra. Se vos gusta nadar, podedes pedirlle que fondee e dende alí nadando ata a orilla.

A ruta polas calas, illas e demais lugares xa a tiña o capitán do longtail na súa cabeza. A ruta foi por Koh Phi Phi, Koh Phi Phi Leh, Bamboo Island e pasamos preto de Moskito Island.


Fixemos o seguinte recorrido por estas 4 illas:

A praia da película de DiCaprio. Esta praia está pechada ó publico. Nós non puidemos entrar. Preto da praia hai un lugar limitado por boias onde se pode eu dar un baño e onde hai un lote de peixes de colores.

Phi phi - Maya Beach
Phi phi – Maya Beach

Logo fomos da primeira parada na Praia Maya (Maya Beach), a excursión continuou no punto das quenllas (shark point). Este lugar atópase en Ko Phi Phi Lee. Case todos os blogs nos que nos informamos previamente dicían que estaba en ó lado de Long Beach. Tamén é certo que nós non puidemos nadar coas quenllas.

O motivo polo que non puidemos nadar foi o seguinte foi que xusto ó saltar do longtail me golpeei o pé cunha rocha. Aínda que parecía que non fora nada, ó subir de novo e ver o pé, descubrimos que a ferida sangraba moitísimo. Pregunteille ó capitán do longtail se sería perigoso ir así a nadar con quenllas e a súa resposta logo dun momento para pensar foi: “Mellor imos ó seguinte lugar”.

Shark Point en Phi Phi Lee
Shark Point en Phi Phi Lee

Nos impoñentes acantilados da illa pequena das Phi Phi que saen das profundidades do Mar de Andamán, podes atopar unha edificación de madeira nunha cova. Esta é a que se coñece como Viking Cave (a Cova dos Vikingos) e nela vive xente!!!

Viking Cave en Phi Phi Lee
Viking Cave en Phi Phi Lee

Unha parada obrigatoria. Como chegamos cedo non había demasiados barcos case durante todo o tempo que nós estivemos alí. O certo é que contra o final si viñeron máis e había que ter algo de coidado con eles.

As augas na lagoa son espectaculares e pouco profundas, dáse calo en toda ela.

Pileh Lagoon en Phi Phi Lee
Pileh Lagoon (Lagoa Esmeralda) en Phi Phi Lee

A Praia dos Monos está situada na illa principal das Phi Phi. Mirando en Google Maps, pódense ver dúas: unha no mesmo do Muelle Ton Sai e outra do lado contrario. Nós fomos a esta última. Recordámosvos que unha mordedura de macaco é perigosa, así que mellor non xogar demasiado con eles e non tratar de tocalos.

Hai que pagar 200 THB extra por ser Parque Nacional. Esta pequena illa, é unha das illas máis paradisíacas que se poden atopar en Tailandia. Esta illa ten selva no centro e praia de área branca arredor, bañada por augas turquesas. A illa está moi limpa en xeral, aínda que se pode algún residuo humano. A illa é ben bonita.

Illa Bamboo
Illa Bamboo

A Illa Moskito está en fronte da Illa Bamboo. Non fomos a ela, pero puidemos vela dende o lonxe.

Moskito Island
Moskito Island

A chegada ó Muelle de Ton Sai despois desta longa excursión foi ás 14h30.

Logo de descansar un pouco, decidimos visitar algún posto de comida para ter un xantar máis contundente que simplemente froita e desfrutamos de pasear pola illa.

Reiteramos o reto de que atopedes onde está a seguinte frase:

Galicia is different en Phi Phi
Galicia is different en Phi Phi

Guías recomendables:

Publicacións relacionadas

Verified by MonsterInsights