Tailandia e Cambodia en 17 días: Información básica

Tailandia e Cambodia son dous países situados na Península de Indochina. As historias destes países están moi ligadas, isto irémolo vendo segundo debullemos esta viaxe en cada un dos lugares nos que estivemos.

Para comezar coa viaxe, partimos coa información básica que se debe saber para entrar en cada un dos países.

Tailandia

Para entrar en Tailandia, o que se precisa é a seguinte documentación:

  • Pasaporte en vigor con vigencia de más de 6 meses
  • FOTOCOPIAS PASAPORTE => NON DARlle a ninguén o PASAPORTE

En caso de extravío do pasaporte,  débese levar algunha documentación alternativa para poder presentar na embaixada:

    • DNI
    • Carnet de conducir

En cando ás linguas que se falan no país:

  • Linguas

ThaiCentral Thai ou Siamese é a lingua nacional e oficial de Tailandia e a primeira lingua dos tailandeses e unha vasta maioría de tai-chinés.

A lingua máis habitual para comunicarse cos locais é o English, aínda que hai xente que sabe/entende algo de castellano.

A economía local funciona coa moeda propia do país. Existe un mercado cun valores inflados para turistas, o que fai máis complicado regatear.

  • Moeda: Baht tailandés (THB):  1€ = 38,36THB

Cambodia

Documentación necesaria:

  • Pasaporte en vigor con vigencia de más de 6 meses
  • Fotos tamaño carnet
  • 30 USD para entrar no país. Para poder entrar entrar no país, hai que pagar esta taxa
  • FOTOCOPIAS PASAPORTE => NON DARlle a ninguén o PASAPORTE

En caso de extravío do pasaporte, débese levar algunha documentación alternativa para poder presentar na embaixada:

    • DNI
    • Carnet de conducir

No referente ás linguas:

  • Linguas

A lingua khmer (ភាសាខ្មែរ) ou lingua camboxana é a lingua do pobo khmer e a lingua oficial de Camboxa. Con preto de 16 millóns, é a segunda lingua austroasiática máis falada (despois do vietnamita). O khmer está considerado influído polo sánscrito e o pali, especialmente nos rexistros lingüísticos reais e relixiosos, a través do hinduísmo e o budismo.

Para comunicarse cos locais, a lingua princiapal é o English. No noso caso atopamos un guía que tiña un nivel bastante algo de castellano, aínda que isto non é o habitual.

A economía local funciona con USD ($) e coa moeda do país. Existe un mercado cun valores moi inflados para turistas, demasiado inflados que ata resulta incómodo.

  • Moeda: Riel (KHR): 1 EUR = 4.645,6 KHR
  • Dollar (USD): Úsase para facer a maior parte dos pagos cando se é turista. Neste país existe un doble mercado (turista VS local) claramente definido.

Teléfonos de emerxencia:

Vaias ao país que vaias, é sempre recomendable ter a información das embaixadas, para que poidas saber a onde recurrir no caso de que algo grave pase. Para estes dous países o Reino de España ten ambas embaixadas localizadas no mesmo lugar:

Embaixada de España en Tailandia/Cambodia en Bangkok: (+66) 818 68 7507

Información básica:

  • Vacinas:
    Hepatitis A, hepatitis B, encefalite xaponesa, malaria, rabies e febre amarela.
    Estas vacinas son obrigatorias e GRATUITAS se se fan dende o Ministerio de Exteriores.
    Tamén é recomendable darse de alta no Rexistro de Viaxeiros. Esta información tamén é importante cando se vai a calquera país para que, no case de perigo, o estado saiba onde estamos localizados.
    Calquera das dúas cousa é moi simple de facer pola web e dá moita tranquilidade (sobretodo a primeira vez que se vai a un país tan diferente).
  • Seguro de viaxe
    No noso caso collemos IATI, que cubría ata 30.000 EUR en calquera dos dous países (o certo é que cubría calquera lugar do mundo).
  • Forma de comunicarnos por teléfono/ordenador
    En Tailandia, está todo moi ben preparado para os turistas, na publicación do primeiro día explicaremos onde xestionar tarxeta de móbil unha vez chegamos ó aeroporto. No caso de Cambodia, os tres días que estabamos, movémonos sen conexión a internet, xa que tiñamos un tuk-tuk reservado para eses tres días.
  • Medicamentos
    • Pastillas para o estómago. Por favor, asegurádemos de que podedes tomalas, é dicir, que non tedes ningún tipo de alerxia a elas:
      • One per day: como o seu nome indica cunha pastilla ó día, non terás ningún problema. Gracias a ela, non nos fixo falla ningunha outra.
      • Omeprazol
      • Almax
    • Ibuprofeno: para calquera dor de cabeza.
  • Baterías recargables: para evitar que quedarte completamente incomunicado, é recomendable levar unhas baterías portátiles.

Referencias:

Guías recomendables:

PHP Code Snippets Powered By : XYZScripts.com