Tailandia e Cambodia en 17 días: Curiosidades

Algunhas curiosidades para a culturiña xeral sobre Tailandia e Cambodia son as seguintes:

Nome real de Bangkok:

Krung Thep Mahanakhon Amon Rattanakosin Mahinthara Yuthaya Mahadilok Phop Noppharat Ratchathani Burirom Udomratchaniwet Mahasathan Amon Phiman Awatan Sathit Sakkathattiya Witsanukam Prasi. Mais coñecido coma “Krung Thep” (cidade dos anxos)

Non colonizado

Tailandia foi o único país de Indochina que non foi colonizado por occidentais. Aínda que hoxe en día, co turismo que teñen, parece que si. 😛

Siam era o antigo nome

Ata 1939 o nome era Siam. A historia do Reino de Siam irédela descubrindo ó longo das publicacións da viaxe.

Farang

Farang é o nome que temos os forasteiros. O certo é que descoñecemos se é bo ou malo. Podería ser o seu particular fodechinchos, guiris o picheleiros ou podería ter un sentido amigable.

Soa o himno

No noso caso non nos pasou, xa que non escoitamos o himno. Aínda así, lemos que “cando soa, os tailandeses deixar de facer o que están a facer”.

Templos budista

Hai máis de 31.200 templos budistas

Imaxes do rei

Creo que é non é posible estar nun lugar de calquera cidade sen ver unha imaxe do actual rei. Recordade que non se pode falar mal do rei, aínda que ás veces escoitaredes a xente que che pode dicir que o anterior rei era “mellor”.

Os khemer vermellos

Os khemer vermellos aínda están moi presentes na vida dos camboxanos. Moita xente foi asasinada durante este rexime e, evidentemente, os seus familiares recórdanos.

Países centralistas

En Tailandia puidemos comprobar perfectamente que é un país moi centralista. Nótase que a maior riqueza do país está na capital, onde podes atopar unha zona moi occidental, con rañaceos e rúas enormes. No caso de Cambodia, só podemos falar diso por intuición, xa que todos os coches tiñan a matrícula de Phnom Penh, a capital.

Guías recomendables:

 

 

Publicacións relacionadas

PHP Code Snippets Powered By : XYZScripts.com