Deprecated: Creation of dynamic property WP_Members::$style is deprecated in /var/www/vhosts/galiciaalive.com/httpdocs/wp-content/plugins/wp-members/includes/class-wp-members.php on line 558
Tailandia e Cambodia en 17 días: PRESUPOSTO & DIVISIÓN

Tailandia e Cambodia en 17 días: PRESUPOSTO & DIVISIÓN

A península de Indochina é un lugar cunhas influencias moi diversas. Desde tempos antigos estiveron influenciados pola cultura india e pola chinesa e, máis recentemente, a cultura occidental.

A súa situación xeográfica, no sureste asiático, ó sur de China e ó leste da India, dálle o seu nome ó territorio.

Actualmente está formada por Cambodia, Vietnam, Laos, Birmania (Myanmar) e Tailandia. No sentido máis estrito só se denomina Indochina ás colonias francesas de Asia (Laos, Cambodia, Annam, Tonkín e Cochinchina). Aínda que ás veces tamén se consideran parte desta rexión a Malaisia peninsular e Singapur. Neste caso, falaremos de Cambodia e Tailandia.

PRESUPOSTO

O presuposto para todo este viaxe (17 días) pode oscilar entre 1500€ e 2500€ por persoa en función dos días que se desexe permanecer no país e de se desexa cambiar de país como foi o noso caso. Os voos de Tailandia a Cambodia teñen un prezo entre os 150€ e 200€ por persoa.

Os billetes dos voos, se se collen con tempo, poden rondar os 550€, pero precisase organizar con bastante tempo. Os hoteis tamén poden ter moi diferentes prezos, pero poderían conseguirse por unha media duns 17€/noite. O transporte interno do país é bastante barato, exceptuando o tren cama. Despois depende do que cada quen queira gastar e en que.

DIVISIÓN DAS PUBLICACIÓNS

Para ir entrando en detalles dos 17 días da viaxe a Cambodia e Tailandia, poñeremos uns detalles a ter en conta para a viaxe:

A división na viaxe por día é a seguinte:

  1. Tailandia DÍA 1: Bangkok
  2. Tailandia DÍA 2: Bangkok II
  3. Tailandia DÍA 3: Ayutthaya & Phitsanulok
  4. Tailandia DÍA 4: Sukhothai + tren cama a Chiang Mai
  5. Tailandia DÍA 5: Chiang Mai
  6. Tailandia DÍA 6: Chiang Mai (relax)
  7. Tailandia DÍA 7: Chiang Mai (Eco Tours)
  8. Tailandia DÍA 8: Voo de Chiang Mai a Siem Reap
  9. Cambodia DÍA 9: Siem Reap (Casas flotantes)
  10. Cambodia DÍA 10: Angkor
  11. Tailandia DÍA 11: Railay
  12. Tailandia DÍA 12: Railay (II)
  13. Tailandia DÍA 13: Kho Phi Phi
  14. Tailandia DÍA 14: Kho Phi Phi
  15. Tailandia DÍA 15: De Kho Phi Phi a Bangkok
  16. Tailandia DÍA 16: Bangkok (último día)

Neste mapa podedes ver os lugares ós que fomos, en cada unha das publicación iremos desmenuzando cada un dos puntos.

Referencias

Wikipedia – Indochina

Guías recomendables:

Verified by MonsterInsights