Tailandia DÍA 4: Sukhothai + tren cama a Chiang Mai

Este día sería bastante intenso, xa que sairíamos de Phitsanulok para a Cidade Histórica de Sukhothai e estaríamos visitando case todo o día este lugar. Logo de visitar este lugar que é Patrimonio da Humanidade e unha vez Sukhothai, colleríamos o bus que nos levaría de volta á Phitsanulok dende onde agardaríamos ata que chegase o tren  cama para ir a Chiang Mai.

IMPORTANTE

Hai varias cousas importantes que hai que ter en conta para este día. A primeira delas é saber onde deixar as maletas e a segunta é ter en conta que as estación de autobuses funcionan exactamente igual ás europeas, pero os traballadores teñen outro comportamento. A primeria delas pode ser no hostal/hotel ou na consigna da estación de tren/bus. A segunda delas vén da experiencia vivida na Estación de Sukhothai onde o caos e as persoas que estaban a traballar alí nos fixo desconfiar.

TRANSPORTE

Este día é completo en canto a transporte se refire. Utilizamos moitos medios de transporte e moitas veces.

Do hostal de Phitsanulok a Sukhothai (Parque Histórico de Sukhothai)

Para ir dende Phitsanulok a Sukhothai só existe unha opción en transporte público:

  • Bus:

No momento de subir ó bus hai que preguntarlle se o destino é Parque Histórico de Sukhothai. No caso de que non, haberá que coller outro bus/furgoneta para facer o resto do traxecto. Nós collémolo ó volver é o prezo era “a vontade” e segundo paracía eran un 30 THB/persoa.

Saída: Phitsanulok Bus Terminal 2 (lonxe do hotel)
Este bus pasa moi preto  do hostal, podes vers o punto exacto aquí.
Tempo: aproximadamente 1h.
Prezo: 40-60 THB/persoa
Horarios de autobuses: 07h00 – 19.00.

De Sukhothai a Phitsanulok

Este foi un dos transportes máis interesantes da viaxe. A primeira parte do regreso:

  • Furgoneta da caixa da madeira do Parque Histórico de Sukhothai a Sukhothai

Diante do Mercado de Sukhothai hai unha tenda de billetes de transporte. Non precisas comprar o billete. Agarda diante ou dentro do establecemento. Veras como unha especie de furgoneta cunha especie de vallas de madeira para protección na parte de atrás chega e o da tenda che dirá que subas. Esta furgoneta tiña unha especie caixa de madeira no lugar onde iamos os pasaxeiros.

Tempo: 30 min aproximadamente
Prezo: 30 THB/persoa

  • Bus:

Esta parte foi extraña debido ao comportamento dos traballadores. Levábannos dun sitio a outro, pedíannos que agardásemos e ó segundo que os seguísemos para volver sentarnos. Un caos.

Tempo: 1 h
Prezo: 40 THB/persoa

De Phitsanulok a Chiang Mai

Para desprazarse de Phitsanulok a Chiang Mai temos diferentes opcións. No noso caso foi a terceira das opcións que vos ofrecemos:

  • Bus:

Como xa dixemos noutras publicacións, os buses funcionan mellor cá os tren polo xeral.

Saída: Phitsanulok Bus Terminal 2 (lonxe do hotel)
Tempo: 4 h aprox
Prezo: 9,02 x 2 = 18,04 € (revisar publicación de transporte)

  • Tren:

Os trens de Tailandia, como xa sabedes. Igualmente, tedes esta opción.

Saída: Estación de Phitsanulok
Tempo: 7 h
Prezo: 29,38 x 2 = 58,76 € aprox (revisar publicación de transporte)

  • TREN CAMA para NOITE domingo 4 a luns 5: Phitsanutlok => Chiang Mai

Esta foi a opción que escollemos. Para conseguir praza neste tren hai que compralo con moita antelación.

O que podemos dicir con respecto ao tren cama é que nos sorprendeu para ben. É certo que todos os que alí estabamos éramos turistas. Ademais, as camas son moi cómodas. Un hora antes de chegar, aproximadamente, a Chiang Mai despertaranvos e o servizo de almorzo comezará a pasar.

ALOXAMENTO

Esta noite colleriamos o tren nocturno para dirixirnos a Chiang Mai.

HISTORIA: O Reino de Sukhothai (1238-1348)

Sukhothai foi o primeiro reino con relevancia histórica e cultural para os siameses (tai). Logo da caída do Imperio Khmer (en castellano Jemer), esta cidade convertiuse nun importante centro económico e cultural que conseguiu, na súa época de máximo esplendor, dominar case todo o territorio da actual Tailandia. Para os siameses simboliza a liberación da influenza estranxeira e a creación dunha cultura propia. Durante este período creouse o alfabeto tailandés e o primeiro sistema administrativo regulado. Dende o século XIX, o Rei Mongkut Rama IV retratou a historia de Sukhothai como un exemplo moral a seguir e determinou a esta ciudad-estado como a primera capital dos siameses.

COMO MOVERSE POR SUKHOTHAI

Sukhothai está dividido en 2 zonas: o novo Sukhothai e a parte histórica ou vello Sukhothai. A maioría dos templos importantes están situados no vello Sukhothai e esta zona pode recorrerse andando perfectamente ou alugar unha bici para facelo máis rápido por uns 30 THB todo o día.

Para ver todos os templos da parte de fóra da muralla, o mejor é alugar unha moto ou contrates os servizos dun tuk-tuk, xa que as distancias son demasiado longas para facelas en bici ou andando.

Sukhothai está dividida en 2 zonas, a antiga, onde está a zona amurallada e todos os templos do Parque Histórico, e a nova, onde está a cidade actual a uns 12 km.

Para ir dunha zona a outra pódese coller un tuk-tuk (250-300 THB), songthaew azul (20 THB, 20 min) ou moto alugada.

Dentro do Parque Histórico hai varias opción:

  • Bicicleta
    • A mellor opción se non fai demasiado calor.
    • Prezo: 30-50 THB
    • Incrementa 10 THB o prezo da entrada no Parque Histórico
  • Moto/Tuk-tuk
    • O mellor para ver os templos da parte de fóra da muralla.

QUE VER EN SUKHOTHAI?

O Parque Histórico de Sukhothai foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco no ano 1991.

Está situado uns 12 kilómetros da nueva cidade de Sukhothai, con forma cadrada ocupando uns 3,5 km2. Todo o terreo está por unha muralla cunha porta de entrada en cada lado.

Prezos

Os presos son por zona, non por templo:

    • Entradas á zona histórica de Sukhothai:  200 THB/persoa
      (+10THB con bicicleta)

Este é o lugar que non vos podedes perder deste lugar.

    • Entradas dos templos extramuros: 100 THB/persoa

Fóra dos muros hai moitos templos e paradas interesantes das cales non tedes que pagar nada. Non entramos no templo que hai fóra, para o cal temos que cruzar unha ponte de madeira bastante longo.

    • Museo de Ramkhamhaeng: 150 THB/persoa

Horarios

  • Parque Histórico de Sukhothai abre todos os días de 6:00h a 18:00h,
  • Museo de Ramkhamhaeng: de 09:00h a 16:00h (todos los días)
  • Mercado nocturno: os sábados de 17h a 21h.

Mercado nocturno de Sukhothai

Para poder disfrutar deste mercado é preciso quedar en Sukhothai a facer noite. De todos xeitos, no mesmo lugar hai un mercado de alimentos durante o día que tampouco deberías perder.

Horario: os sábados de 17h a 21h. Pódese probar comida local.

Ponte de madeira de Wat Traphang Thong no Parque Histórico de Sukhothai
Ponte de madeira de Wat Traphang Thong no Parque Histórico de Sukhothai

Wat Traphang Thong

Este templo non é que teña demasiadas cousas especiais, pero os adornos da ponte que te leva ata el fixeron que a visita fose obrigada.

O Wat Trapang Thong está rodeado pola lagoa de prata (un estanque artificial). Este templo contén varias imaxes de buda.

Museo Nacional de Ramkhamhaeng National Museum

Se vai co tempo xusto é mellor deixalo, aínda que proporciona unha base de coñecementos para comenzar a visita de Sukhothai. O Rei Ramkhamhaeng, foi quen asentou o budismo no reino despois de anos de hinduísmo.

Wat Maha That

O Wat Mahathat é o templo principal. Foi contruído entre 1292 e 1347 como principal templo da cidade, ten unha figura centra cun gran buda sentado rodeado dun foso e de cuatro stupas ou ‘chedis’ que simbolizan os catro puntos cardinales. Hai ademais dous budas de pé que flanquean as entradas ao templo e outro buda sentado algo máis pequeno nun dos lados.

En bicicleta enfronte do Wat Maha That
En bicicleta enfronte do Wat Maha That

Wat Si Sawai

Este é un dos templos máis antigos de Sukhothai. Foi construído como templo hinduista e non budista como os demais. A súa principal característica son os prang que o rodean. Está situado ó sur da zona amurallada din que recorda ó de Angkor Wat en Cambodia.

Wat Sa Si

Vistas de Wat Sa-Si no Parque Histórico de Sukhothai
Vistas de Wat Sa-Si no Parque Histórico de Sukhothai

O Wat Sa Si é outro dos lugares máis visitados do conxunto histórico. É pequeño, pero moi bonito porque está situado no centro do parque amurallado, rodeado por auga e conectado por unha ponte de madeira.

Wat Traphang Ngoen

Para gozar dunha espléndidas vistas deste templo, debes ir a illa que está xusto enfronte.

Wat Chana Songkhram

Este templo tamén será digno de ver ao igual que o Wat Maha That.

Wat Son Khao

Un pequeno templo que queda de camiño a outro exterior.

Wat Sorasak

Unha parada obrigatoria neste lugar para ver a padoga con base de elefantes.

Árbore grande detrás Wat Chana Songkhram no Parque Histórico de Sukhothai
Árbore grande detrás Wat Chana Songkhram no Parque Histórico de Sukhothai

FÓRA DO RECINTO

Wat Si Chum

Ten unha imaxe dun buda de 15 metros de alto, situado fóro e sendo un dos templos más antigos do conxundo.

Wat Shapan Hin

Atópase nun monteiro fóra da muralla e ten unha estatua de máis de 12 metros de altura.

Wat Phrapai Luang

Este templo é o maior de extramuros. Contruído no século XII, é unha das grandes obras arquitectónicas do parque histórico de Sukhothai. No seu interior hai diferentes esculturas de buda en distintas posicións. É o templo máis grande fóra das murallas.

Wat Chetuphon

Este templo ten un ‘chedi’ (pagoda xixante) e contén diferentes esculturas da mitoloxía budista con imaxes de leóns montando elefantes sagrados.

Wat Sangkhawat

Este templo está rodeado por unha lagoa.  Como non nos pareceu moi diferente ós que xa vimos, polo que decidimos non entrar.

 

Guías recomendables:

 

 

Publicacións relacionadas

PHP Code Snippets Powered By : XYZScripts.com