Deprecated: Creation of dynamic property WP_Members::$style is deprecated in /var/www/vhosts/galiciaalive.com/httpdocs/wp-content/plugins/wp-members/includes/class-wp-members.php on line 558
Tailandia DÍA 2: Bangkok II

Tailandia DÍA 2: Bangkok II

Este sería o primero día de verdade na capital do Antigo Reino de Siam.

TRANSPORTE

Pódese, en Bangkok, ir camiñando á meirande parte dos lugares. O que sí hai que ter en conta é que se queremos ir a algún lugar que está lonxe, deberemos coller un tuk tuk ou un Grab/Taxi. OLLO! Os Grab se están a máis de 10 minutos e hai tráfico non virán.

QUE VER BANGKOK?

POLA MAÑÁ:

De Arun Old Town a Wat Arun

O hostal Arun Old Town está situado a uns 10 minutos do templo Wat Arun. De camiño irás por unas rúas estreitas por onde te poderás atopar postos ambulantes. Esta escena é o que un se espera de Bangkok Wat Arun (Templo do Amencer ou Templo da Alborada) Está localizado no parte oeste do Río Chao Phraya, en Thonburi. Os templos en Tailandia chámanse wat. O Wat Arun, (Temple of Dawn, Templo del Amanecer ou Templo da Alborada), leva o nome debido a Aruna, o deus indio do amencer. Wat Arun é unha das orillas máis impactantes de Tailandia. A vista máis impactante é dende a orilla este durante o poñente cando as agullas e fan unha impresionante silueta no panorama da cidade.

Wat Arun en Bangkok
O templo da alborada ou templo do amencer en Bangkok: Wat Arun

É unha representación arquitectónica do Monte Meru, o centro do mundo cosmolóxico budista. Na mitoloxía budista do Tibet, o Monte Meru é un lugar que simultáneamente representa o centro do universo e o estado mental buscado polo adeptos. Con centos de miles de metros de alto, o Meru está localizado en algún lugar máis alá do plano físico, nun reino de perfección e transcendencia. Wat Arun é unha dos poucos legados da dinastría Chakri de Tailandia (1782–1949).

Horarios: Todos os días de 8h30 a 17h30. Prezo: 50 baht para os estranxeiros. Gratis para os tailandeses.

A pesar de que o horario é dende as 8h30, pódese ir antes das 8h00, cando o atoparedes prácticamente baleiro. Moi recomendable, ir a esa hora para evitar o calor e as aglomeracións. Este templo para súa forma e pola súa decoración e pola ausencia de masificación, converteuse no noso templo favorito. Este templo é moi colorido e a súa beleza pode apreciarse en pleno explendor cun pouco que luz que irradie sobre el. Está cheo de esculturas de gardas e monstruos mitolóxicos.

Wang Derm Palace

Este templo non vos roubará demasiado tempo. Podedes velo por fóra mentres paseades polos xardíns que hai arredor do Wat Arun. Non precisades entrar.

Horarios: de luns a sábado: de 9h30 a 11h30 E de 13h00 a 16h00 Prezo: 50 THB/persoa

Volvendo do Wang Derm Palace en Bangkok
Volvendo do Wang Derm Palace en Bangkok

Ordination Hall

Ordination Hall é un pequeno templo ó carón do Wat Arun onde atoparás unhas estatuas de guerreiros protectores xusto na entrada.

Ordination Hall en Bangkok
Ordination Hall en Bangkok

De Wat Arun a Wat Pho

Khun Mae Pueak Cross River Ferry Pier
Khun Mae Pueak Cross River Ferry Pier

Para ir de Wat Arun a Wat Pho, o máis simple e barato é coller o barco que conecta as dúas orillas do río. Está á carón do Wat Arun, co que non teredes perda. Dende a outra orilla, a través dun mercado, chegarás a entrada do Wat Pho. O nome do muelle é Khun Mae Pueak Cross River Ferry Pier. Segundo a información que aparece en Google Maps, o horarios do muello do outro lado da orilla, Tha Tian Express Boat Pier, é de 24 horas aberto. Isto fainos pensar que tamén o está o desta orilla.

Prezo: 5 – 10 baths (THB) por persoa Horario: Aberto 24 h

Wat Pho (Buda Reclinado)

Wat Pho Exterior (Bangkok)
Wat Pho Exterior (Bangkok)

O Templo do Buda Reclinado (Wat Pho) ten unha extensión de 80.000 m2. Este complexo é a maior colección de figuras de Buda de toda Tailandia, incluíndo o mundialmente coñecido Buda reclinado de 46 m de longo feito de ouro. Wat Pho é un dos templos máis antigos de Bangkok e o templo real de maior relevancia. O nome orixinal era Wat Photaram, facendo referencia ó monasterio da árbore de Bodhi en Bodh Gaya, India. Existía antes de que Bangkok fose nomeada capital por Kin Rama I en 1782, mais foi ampliado por este rei. As cinzas dos rei están consagradas alí. O templo foi ampliado posteriormente e renovado por King Rama III (1787 – 1851). É o lugar de nacemento da masaxe tailandesa e da medicina natural, aínda hoxe practicada. É posible recibir unha masaxe alí. Wat Pho é unha enciclopedia tallada en granito que alberga 8 asignaturas: historia, medicina, saúde, costumes, literatura, proverbos, lexicografía (artesanía de copilar, escribir e editar diccionarios) e relixión budista. Hermit Hill contén moitas estatuas mostrando as técnicas de masaxe de e posicións de ioga. Nas paredes hai debuxos das constelacións, inscripcións das administracións locais e contos tradicionais. A postura do Buda reclinado (deitado) fai referencia á pose de durmir do león, representando a cultura espiritual do final das reencarnacións no mundo. As plantas do pé do Buda Reclinado están talladas con incrustacións de perlas.

Buda deitado en Wat Pho (Bangkok)
Buda deitado en Wat Pho (Bangkok)

No corredor hai 108 bolas de bronce que representa os 108 ospicios característicos do Buda. Nestas bolas de bronce a xente tira moedas e billetes.

Prezo: 100 THB (3.50 USD): inclúe a auga Horarios: Todos os días de 8h00 a 17h00

De saber ó que estaba acontecendo con anterioridade, teriamos invertido a visita do Wat Pho e o Gran Pazo Real (Grand Palace). O Wat Pho estaba de aniversario. Cumplía 230 anos, e debido a isto todo o templo estaba ataviado para a ocasión. Ademáis, houbo un pica-pica gratuíto para a xente que estaba por alí para a hora de comer. Aínda que gracias a ter ido a esa hora, puidemos coñecer un home tailandés moi agradable que nos axudou a acceder a un templo que tiña a entrada vetada para visitantes. Invitounos a acompañalo no seu rezo (que nos imitamos). Quizais a desconfianza polo que limos, pensábamos que nos pediría algo a cambio, aínda que non foi así.

Conxunto Gran Pazo Real (Grand Palace)

Na entrada do Gran Pazo Real (Grand Palace) inclúense diversos edificios de interese. Deles, os máis salientables é o Templo que alberga o Buda Esmeralda e O Gran Pazo Real (Grand Palace). Ademais dos edificios que se poden visitar, hai outros moitos cuxa labor é puramente administrativa. Hai que preguntar na oficina onde se merca a entrada se os tres lugares que entran con ésta están abertos.

Mapa do Grand Palace (Bangkok, Tailandia)
Mapa do Grand Palace (Bangkok, Tailandia)

Templo do Buda Esmeralda (Wat Phra Kaew)

Nel atópase o Buda Esmeralda (Emerald Buddha).

En ton de gran reverencia polo Buda Esmeralda, o seu vestiario cambia, só levado a cabo polo Rei de Tailandia nunha ceremonia con procesión dos monxes e persoeiros importantes. Isto ocorre 3 veces ó ano: verán, estación chuviosa e inverno. Cada vestiario custa preto 4 millóns de EUR, xa que ten diamantes incrustados na túnica (robe) de ouro para estación de verán, unha túnica de ouro sólido para o inverno e unha túnica plateada con cobertura na cabeza para a estación de chuvia.

Templo do Buda Esmeralda en Bangkok
Templo do Buda Esmeralda en Bangkok

O vestiario para a época de choiva e de verán foron ordenados por King Rama I, (1737 – 1809). O Rei Rama III (1824-1851) fixo elaborar o terceiro.

A historia detrás da orixe do Buda Esmeralda é un misterio, procede presuntamente (alleged) da India. A estatua foi movida despois a Sri Lanka e dende alí a Cambodia, estando custodiada en Angkor Wat.

Máis tarde chegou a Tailandia. Estivo en varios templos ata chegar á súa localización actual. Estivo nas provincias Ayutthaya, Lopburi e Kamphaeng Phet.

Non se poden facer fotos nel e, durante toda a viaxe, xunto coa cabeza de Buda en Ayutthaya, onde había máis control con respecto a non ofender a Buda. Ademais diso, había un cheiro a pés descomunal.

Para entrar, debedes estar descalzos. Coidado! Se o sol está quentando, o chan queima! O feito de ter unha aglomeración tan grande de xente que está camiñando, fai que o cheiro do templo sexa máis que desagradable.

Angkor Wat en miniatura

Dentro do recinto, había tamén unha réplica desta case Marabilla da Humanidade. A verdade é que nos deixaba intuír o que nos iamos atopar en Cambodia. Para ver a publicación de Angkor pinchade aquí.

Angkor en miniatura no Grand Palace

Gran Pazo Real

O Gran Pazo Real, polo menos cando nós fomos, non estaba aberto. Como edificio visto dende fóra, non impresiona tanto como pode facelo calquera

Estatuas de guerreiros en Grand Palace (Bangkok)
Estatuas de guerreiros en Grand Palace (Bangkok)

dos templos que levábamos vistos. Pasamos rapidamente por diante do edificio fixándonos máis nos xardíns que no propio edificio.

Estatuas dos Xigantes

Estas estatuas son outro dos reclamos deste lugar. Posiblemente sexan un dos máis fotografiados. A verdade é que son bonitos e impresionantes. Na imaxe do mapa do recinto, podedes atopar especificados cada un dos lugares de interese de todo o complexo.

Phra Sawet

Phra Sawet Kudakhan Wihan Yot é un templo que tamén se inclúe dentro do complexo de Gran Pazo Real

Todos estes edificios entran dentro do mesmo conxunto: O Conxunto de Gran Pazo Real:

Prezo: 500 THB (Todos os edificios do Grand Palace) Horario: Todos os días de 8h30 a 15h30

COMIDA

Como lugar para comer, escollemos un bar-restaurante que nos chamou a atención pola súa simplicidade e por ser o que nos esperábamos de Tailandia. Está xusto en fronte do Wat Pho. E xa que tiñamos que volver cara o Wat Pho para dirixirnos á seguinte parada: Mercado das flores.

Restaurante Ladda thai food en Bangkok
Restaurante Ladda thai food en Bangkok

POLA TARDE: Logo da parada para a comida, continuamos camiñando ata o mercado das flores. De camiño pasamos por diante do Museo do Reino de Siam e tamén polo Barrio Chino e o Wat Traimit.

Wat Traimit (Templo do Buda de Ouro [Buda Maha Suwanna])

O patrimonio cultural, a arquitectura e as belas artes reflexan a gloria da civilización tailandesa, tal e como escribiu o rei Rama V no libro Phra Ruang: que investigou a arqueología de Sukhothai.

Wat Saket (Templo do Buda Dourado) en Bangkok
Wat Saket (Templo do Buda Dourado) en Bangkok

Esta pexa é o reflexo da prosperidade do pasado. A grandeza de la civilización do reino de Sukhothai vése claramente no Tesouro do Buda de ouro Sukhothai.

O Buda de Ouro de Sukhothai ou O meu ouro é o nome que se lle da na posición meditación (sentado coa man esquerda descansa no muslo e man dereita sobre o sacerdote).

Orixinalmente, o Buda estaba cuberto de morteiro en todo o corpo. Foi consagrado no templo no templo de Chotinam. Wat Phraya Krai da terra do Rei Rama III da dinastía Chakri. En 1931, East Asia Company Limited, conseguiu unha licitación para a construcción dun gran aserradero neste templo abandonado, eliminando os edificios ruinosos de Wat Phraya Krai.

Nese momento o Wat Traimit Wittayaram era coñecido como “Three Chinese Temple” e estaba en proceso de ser construido no mosteiro (monasterio).

Fíxose un gran lugar adecuado para a gran imaxe de Buda, sendo así entregado ó comité do templo chino.

Horario: Todos os días de 8h00 a 17h00 Prezo: 50 THB/person 100 THB/person

Atención!!!

Con intención de adiantar tempo para o día seguinte, decidimos ir á estación de tren a polos billetes de Ayutthaya y Tren nocturno… ERRO! Os billetes de 3º clase non se venden por anticipado. Así que anotamos as frecuenzas e continuamos a viaxe. Pódense ver os horarios aquí:

Buscador de trens: Bangkok – Ayutthaya

Pak Khlong Market (Mercado das flores)

Mercado flores Pak Khlong Market en Bangkok
Mercado flores Pak Khlong Market en Bangkok

O mercado das flores expandese toda a rúa na que se atopa. Cando comezas a entrar pola rúa xa comezarás a ver un lote de tendas con flores traballadas facendo collares, coroas e outras cousas que vos sorprenderán.

Prezo: Gratuíto Horario: de venres a mércores: 10h00 – 22h00 Xoves pechado

No mercado propiamente dito, veredes o mesmo. O certo é que hai algunha sección do mercado que dá un pouco de mal rollo. A pesar do que poida parecer polo nome, o lugar chega a resultar un pouco tétrico cando te adentras no propio mercado. A pesar diso foi interesante ver como fan todos eses adornos de flores.

Mercado de Sampeng

Este mercado atopámolo de camiño á estación. Sorprendeunos ver este mercado dende dentro. Os seus pequenos pasos nos que case nin unha persoa podía pasar delimitados por telas son enigmáticos. Se tedes un pouco de tempo, pasade a ver todas as telas e roupa que alí podedes atopar.

Kuan Yim Shrine

Se se pasa por diante, non está de máis velo.

Prezo: Gratuíto

Chinatown

Chinatown de noite en Bangkok
Chinatown de noite en Bangkok
Chinatown de día en Bangkok
Chinatown de día en Bangkok

Chinatown é unha zona de Bangkok que cambia moito en función do momento do día cando o vexamos. O máis espectacular é de noite. As luces danlle unha sensación diferente e hipnótica pola noite.

No mercado de Chinatown poderedes atopar un montón de froita. Foi aquí onde probamos o DURIAN, tan odiado nos hoteis. O certo é que cheira que fede, pero está riquísimo. Había un lote de froitas riquísimas. Aproveita e compra froita.

Estrella Michellin (Raan Yan Fai)

Raan Yan Fai é un restaurante da rúa que ten unha Estrella Michelin. Nós fomos, pero non comemos. Anotamos o noso nome arredor das 19h00 e dispuxémonos a agardar. Eran xa as 21h00 e aínda non ceáramos eque damos por díante más de 20 persoas na lista.

Raan Jay Fai (estrela Michelin) en Bangkok
Raan Jay Fai (estrela Michelin) en Bangkok

Guías recomendables:

Publicacións relacionadas

Verified by MonsterInsights