Tailandia DÍA 13: De Railay a Kho Phi Phi

Este día pódese dividir en tres partes. A primeira correspóndese co tempo que pasamos en Railay. A segunda división é a do tempo que pasamos no ferri dende Railay ata Phi Phi. Por último, a última parte do día é para o tempo que pasamos xa en Phi Phi.

Pola mañá en RAILAY

Aproveitando que o ferri non sairía ata aproveitamos a facer o que non fixéramos  (certamente) antes, fomos á praia

Praia Ao Phra Nang

Esta praia xa a coñecedes do día de praia.

Escalar

Railay é coñecido por esta actividade. Hai máis de 700 vías sobre mar de Andamán. Nós non o fixemos.

Escalada na Praia Ao Phra Nang en Railay
Escalada na Praia Ao Phra Nang en Railay

OUTROS LUGARES EN RAILAY

Escalada e sendeirismo extreme

Desta parte non fixemos nada. Non somos escaladores e a parte de sendeirismo era nun lugar que estaba demasiado mollado como para sentirnos seguros. Aínda así collemos información para doutros lugares para que poidades

Mirador

Para chegar a este mirador fai falla facer un pouco de sendeirismo extremo. O lugar de escalada atópase na senda para ir dende de Praia de Railay Leste a Phra Nang Beach. Polo que lemos, é unha senda complicada, aínda que máis sinxela que a súa continuación cara a lagoa.

Hai un cartel que no que se di que a camiñata é perigosa e que se teña coidado cando está mollado. Ademais, recomenda non facelo despois de chover ou de noite.

Lagoa de auga doce

Para chegar á lagoa de auga doce hai que subir, axudado dunha corda, por paredes moi impinadas.

Sen dúbida o lugar máis coñecido de Railay. Para acceder á Lagoa Esmeralda haberá que ser un auténtico aventureiro, xa que hai unha pequena caminata para acceder ó mirador. Haberá que rapelar ata a mesma lagoa.

TRANSPORTE

O billete para este ferri foi o que mercamos xusto ó chegas de Cambodia (podedes ver esa parte aquí). Fomos á praia Railay Oeste (Railay West) dende onde saen os longtails cara o ferri, que espera en augas máis profundas. Estivemos agardando para asegurarnos de que o billete que nos venderon fose válido. Os billetes eran válidos, seguimos agardando ata que chegou uns 20 minutos máis tarde da hora.

Esperando o ferri de Railay a Phi Phi
Esperando o ferri de Railay a Phi Phi

Ferri Railay – Phi Phi

A información relevante do ferri dende a Railay á Illa Phi Phi é:

Horario: 15h 30
Prezo: 450 THB (longtail+ferri)

Debido ó seu calado, o ferri non pode chegar á praia. Debido a isto, tras agardar un bo anaco, montamos nun bote longtail para que nos levase ó ferri. Unha vez dentro a desfrutar da viaxe en barco.

Subido ó ferri dende Railay a Phi Phi
Subido ó ferri dende Railay a Phi Phi

Unha vez en Phi Phi, tivemos que pagar a taxa turística para poder entrar na illa de 20 TBH por persoa que, segundo nos informan ó chegar, é para a xestión de residuos.

ALOXAMENTO

En Phi Phi estivemos DÚAS NOITES e para isto escollemos como aloxamento:

Ivory Phi Phi Island

194/1 Moo7, Aonang A, Maung, Krabi,
81000 Islas Phi Phi,
Tailandia

Este aloxamento está moi preto do porto, camiñando uns minutos, xa se chega a el. Como todos os hosteis, hostais e desmais aloxamentos que tivemos en Tailandia, había aire acondicionado na habitación. O aloxamento está banstante ben, cumpliu a súa funcionalidade e as nosas expectativas.

Pola tarde en PHI PHI

Como xa comentamos, o barco atraca en Ton Sai Pier, o porto da cidade principal, onde hai que pagar 20 THB por entrar á illa, en concepto de axuda á limpeza das praias.

Dende Ton Sai Pier podedes atopar un lote lugares onde comer. Os prezos da comida en Koh Phi Phi son un pouco máis altos cós da media en Tailandia. Buscando un pouco, pódense atopar lugares por 60 THB. Por exemplo o que tedes na seguinte foto. Retámosvos a que atopedes o restaurante onde está escribo GALICIA IS DIFFERENT.

Galicia is different en Phi Phi
Galicia is different en Phi Phi

A hora a que chegamos, só nos deu para ir ata o hotel, visitar un pouco Ton Sai e ir cear. Neste paseo mercamos os tickets para a excursión que fariamos ó día seguinte.

OUTROS LUGARES EN PHI PHI

A estes lugares non nos deu tempo a ir. Segundo lemos, é mellor mercar nalgún supermercado de Ton Sai o que precises para ir ás praias, porque nestas praias os poucos CHIRINGUITOS que hai son CAROS.

Long Beach

Unha praia preciosa que se encontra a uns 40 min camiñando desde Ton Sai. A mellor forma de chegar a Long Beach é por un camiño que atravesa varios resorts e que sae desde a mesma praia de Ton Sai.

Loh Moo Dee

Para chegar, segue uns 25 min polo mesmo camiño polo que se chega a Long Beach (aquí o camino empeza a poñerse un pouco duro, pero paga a pena 100%). Unha praia na que case non hai ningúen.

Praia Loh Dalum

Logo de cear, pódese ir á Praia Loh Dalum para ver os fogos na area, que ofrecen decenas de tailandeses novos diante das discotecas.

Guías recomendables:

 

Publicacións relacionadas

 

PHP Code Snippets Powered By : XYZScripts.com