Tailandia DÍA 12: Railay - Excursión a Koh Hong

Este segundo día en Railay pasámolo nunha excursión por illas próximas. O día anterior faláramos cunha das axencias que hai en Railay Leste (Railay East) para reservar a viaxe polas illas próximas de Railay. A excursión paga a pena por ver todas as illas que vimos que conforman parte do Parque Natural. A comida e a auga entra nesta viaxe. Por favor, recordade recoller o voso lixo.

TRANSPORTE

O transporte deste día foi o barco no que iamos todos os tour. Para chegar ata onde saia o barco, Railay Leste (Railay East), fomos camiñando.

ALOXAMENTO

Contianuabamos no mesmo resort:

Railay Great View Resort
588 Moo2 Muang, Krabi,
81000 Railay Beach, Tailandia

Railay Great View Resort
Railay Great View Resort

QUE FACER EN RAILAY?

Este día pódese dividir en tres partes: antes, durante e despois da excursión.

Como xa comentamos, o día anterior mercamos as pasaxes para ir nunha excursión polas distintas illas que están preto de Railay.

Railay East
Railay East

Antes da ruta: Covas

Para saír coa excursión tiñamos que ir ás 9h00 a Railay Beach/West (Railey Oeste). Fomos con tempo suficiente como para explorar un pouco a pequena península. Indo polas ruelas de Railay chegamos a entrada unha cova.

Phra Nang Nai Cave/Diamant (Cova do Diamante)

Nós non entramos nesta cova, pero si fomos ata a entrada mentres descubríamos un pouco a aldea. Polo que lemos, a Cova Phra Nang Nai ofrece a oportunidade de desfrutar das súas estalactitas, estalagmitas e o xogo de luces que decora su interior.

Segundo lemos, en 15 minutos remátase o recorrido e as formacións rocosas son dignas de ver.

Cova Phra Nang Nai/Diamant en Railay
Cova Phra Nang Nai/Diamant en Railay

Ruta en barco

A ruta polas illas comezou ás 9h 00.

  • Snorkel (Kho Ya Man)

A primeira parada que fixemos foi nunha illa, que non chegamos a pisar, só para facer snorkel. Para quen non o saiba, o snorkel consiste nadar cun tubo que permite poder respirar mentres se mantén a cabeza dentro da auga. Deste xeito pódese ver máis seguido o fondo mariño. Non

 (*** vídeo)

Esta foi a segunda parada. Nesta illa si puidemos baixar e dar un pequeno paseo por ela. Recordade vós que estades nun Parque Natural e en plena natureza, así que coidade dela. O máis pintoresco desta illa é o estreito banco de area que une dúas elevacións rocosas.

Koh Phak Bia
Koh Phak Bia

Koh Lao La Ding é unha pequena illa cunha bonita praia. Nela tamén se pode facer unha curta excursión polo terreo. Foi durante ese momento no que vimos por primeira vez o sinal no que poñía que en caso de tsunami, ir a parte máis alta da illa. Foi neste momento no que tamén recoramos a temible traxedia que acontecera anos atrás.

Koh Lao Ladding
Koh Lao La Ding

Este é unha das vistas máis bonitas. A entrada nesta lagoa é moi estreita e isto contrasta co tamaño da case circunferencia que auga salgada que se atopa despois da entrada. Nesta lagoa non puidemos darnos un baño.

Lagoa de Koh Hong
Lagoa de Koh Hong

Ko Hong é a illa máis grande o Arquipélago Laopilae que está localizado no Parque Naticional Thanbok Khoranee. Esta illa tamén se coñece como “A Esmeralda o Mar de Krabi” polo seu marabilloso escenario e as augas claras e por estar rodeada de arrifes de coral.

Koh Hong
Koh Hong

Despois da ruta: praia, posta de sol e máis relax

Logo de estar indo de illa en illa , decidimos ir á praia Ao Phra Nang que queda preto de Railay Beach, pero hai que ir camiñando un bo anaco para dar a volta.

Praia Ao Phra Nang

Nesta praia estase moi a gusto. Non hai tantos botes longtail polo que é posible darse un baño sen preocuparse por eles. Aproveitamos e descansamos mentres nos poñíamos morenos.

Koh Ao Phra Nan
Koh Ao Phra Nan

Cova Phra Nang

Esta cova está na praia Ao Phra Nang. Esta é unha cova un tanto peculiar. Nela atópanse un lote de figuras con forma fálica. Polo que nos comentaron, débese a rogos ós deuses de fertilidade.

Cova Phra Nang en Railay
Cova Phra Nang en Railay

Cova da Princesa (Princess Cave)

A Cova da Princesa está en Praia Ao Phra Nang, a cova toma o nome da lenda que conta o naufraxio dunha princesa hindú que conseguiu refuxiarse na cova e o seu espírito a protexe aínda. Moi vene

Praia Tonsai

Tonsai é unha praia que está accesible desde Railay coa marea baixa, Tonsai é un dos lugares ideais para mochilear debido ó ambiente e o tipo de viaxeiro.

Railay beach oeste our west e_comezo Tonsai
Railay beach oeste our west e_comezo Tonsai

Railay Oeste (Railay Beach)

Nesta praia xa estivéramos. Esta tarde, acompañanados dunhas cervexas Chiang, quedamos a ver como o sol se recollía. De súpeto, comezou a chover e converteu a estampa e a atmosfera en algo fantástico. Tamén é certo que axudou ir con chuvasqueiros.

Atardecer con choiva en Railay Beach
Atardecer con choiva en Railay Beach

Desconexión

Como xa sabedes, Railay é un lugar perfecto para desconectar. Ese día tamén volvemos a The Last Bar.

 

 

Guías recomendables:

 

Publicacións relacionadas

PHP Code Snippets Powered By : XYZScripts.com