Deprecated: Creation of dynamic property WP_Members::$style is deprecated in /var/www/vhosts/galiciaalive.com/httpdocs/wp-content/plugins/wp-members/includes/class-wp-members.php on line 558
Tailandia DÍA 1: Chegar a Bangkok

Tailandia DÍA 1: Chegar a Bangkok

Esta viaxe realizouse en 17 días e un pouco dun 18º. Hai que ter e conta que máis de 24 horas xa se van só na viaxe para chegar e volver. Comezou co voo o día 31 de outubro para chegar, despois de máis de 12 horas de voo, onde se inclúe tamén un retraso, o 1 de novembro. O voo co que iamos, de Emirates cunha hora de retraso, debido ao cal perdemos a conexión co seguinte voo. Ó chegar ao aeroporto de Dubai, unha persoa de Emirates estaba cun carteliño indicando o destino final (Bangkok) para acompañarnos á suposta porta de embarque. Digo suposta porque resultou ser outra… Corremos ata a seguinte porta. Voamos no segundo piso do A380, unha marabilla. Durante calquera dos voos con Emirates non houbo ningún problema. A experiencia foi estupenda. Recordade poñervos en contacto para indicar se tedes algún de necesidade especial en canto a comida se refire polo menos 48 horas antes do voo. Unha vez aterredes e antes de saír da zona de pasaxeiros, comprade a tarxeta telefónica.

TRANSPORTE

Nos apartados de transporte, faremos un resumo dos transportes utilizados segundo collemos cronolóxicamente. VOOS Para coller os voos, como sempre, é recomendable mirar nalgún buscador tipo:

Comida Emirates

Evitar e-Dreams, é unha compañía pouco fiable, xa que os prezos non son os reais que atoparás nas webs dos voos. Ademais, no caso de tratar de mercalo pola súa web, o prezo irase elevando. O voo con Emirates é toda unha experiencia, incluso coa tarifa económica (a outra debe ser espectacular). A comida, para ser de avión, é bastante boa. No caso de ter algunha necesidade especial, débeselle comunicar a empresa con 48h de antelación. No noso caso non fomos quen de indicalo pola web. TRANSPORTE BKK – ARUN OLD TOWN Para chegar ó destino barallamos diferentes opcións, polo que puidera pasar. Para revisar todos os medios de transportes que se usaron durante a viaxe e algún consellos para usalos, ide á publicación de transporte..

  • Opción 1: Taxi/Grab (buscar taxis que non sexan un timo)

O máis cómodo para ir do aeroporto ó hotel. Ambos aeroportos teñen servizo de taxi. Evidentemente, despois dunha viaxe longa e da canseira que teredes enriba, o mellor é que collades unha Grab. Para iso é importante que teñades a tarxeta telefónica (comprala no momento de coller as maletas).

Tempo: 40min. O aeroporto está moi lonxe da cidade. Prezo: 400-600THB (12-17€). Págase o que pon no taxímetro + autopistas (60THB)

  • Opción 2: Airport Link desde el BKK + taxi

    Taxi rosa Tailandia

O Aeroporto Suvarnabhumi conta co Airport Link, un moderno tren que vai ata o centro de Bangkok [parada de Skytrain Phaya Thai (BTS)]. Esta opción é a menos recomendable.

Para saber como chegar ó Airport Link dentro do aeroporto: Ver aquí.

    • Parte A: Collemos Airport Link ata Skytrain Phaya Thai (BTS)

Tempo: 30 min (28km) Prezo: 45 THB/persoa

    • Parte B: Coller taxi ó hotel:

Tempo: 25 min Prezo: Estimación de 40 min son 400 y 600 THB (uns 12-17€)

    • Parte B: Ir andando a Siam Center Tube Station: 20 min.

Coller desde Siam Center Tube ó hotel Arun Old Town: Aprox. 1 hora.

Parada: ป้ายรถประจำทาง หน้าร้านสิริภัณฑ์ 2 (27 paradas)

ALOXAMENTO

A primeira parada da viaxe foi en Bangkok durante dous días. O lugar escollido para a estadía foi:

Arun Old Town 260/16,Itsaraphap Wat Arun, Bangkokyai., Bangkok Yai, 10600 Bangkok, Tailandia

Teléfono: +66 96 245 6361

Un hostal preto do templo do amencer ou da alborada (Wat Arun). O trato da rapaza ó cargo do Arun Old Town foi moi bo. A verdade é que tratou de axudarnos en todo momento. A localización de hostal é a carón dunha estrada amplia, co que non dará a unha sensación de “inseguridade” como poden dar outros lugares.

HISTORIA ENTRAR EN CONTACTO

Para ir ao “país dos sorrisos” é importante coñecer a súa evolución nos diferentes reinos que o preceden. Irémolos coñecendo en cada un dos lugares que visitamos. De algún xeito, pódense establecer as bases de Tailandia no Reino de Siam. O adxectivo siam significa “de pel escura”. Este termo era utilizado polo pobos autóctonos do lugar para facer referencia aos individuos da etnia Tai, procedentes da zona de Guangxi en china, que se estableceron nas fértiles chairas do país na busca dunha mellor calidade de vida. Co paso do tempo, aproveitando a debilidade do Imperio Khmer (Cambodia) que tradicionalmente dominara a zona, os tai (ou siameses) colleron maior poder e relevancia, chegando a conformar un dos maiores reinos da contorna, coñecido deste xeito dende 1365 ata 1939.

QUE VER PRETO DO ARUN OLD TOWN?

Hai que ter en conta que chegar a unha cidade tailandesa ou camboxana de noite pode ser enganoso (e case de calquera lugar). A baixa iluminosidade, as rúas estreitas e todo o demais fan que dea un pouco de mal rollo, pode dar unha falsa sensación de inseguridade. Por ese motivo para entrar en contacto con estes países, a situación do Arun Old Town é bastante boa. Podes dar un paseo polas inmediación para ir collendo confianza. Con respecto ás posibilidades de cea ou comida preto do Arun Old Town, hai opcións. Hai dous establecementos, un a cada lado, e en toda a rúa tamén atoparedes outras opción (dependendo da hora de chegada). Tamén hai un 7-eleven preto, onde poderedes mercar auga ou o que precisedes. Ademais, o Arun Old Town ten unha terraza fantástica dende onde poderedes ver a cidade con outra perspectiva e, o máis importante, o Wat Arun ó lonxe. Paga a pena subir á terraza un pouco antes de ir descansar.

Terraza Arun Old Town do lado que non se ve o Wat Arun (iso tedes que velo en directo)

Evidentemente, depende da hora de chegada, pero se chegades pola noite, o recomendable é entrar en contacto coa cidade, coa cultura local e coa comida (tomade a pastilla one per day).

REFERENCIAS

Coma sempre trataremos de documentar o que trascenda á nosa propia experiencia. Aquí van as referencias externas:

Guías recomendables:

Publicacións relacionadas

Verified by MonsterInsights