Patricia, maternidade e crianza vivencial

A crianza, o aleitamento, o colo, os partos… todo sobre a maternidade e as vivencias dunha crianza son o tema que imos tocar con Patricia.

Bos días, Patricia, que tal? Hoxe estamos realmente contentos porque imos tratar un tema completamente novo para nós. Ademais temos motivos para estar ledos, porque o faremos de man dunha amiga.

Galicia Alive, Maternidad y crianza vivencial

Patricia de Maternidad y crianza vivencial

Primeiramente, unha dúbida persoal. De onde saca o tempo unha enxeñeira para dedicarse ao mundo bloguer, e tendo a maiores unha familia que coidar? Vamos o que quería preguntar é como xurde a idea?

Empezo dende o principio, alá polo 2015 din a luz á miña segunda filla e ós 15 dias finalizou o meu contrato laboral. Vamos, que se xuntou unha boa! Paseino moi mal unha tempada. Eu levaba 5 anos na empresa e case 10 traballando no naval, así que sentinme bastante mal.

Pouco despois cruzouse na miña vida e na miña maternidade Marisol, unha matrona que é todo bondade, e fíxome ver que era a oportunidade perfecta para criar ós meus fillos como eu realmente quería, estando presente nas súas vidas.

Eu xa levaba ano e medio axudando a outras nais cos seus aleitamentos e, a raíz diso, empecei a formarme en todo aquilo que era interesante para min e co que eu podía axudar, porque realmente me sentía ben axudando.

Con esta idea de axudar, xurdiu o blog, poder chegar a mais nais, e que a miña axuda fora mais efectiva.

Como empezaches a escribilo?

A través dunha amiga coñecín unha persoa que me podía axudar a iniciar ese soño e aquí estou agora. Asesorando nais en aleitamento, crianza, cueiros de tela e outras moitas cousas:

De que falas no teu blog? E como chegamos a el?

No meu blog podedes atopar información sobre maternidade, crianza e plans en familia. Nos meus posts sempre apunto situacións persoais que vou superando. Ademais toda a información segue unha liña clara: o respecto cara os nenos e as recomendacións en base a OMS (Organización Mundial da Saúde).

maternidadycrianzavivencial.com

Con que frecuencia escribes? Compaxínalo con outras redes sociais? Cales?

Pois escribo dous ou tres post á semana no meu blog, pero ademais tamén escribo semanalmente para outro blog (masde3.com). Aquí falo fundamentalmente de crianza. Se non coñecedes o blog pasade a velo, fala en gran medida das familias numerosas e ademais dispón dunha app onde as familias numerosas podemos atopar empresas que nos fan descontos, pois a cousa esta difícil para todos, pero cando un ten varios fillos ou é nai solteira aínda máis.

Tamén traballo outras redes como son a miña fanpage maternidad y crianza vivencial onde xa teño cerca de 600 seguidores e mais un grupo só de mulleres para medrar xuntas na maternidade .

Por outro lado no meu instagram mostro o meu día a día en familia e interactúo moito cos meus case 3000 seguidores. Alí subo vídeos no story explicando como afrontarse a temas de cotío que ós pais nos costa enfrontar coa calma que había noutros tempos. Tamén teño unha sección de desterro de mitos que gusta moito.

Uso o pinterest e google+ – ri – pasei a ser unha nai 2.0 en cuestión de pouco tempo!!!

Agora que xa coñecemos o teu blog, como xurdiu ese nome?

O nome tiña claro que debía falar de “maternidade e crianza”, pois é o meu punto forte, o que mais me gusta e onde me sinto plena axudando. A parte de “vivencial” provén do meu interior, pois eu sinto que vivo cada unha das etapas da miña maternidade e gustaríame que outras nais tamén se lancen a vivir cada momento, pois o tempo voa!!!

Apórtache algo a nivel persoal? Notas que lle estás axudando a moitas mamás ou papás?

O blog dáme unha fiestra ó mundo exterior, a ser mais tolerante coas decisións doutras familias e isto faime sentir moi ben.

Por outro lado, sinto que estou axudando a moitas persoas no meu camiño. Incluso me estou atopando con persoas que me fan ¡recoñecementos públicos! Isto é un dos motivos mais grandes polos que seguir co meu traballo: poder facilitarlle a vida a moitas familias.

Tes algunha blogueira favorita? Con este tema ou outro?

Que pregunta mais difícil… a verdade e que teño moitas blogueiras favoritas, pero neste momento case todos son referidos a temas de crianza ou maternidade.

Encántame o traballo de Azucena Caballero e Mireia Long nos temas educativos coa Pedagogia Blanca, e na falta que fai cambiar o sistema educativo tradicional por un que trate a cada neno individualmente.

Miriam Tirado é a caña explicando temas maternais con moitísimo humor.

O blog de Aguamarina, de mi casa para el mundo, é unha visión da pedagoxía waldorf que me ten namorada.

Podería seguir – ri – pero non acabaría máis!!!

En Galicia Alive temos unha sección de preguntas encadeadas. Ti recibes unha pregunta do noso anterior Galego Alive, Manu, que nola manda dende Vigo e despois debes deixarnos unha para o seguinte convidado:

A súa pregunta: Es unha persoa activa no ámbito deportivo? En que medida afecta, sexa de maneira positvia ou negativa, a túa calidade de vida e ás túas emocións?

Pois imos a alá… dende que teño nenos, levo a casa e dou saída ó meu emprendemento. O deporte que practico son os patíns, baixada de tobogán e algo de bici…- ri – sempre acompañada dos cativos. Así que non che son moi activa… salvo polas 10 lavadoras que poño á semana.

A miña pregunta para o seguinte invitado é: que opinas do sistema educativo actual? Está preparado para asistir a calquera tipo de neno?

Moitas gracias polo teu tempo.

Quérome despedir enviandovos unha apreta infinita dende Asturias, a miña residencia actual, e darvos as gracias por pensar en min para esta entrevista.