Os nomes galegos máis fermosos

En Galicia está crecendo o uso de nomes galegos para os novos nacementos. Dende Galicia Alive imos facer as nosas propostas para os nomes que consideramos os máis fermosos da nosa lingua:

NOMES DE RAPAZAS:

  1. Sarela
    Nome dun río de Compostela: Sar.
  2. Xoana
    Procede do hebreo Yohanan ou Yehonan, ‘Deus é misericordioso’.
  3. Erea
    Grega: paz
  4. Xiana
    Latina: referido ao xentilicio da familia Iulia, dedicada a Xúpiter
  5. Xulia / Xuliana / Xulieta
    Latina: referido ao xentilicio da familia Iulia, dedicada a Xúpiter
  6. Galicia
    Céltica a través do nome que deron os romanos á nosa terra: Callaecia ou Gallaecia, pronunciado aprox. Kalaikia, a partir do etnónimo céltico calleaci, posiblemente derivado do teónimo Caleac. Polo tanto o significado podería ser terra do pobo da deusa Caleac.
  7. Noela
    Relativa ás orixes da Vila de Noia.
  8. Sabela
    Hebrea: consagrada a Deus, adoradora de Deus.
  9. Branca
    Xermánica: (*blank) branca, brillante.
  10. Lúa
    Nome afectivo e augural dado a unha meniña co desexo de que sexa tan
    luminosa, bela ou inflluente coma a lúa (do latín luna).
  11. Tareixa
    Nome hispano frecuente na Idade Media que tiña como forma primitiva
    Tarasia, de orixe escura.
    Variantes: Tereixa, Teresa.

NOMES DE RAPACES:

  1. Xoán
    Procede do hebreo Yohanan ou Yehonan, ‘Deus é misericordioso’.
    Variante: Xan
  2. Xoel
    Hebreo: Iavé é Deus
  3. Martiño
    Latina: de Marte, ou guerreiro
  4. Xián
    Latina: da familia Xulia
  5. Brais
    Do alcume latino Blasius, posiblemente procedente do latín blaesus (tatexo)
  6. Cibrán
    Latina: delgado, transparente ou orixinario de Chipre
  7. Tristán
    Celta: ruído ou mensaxeiro
  8. Anxo
    Grego: Mensaxeiro.
  9. Osián
    De orixe escura. Para algúns procede do gaélico oisin, ‘cerviño’. Tamén é
    posible que teña que ver coa exclamación hebrea Hoxianna! (latinizada
    Hosanna)
  10. Breixo.
    Latina: sincero, que conta a verdade
  11. Breogán
    Celta: xefe dos celtas que poboaron Galicia

(máis…)

Queixas Vivas

O natural é queixarse, sempre que sexa de forma construtiva e con afán de mellorar. Iso é o que se pretende nesta sección. Le as queixas e, se tes algo que aportar, rexístrate e fai a túa queixa.

Vueling NON fala galego by noelgf

Logo de coller varios voos dende Barcelona coa compañía aérea Vueling, observei en todas esas veces que as mensaxes de benvida e as explicacións de seguridade poñense nunha gravación en catalán, castelán e inglés. Isto ocorre tanto no despegue coma na aterraxe. Incluso os pilotos dan a benvida á cidade en catalán. A miña sorpresa é que no caso de voar a Santiago de Compostela non acontece o mesmo co galego. Descoñezo o motivo: se é a compañía ou se cousa do apoio de Generalitat de Catalunya. O que de seguro está pasando é que se menospreza o galego por algunha das partes.


Liña de tren Santiago-Lugo by noelgon

Unha liña de comunicación entre Santiago e Lugo é esencial. Como é posible que a capital de Galicia non estea comunicada coas catro capitais de provincias? Pois ese é o terceiro mundo onde vivimos!