Receita de Tortilla de Pan

Tortilla de Pan

Ingredientes

– Pan duro
– Leite
– Sal
– Ovos
– Aceite
– Azucre (versión doce)
– Canela (opcional)

Utensilios

– 2 recipientes fondos
– Tixola
– Remexedor
– Espátula de madeira
– Prato (do tamaño da tixola ou superior)

Paso a paso

  1. Romper o pan en pequenos anacos e poñelos nun recipiente grande.
  2. Verter o leite para abrandar o pan
  3. Agardar a que o pan se abrande. Usar máis leite no caso que non estea branda.
  4. Cascar os ovos nun recipiente batelos ata que estean ben mesturados
  5. Mesturar o pan brando, os ovos e o sal
  6. Poñer a tixola a quecer con un pouco de aceite e agardar a queza
  7. Verter o contido mesturado do recipiente na tixola
  8. Deixar facer con lume medio
  9. Utilizar o prato para dar a volta a tortilla de pan e facer polo outro lado.
  10. Versión doce. Cubrir con azucre e opcionalmente con canela

Axúdanos a seguir escribindo

Comprando algo que precises en Amazon a partir dos links que temos, axúdasnos a seguir escribindo: