Presentación de Psicofonía Bolborítica de Gancho Sanches

Barcelona, 19 de xuño 2016. Esta foi a data escollida por Gancho Sanches para presentar o novo EP. O local onde puidemos velos foi n’Asociación Freedonia de Barcelona.

Estes galegos afincados en Barcelona estreaban o seu EP que leva de nome Psicofonía Bolborítica despois duns anos tocando e tras ter publicado xa unha maquete. Cun son un tanto tétrico e escuro, aínda que con certas raiolas de luz nesta escuridade na que nos adentramos ao escoitalos, conseguen facer que a música se converta en algo transcendente.

Das súas cancións, as cales están escritas en inglés e galego, que formaron parte do concerto podemos destacar as seguintes, que están incluídas tamén no EP: Activity e Grecia II, tema co que pecharon o concerto.

Lanzaron á venta Psicofonía Bolborítica na súa páxina oficial https://ganchosanches.bandcamp.com que se pode conseguir por tan só 4€.

Deixámosvos cun dos seus temas gravado nunha entrevista a Lermusic:

The Warrior – Gancho Sanches

 

One thought on “Presentación de Psicofonía Bolborítica de Gancho Sanches

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *