Por que ten sentido votar partidos rexionalistas, autonómicos ou nacionalista sen selo?

Dende Galicia vense, pola gran mayoría da xente, os resultados nas eleccións xerais en autonomías como o Euskadi e Catalunya como algo problemático. Canta xente cre que calquera destas rexións, autonomías ou nacións sen estado terían o respaldo maioritario da poboación no momento de levar a cabo a independencia? O certo é que moita xente da que vota a estes partidos non apoiaría unha total independencia. Entón por que teñen tantos votos estes partidos? A resposta é simple: porque defenden os intereses das rexións que representan. Outros casos dos que se fala menos son o C.C. (Coalición Canaria) e anteriormente o P.A. (Partido Andalucista) ou o CHA (Chunta Aragonesista). Estes últimos partidos e os cataláns e os vascos conseguiron melloras para as súas comunidades autónomas por obter representación no Parlamento e axudar a conformar un goberno.

É evidente que os partidos votan en bloque. Isto, ademais de facer que a Democracia Representativa na que vivimos perda o valor de democracia e moito máis de representativa, fai que un diputado d’A Coruña teña que votar o mesmo ca un de Cáceres aínda que isto sexa perxudicial para ambas rexións. Non todos os votantes dos partidos pensan igual en todos os temas, isto non se ve na política actual. A representación sería máis realista se dentro dos partido tivesen liberdade de votos. Ao igual que os estatais os partidos rexionalistas, autonómicos ou nacionalista votan en bloque, pero cal é a diferencia? A diferencia é que estes votan en consecuencia coas necesidades das provincias e autonomías que representan. Un deputado dun partido nacionalista non votaría a favor de algo que considere que vai a empeorar  a situación da rexión, autonomía ou nación que represente.

Coa irrupción dos novos partidos na sociedade está cambiando a situación. É simple ver que a tendencia nos últimos anos era que estas forzas aumentasen. Pero que está pasando actualmente? O que pasa é que esas forzas se manteñen mais ou menos do mesmo xeito. Incluso nas Islas Canarias. Agora coa irrupción de Podemos estas forzas víronse sobrepasadas neses lugares pero sen roubarlle demasiado escanos a estes partidos. De onde sae entón a súa forza? Dos partidos estatais. Non desexan así os cidadáns destes lugares perder a súa autonomía e capacidade de decisión nas decisión do Estado. Vexámolo:

Euskadi - Eleccións

A situación na política vasca como vemos tivo moitos movementos durante as últimas eleccións. Aínda así sempre tivo unha alta representación nacionalista no Congreso. Cómpre dicir que aquí non se están incluíndo os resultados de Podemos no 20D, partido que conseguiu escanos de EH-BILDU, PP e PSOE.

Catalunya - Eleccións

En Catalunya faise máis evidente que non se perdeu compoñente nacionalista. Vese que o compoñente nacionalista se veu aumentado se sumamos todos os escanos.

Galicia - Eleccións

En Galicia pola contra o único partido (xa que En Marea preséntase como coalición) que representaba a Galicia non conseguiu representación ningunha nos últimos comicios.

Vese, analizando os datos dende as eleccións do 2000, que nestes lugares non só non perderon forza, senón todo o contrario. Exceptuando o caso das eleccións do 2011 onde houbo un repunte dos nacionalismos que supera ás últimas eleccións. Hai algún problema con defender a rexión, autonomía ou nación que representan? Non é o lóxico que cando votas a calquera deputado este che represente? Claro que o é.

Se a Democracia Representativa na que vivos fose unha democracia real, teríamos que votar nós cada lei. Se fose representativa, tería que haber liberdade de voto por parte dos deputados, os cales deberían rendir contas ás súas provincias. Como isto non é así os partidos rexionalistas, autonomistas ou nacionalistas son un bo instrumento para que as cousas nas nestas rexións, autonomías ou nacións se teñan en conta nos asuntos do Estado.

Non debemos esquecer que o Estado está conformado por todas as autonomías, sexan unhas consideradas nacións ou non. Isto de nación non é algo que se inventase ningún galego iluminado nos últimos anos, senón que é un consenso ao que se chegou no 78 para facer a Constitución:

Artículo 2: Unidad de la Nación y derecho a la autonomía

La Constitución se fundamenta en la indisoluble unidad de la Nación española, patria común e indivisible de todos los españoles, y reconoce y garantiza el derecho a la autonomía de las nacionalidades y regiones que la integran y la solidaridad entre todas ellas.

Tampouco debemos esquecer que a pesar de que se nos diga que todos os españois somos iguais o certo é que se naces en Madrid, Catalunya e Euskadi tes unhas vantaxes laborais e uns salarios que nacendo, por exemplo, en Galicia non tes. Incluso por ser canario ou balear hai unhas condicións distintas ás demais. Todos somos iguais e distintos. Por iso defender os intereses do teu territorio non é, nin nunca será, ir en contra do Estado. Se unha rexión se fai máis forte todo o Estado se fai máis forte. Por todo isto votar a un partido rexionalista, autonónico ou nacionalista é a mellor das eleccións.

FONTES dos datos:

Comparativa 20D 2015
http://resultadosgenerales2015.interior.es/congreso/#/ES201512-CON-ES/ES

Resultados anteriores:
http://resultadosgenerales2015.interior.es/congreso/#/ES201512-CON-ES/ES/CA09

 

One thought on “Por que ten sentido votar partidos rexionalistas, autonómicos ou nacionalista sen selo?

  1. I see you don’t monetize your site, i know how to earn some extra cash and get more visitors using one simple
    method, just search in google for: How to
    monetize a blog Twardziel advices

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *