Deprecated: Creation of dynamic property WP_Members::$style is deprecated in /var/www/vhosts/galiciaalive.com/httpdocs/wp-content/plugins/wp-members/includes/class-wp-members.php on line 558
Poetarras - Lady Di

Poetarras - Lady Di

Cando vexo un neno negro con sida
unha imaxe clara vén a min
o rostro de Diana Spencer, Lady Di
combinaba a labor humanitaria
cun exquisito gusto no vestir
a única inglesa elegante, Lady Di
Lady Di, Lady Di, Lady Di, Lady Di
era unha nai moderna, Lady Di

E cando casou co forellas
ninguén pensou que el faría algo así
poñerlle os cornos con Camilla a Lady Di
maltratada pola prensa
e desprezada pola “royal family”
quixo suicidarse a pobre Lady Di
Lady Di, Lady Di, Lady Di, Lady Di
Carlos non era o tampón de Lady Di
Lady Di, Lady Di, Lady Di, Lady Di
un crime máis da monarquía, Lady Di

Lady Di, Lady Di, Lady Di, Lady Di
divorciouse para ser por fin feliz

Refuxiouse en Dodi Al-Fayed
o fillo do dono do Hotel Ritz
pero a prensa aínda acosaba a Lady Di
unha das súas escapadas
rematou nun túnel de París
falecía en accidente Lady Di

Lady Di, Lady Di, Lady Di, Lady Di
non levaba o cinto posto, Lady Di
Lady Di, Lady Di, Lady Di, Lady Di
“you lived your life like a candle in the wind”

Verified by MonsterInsights