Patacas fritas galegas

De todos é sabido que as patacas de Galicia teñen algo especial, ao igual que o pan (diso falaremos outro día).

Bonilla a la vista

Esta patacas fritas son xa parte da historia de Galicia e principalmente d’A Coruña e da súa área metropolitana. Bonilla a la vista nace en Ferrol no ano 1932. Segundo vai crecendo esta compañía vai aumentando a súa presencia en cidades e pobos da nosa terra. Como vos “mariñeiros” que son, percorreron mundo e desembarcaron en América e Asia. Por suposto tamén se poden atopar en outros países de Europa.

Fritas Jaly’s

Fritas Jaly’s é un empresa nace en xullo de 2011 coa ilusión dun emprendedor novo da comarca d’A Limia. Xinzo de Limia é a súa localización concreta onde as ganas de emprender deste rapaz e de crear riqueza para a xente da comarca viu potencial na transformación da materia prima máis coñecida da Limia en algo máis elaborado.

 

 

Temos aquí a tradición e a novidade. Vós de cales sodes?

 

 

http://amzn.to/2p7rCqB

http://amzn.to/2p7rCqB

http://amzn.to/2p7rCqB