O son da música. Entrevista a Hugo Torreiro

Posted on
Temos o pracer de contar hoxe en Galicia Alive con Hugo Torreiro, músico galego que non precisa presentación. Imos facer un pequeno recorrido da súa carreira.

 

Pasou por Recantos do programa Luar, tamén foi concursante de La Voz, uns catro discos ao lombo e un longo etcétera.

 

Boas tardes Hugo. Non sei se me deixei algo por aí, se é así podes completar esta longa lista.

 

Bueno a verdade é que a presentación moi ben. Si que estiven nos recantos de Luar no ano ano 2010, que quedei en segunda posición. Despois pasei polo programa de La Voz. E en canto ao número de discos que teño pois podemos dicir que son 3 os que teño en solitario e un cuarto con Yhadira, que é integramente en galego. E para completar pois, dicir que levo máis de cen concertos por Galicia, tamén fixemos unha xira a nivel España. E agora estou gravando o que será o meu cuarto disco a nivel estudio.

 

Despois entraremos máis en detalle a falar dos discos de estudio, aínda que agora nos gustaría saber como definirías a túa música.

 

Eu defino a miña música, pois como me defino a min: Unha persoa romántica e sentimental a mais non poder. E ainda que no meu terceiro disco me decantei un pouco pola múscia máis rockera, o que me gusta e o que realmente me enche é o pop máis melódico, as baladas, as cancións de medio tempo… Iso acompañadas con temas de amor e tamén causas sociais.

 

Que intentas aportarlle ao público? Que queres mostrarnos?

 

Eu coa música o primeiro que busco é sentirme cómodo. Empezou como unha afección de tocar un pouco o piano e a guitarra, pero pouco a pouco foise convertindo nunha profesión. O que realmente quero é pasalo ben e desfrutar mentras o fago, aínda que debo confesar que me encanta que a xente lle guste o que fago porque sen ese cariño non sería o mesmo.

 

Bueno hoxe, aproveitando que estamos facendo esta preguntas antes dun concerto. Cóntanos algunha manía, algunha teima confesable, que teñas antes de empezar algún concerto.

 

Pois a ver… Realmente, non son supersticioso. Non sei… pois os típicos medos de caerme, de olvidarme algunha letra, medo de desafinar… Pero non teño manías de levar ningún amuleto. Só levar as cousas ben e facelo con todo o cariño. Hai detalles que as veces non se poden controlar, pero non teño manías.

 

Gustarianos saber cando son os teus próximos concertos e onde serán? Xa sabes que en Galicia Alive tes moitos fans.

 

Bueno hoxe estou aquí en Ribeira, pero estamos cerrando datas en Santiago, n’A Coruña, en Mondoñedo… Pero tranquilos que estaredes informados da miña man de todos os concertos, de todas as datas e lugares. A miña intención é ir presentando as cancións deste novo disco por Galicia.

 

Xa que volve a saír o tema do novo disco… Deste novo proxecto que podemos esperar? Como se chama? Que nos vamos a atopar nel?

 

Este novo proxecto, a miña idea que espero sacolo a finales do 2016, espero sacar unha parte en castelán e outra parte en galego. Un pouco porque dende que descubrín a música en galego deime de conta que as palabras en galego namoran máis. Hai un xeito de expresarse en galego que non se pode facer en castelán. Pero a miña intención e chegar ata onde se poida e por suposto defrutar del e facer que vós tamén desfrutedes. E de momento estou presentando os dous novos singles “Chove sobre mollado” e en castelán “No quiero tu amor”

 

Bueno, estaremos atentos para a presentación dese novo disco. Para ir rematando, en Galicia Alive temos como costume deixarvos estes últimos intres para que vós, os artistas invitados, digades o que queirades ou, como ti ven sabes como se fai no Luar, para saudar.

 

Simplemente agradecervos a vós a entrevista, que sempre é un placer para min saber que sempre hai quen se interese por escoitar o que temos que decir os artistas. Despois agradecer tamén a xente que fai que sexamos máis ou menos coñecidos. Agradecer o cariño destes dez anos á xente que me estivo apoiando e por suposto espero que esta pequena familia se vaia facendo cada vez máis grande.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *