O Patrimonio da Humanidade en Galicia

O primeiro que debemos saber para entender a importancia e a RESPONSABILIDADE de ter dentro dos lindes algo que pertence ó Patrimonio da Humanidade son os seus criterios para que iso pase a formar parte da Lista de Patrimonio da Humanidade. O que aquí expoñemos é unha traducción dos criterios que atopamos na web oficial da UNESCO e tamén a definición de cada un dos elementos de Patrimonio da Humanidade que temos en terras galegas. Co cal, Galicia Alive só se limita a traducción, pequenas correccións de erros atopados e agrupación de distintas entradas dentro da web da UNESCO dándolle un sentido e coherencia relacionadas con Galicia.

Criterios de selección do Patrimonio da Humanidade

Para ser incluído na Lista de Patrimonio da Humanidade, os lugares deben ter un importante valor universal e cumplir polo menos unha das condicións dos criterios de selección.

Eses criterios explícanse en Operational Guidelines for the Implementation of the World Heritage Convention que, a parte do texto da convención, é a ferramenta principal do Patrimonio da Humanidade. Os criterios son normalmente revisados polo comité para reflexar a evolución do propio concepto de Patrimonio da Humanidade.

Ata o fin de 2004, os lugares do Patrimonio da Humanidade eran seleccionados en función de seis bases culturais e catro de criterios naturais. Coa adopción da Guía Operacional revisada para a Implementación da Convención do Patrimonio da Humanidade, estableceuse que só un dos dez criterios era preciso.

Criterios de Selección:

  • Representar unha obra mestra dun xenio creativo;
  • Exhibir un importante intercambio de valores humanos, a través do tempo ou nunha área cultural do mundo, en desenvolvemento en arquitectura ou tecnoloxía, arte monumental, planificación de cidades ou deseño da paisaxe;
  • Soportar un testimonio único ou excepcional dunha cultura ou civilización actual ou que xa desapareceu;
  • Ser un exemplo destacado dun tipo de construcción, un conxunto arquitectónico ou tecnolóxico ou paisaxe que ilustre un(s) lugar(es) importante(s) na Historia da Humanidade;
  • Ser un exemplo destacado do asentamento humano tradicional, do uso do terreo, ou do uso mariño que sexa representativo dunha cultura (ou dunhas culturas), ou da interacción humana co medio ambiente especialmente cando este se convertese nun punto vulnerable debido a un impacto irreversible;
  • Estar asociado directamente ou dun xeito tanxible con tradicións vivas ou eventos, con ideas, con crenzas, con traballos literarios ou artísticos de destacable índole universal. (O comité considera que este criterio debería ser usado preferiblemente con outros criterios);
  • Conter un fenómeno natural superlativo ou áreas de beleza excepcional e importancia estética;
  • Ser exemplos destacables que representan importantes estados da historia da terra, incluíndo o ciclo da vida, significativo nos procesos xeolóxicos e no desenvolvemento de formas do terreo, ou significativas nas características xeomórficas ou fisiográficas;
  • Ser un exemplo destacable que representan importantes procesos ecolóxicos e biolóxicos na evolución e desenvolvemento de ecosistemas e comunidades de plantas e animais terrestres, de auga doce, costeiras e mariñas.
  • Conter os hábitats naturais máis importantes e significativos para a conservación in situ da diversidade biolóxica, incluíndo especies ameazadas dun valor universal destacable dende o punto de vista da conservación e da ciencia.
Guía operacional
(ano)
Criterios
culturais
Criterios
naturais
2002 (i) (ii) (iii) (iv) (v) (vi) (i) (ii) (iii) (iv)
2005 (i) (ii) (iii) (iv) (v) (vi) (viii) (ix) (vii) (x)

Patrimonio en Galicia

Trátase dunha extensión do ben cultural en serie denominado “Camiño de Santiago de Compostela”, que se inscribiu na Lista de Patrimonio Mundial no 1993. Esta extensión comprende unha rede de catro itinerarios de peregrinación cristiana – o Camiño da Costa, o Camiño interior de Euskadi e La Rioja, o Camiño de Liébana e o Camiño primitivo – que suman uns 1.500 quilómetros e atravesan o norte da Península Ibérica. O ben cultural ampliado posee un rico patrimonio arquitectónico de gran importancia histórica, composto por edificios destinados a satisfacer as necesidades materiais e espirituais dos peregrinos: pontes, albergues, hospitais, igrexas e catedrais. Tamén cuenta con algunhas das rutas primixenias de peregrinación a Santiago de Compostela, creadas despois de que no século IX se descubrira no territorio desta localidade un sepulcro que, segundo se cree, encerra os restos mortais do apóstolo Santiago o Maior.

Outros detalles

Localización: N43 20 6 W6 24 53
Data de inscripción: 1993
Extensión: 2015
Criterios: (ii)(iv)(vi)
Zona de regulación: 16,285.7156 ha
Ref: 669bis

A muralla de Lugo foi construída a finais do século II para defender a cidade romana de Lugo. O seu perímetro foi conservado intacto na súa totalidade e constitúe o máis belo arquetipo de fortificación romana tardía de toda Europa Occidental.

Outros detalles

Localización: N43 0 39.996 W7 33 11.988
Data de inscripción: 2000
Criterio: (iv)
Finca : 1.68 ha
Zona de regulación: 59.88 ha
Ref: 987

Muralla de Lugo - Patrimonio da humanidade
Muralla de Lugo

Sede dun dos máis célebres lugares de peregrinación da cristiandade e símbolo da loita dos cristiáns españois contra o islam, esta cidade do noreste de España foi arrasada polos musulmáns a finais do século X. Totalmente reconstruída no século seguinte, Santiago de Compostela é unha das zonas urbanas de maior beleza do mundo, realzada polos seus monumentos románicos, góticos e barrocos. Os máis antigos concéntranse arredor da catedral, tumba do apóstolo Santiago, á que se accede polo magnífico Pórtico da Gloria.

Outros detalles:

Localización: N42 52 50.736 W8 32 40.848
Data de inscripción: 1985
Criterios: (i)(ii)(vi)
Finca : 107.59 ha
Zona de regulación: 216.88 ha
Ref: 347

Catedral de Santiago

A Torre de Hércules serve como faro e emblema da entrada ó porto d’A Coruña (nodeste) dende o século I da nosa era, cando os romanos o construíron co nome de Farum Brigantium. Este faro monumental de 55 metros está edificado sobre unha rocha de 57 metros de altura. A torre consta de tres niveis que se van estreitando cara o cumio e o primeiro deles correspóndese co faro romano. Adxacente á súa base, háchase un pequeño edificio romano de forma rectangular. O sitio comprende tamén os petroglifos do Monte dos Bicos que datan da Idade de Ferro, un ceminterio musulmán e un parque de esculturas. Os cimentos romanos do faro puxéronse ó descuberto durante unha serie de excavacións. Arqueolóxicas legadas a cabo na década de 1990. Dende a Idade Media cara o século XIX, numerosas lendas foron tecendo a historia da Torre de Hércules. É o único faro da Antiguïdade grecorromanaa que se conservou en certa medida íntegro na súa estructura e que segue realizando a mesma función.

Outros detalles:

Localización N43 23 9 W8 24 23
Fecha de inscripción: 2009
Criterio: (iii)
Finca: 233 ha
Zona de regulación: 1,936 ha
Ref: 1312

Torre de Hércules

Referencias

https://whc.unesco.org/en/criteria/

Santiago de Compostela (Casco Antigo): https://whc.unesco.org/en/list/347

Rutas de Santiago de Compostela: Camiño Francés e Rutas do Norte de España: https://whc.unesco.org/en/list/669

Muralla Romana de Lugo: https://whc.unesco.org/en/list/987

Torre de Hércules: https://whc.unesco.org/en/list/1312

 

Máis información:

 

 

PHP Code Snippets Powered By : XYZScripts.com