Deprecated: Creation of dynamic property WP_Members::$style is deprecated in /var/www/vhosts/galiciaalive.com/httpdocs/wp-content/plugins/wp-members/includes/class-wp-members.php on line 558
O pádel en Galicia: Manuel Pérez Castaño, monitor de pádel en Vigo.

O pádel en Galicia: Manuel Pérez Castaño, monitor de pádel en Vigo.

Hoxe Galicia Alive vai descubrir como está o pádel en Galicia da man do mellor monitor de pádel.

Ola, Manuel! Bos días e benvido a Galicia Alive!

Bos días. Estou encantado de estar con vós e grazas por darme esta oportunidade para falar sobre o que é a miña paixón deportiva, o pádel.

Dende fai unha tempada cara aquí, o pádel en Galicia está facéndose máis e máis oco entre os deportes máis habituais. A que cres que se debe isto?

A verdade é que o pádel nos últimos anos dou unha subida importante na súa práctica. Quizais esa idea de deporte elitista foi minguando e o amplo abanico de instalacións que temos en Galicia fai que sexa máis doado xogar. Penso que un punto moi importante para que haxa esta grande afición, a parte do carácter social e amigable que ten este deporte, é que o pádel permíteche xogar sexa cal sexa o teu nivel e condición física, xa que sempre hai xente de semellante nivel ao teu para xogar. Iso é algo moi favorable para que grupos de amigos e amigas comecen a xogar e a pásalo ben; cousa que por exemplo no tenis é máis complicado.

En que lugares de Galicia consideras que hai máis afición ao Padel?

Eu penso que hoxe en día tanto Coruña como Vigo podemos decir que son as dúas ciudades de Galicia con maior afición. É certo que sempre se dixo que no norte da nosa comunidade hai maior afición e tamén mellor nivel de xogo, pero a día de hoxe xa non existe tanta diferencia. Eu como monitor de pádel en Vigo estou encantado de que esto sexa así, xa que hai máis posibilidades de traballo que uns anos atrás.

Manuel Pérez Castaño (monitor de padel)

Ti es monitor de pádel en Vigo, como ben acabas de dicir, está esta cidade entre as que máis siareiros e aficionados hai en Galicia?

Sen dúbida, Vigo é unha das potencias a nivel pádel de Galicia, tanto en número de xogadores como en nivel de xogo. A cantidade de instalacións que se fixeron nos últimos anos, debido a gran demanda existente, fixo que o volumen de persoas activas neste deporte aumentara e con iso o nivel cada día é mellor,  podendo ver hoxe en día a xogadores xóvenes con gran progresión xogando as previas do circuito mundial, algo que fai anos era impensable.

Cal é a túa experiencia como monitor de pádel en Vigo? Élo tamén en alguna outra localidade?

Como xogador levo moitos anos nas pistas, fai un ano que fixen o curso federado de monitor de pádel rexional, e pouco tempo despois xa empecei a traballar como monitor nunha instalación en Vigo, que é donde traballo, e a verdade é que gústame moito. Eu son Graduado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e poder xuntar as miñas dúas paixóns que son a docencia e o deporte nunha disciplina como é o pádel pareceume unha oportunidade que non podía deixar escapar. Agora espero crecer como monitor de pádel en Vigo e aproveitar esa formación que teño para ensinar todo o que esté na miña man a canta xente queira. Polo que sei ata hoxe, a xente está contenta comigo. (risas).

Qué sitio ocupa o pádel na idade escolar? Polo que coñecemos, aínda non é un deporte moi practicado polos máis pequenos da casa.

Hoxe en día son poucos os menores que xogan ao pádel, pero tamén é certo que son máis que tempo atrás. É un campo a explotar neste deporte. Penso que xa se está a facer bo traballo dende as institucións e os clubes para que pouco a pouco a canteira vaia saíndo e formándose dende pequeños. Por exemplo, eu adestro a un rapaz de tres anos, tres anos! Hehe, é un crack! Traballando con el as habilidades motrices básicas e incorporándoas ao pádel, de seguro que esa formación a estas idades axudaralle moito para mellorar as súas capacidades. Así que está claro que os pais non teñen que ter medo nin reparo a que os nenos comecen a xogar cedo. Con tres anos para moitos será pouca idade, pero con cinco ou seis anos xa se ve a moitos nenos e nenas na pista.

Ós que nos gusta este deporte, é recomendable comezar cun profesor de pádel directamente? É dicir, é recomendable ter profesor probado unhas cantas veces? Cal é o momento idóneo para dar o paso a collelo?

Eu penso que é bo comezar xogando cos amigos, vendo as túas posibilidades e coñecer o deporte por un mesmo. A partir de aquí é cando un se da un conta de que é o padel, da dificultade que ten cando xa vas xogando un pouco mellor, das múltiples variantes que fan desde deporte un deporte adictivo, no bo sentido, e é neste intre cando a persoa se quere dar un paso cara diante para non quedarse estancada, necesita dun profesional para crecer como xogador, teña o nivel que teña nese momento. Hai xente que vai a clases logo dunhas semanas despois de comezar a xogar e hai persoas que levan anos xogando que está indo agora a clases. Sempre é bo contar coa axuda dun profesional que é o que che vai a decir todas esas cousas importantes e o que che vai a correxir todo aquilo que necesitas para mellorar. Por iso, aproveito para recomendarme a mín mesmo como monitor de pádel en Vigo. (rise)

Xa que nolo comentas, no teu caso particular, como sería o xeito de adestramento? Algunha anticipo que nos poidar?

Claro que si. A mín gústame interaccionar co cliente, considérome unha persoa cercana, atenta e motivadora. Por isto intento utilizar o feedback positivo para crear un bo ambiente na clase, tendo en conta sempre a importancia dos conceptos que estemos a practicar na clase. Gústame utilizar material para darlle ao adestramento un enfoque máis profesional e didáctico, non só limitarnos a botar o típico carro de bolas e tamén traballar o aspecto mental e táctico do xogo. De seguro que a miña formación universitaria favorece este tipo de recursos que utilizo, e a verdade é que penso que é algo que teño que aproveitar para facer das miñas clases algo diferente ás demais.

Qué nivel competitivo hai en Galicia no pádel? Ata onde sabemos en Galicia Alive, os grandes xogadores son arxentinos. En que nivel do ranking están os nosos representantes neste deporte?

Manuel Pérez Castaño (monitor de padel)

O nivel en Galicia hoxe en día é bo, mellor que fai uns anos. Temos a varios xogadores xogando o cadro final en probas do circuito mundial e facendo bos resultados, como poden ser Borja Yribarren, Pablo Lijó ou Martín Sánchez Piñeiro. Hai outros xogadores que están participando nas previas e pouco a pouco mellorando o nivel, pero a verdade é que a nivel global, aínda estamos un pouco por debaixo de  comunidades como poden ser Andalucía, Madrid, Cataluña ou a Comunidad Valenciana entre outras. Cabe salientar que este ano Galicia na categoría femenina logrou o ascenso de categoría no campeonato de España de selecciones autonómicas, iso é un exemplo do gran traballo que se está a facer. Hai que ser optimistas porque o nivel está mellorando na nosa comunidade (tanto a nivel profesional como amateur), e de seguro que nun periodo de tempo curto teremos  a máis xogadores e xogadoras  galegas xogando o mellor circuito de pádel do mundo, o World Pádel Tour.

En Galicia Alive temos unha sección de preguntas encadeadas. Ti recibes unha pregunta na nosa anterior Galega Alive, Catuxa, que nola manda dende Shanghai e despois debes deixarnos unha para o seguinte convidado: Cal é o teu lugar ideal no que no que só con respirar profundo todo se pasa? Ese lugar que che transmite tranquilidade e harmonía. 

Cando preciso dun espacio de relaxación e calma, gústame un lugar ao aire libre, sexa praia ou montaña, no que consiga evadirme dos problemas e pensar en que as cousas sempre se van a solucionar. Non acostumo a encontrarme neste tipo de situación, por iso non teño un lugar específico, pero si que a liberdade que aporta unha praia ou as vistas dende unha montaña, é o que busco neses momentos.

A miña pregunta: Es unha persoa activa no ámbito deportivo? En que medida, sexa de maneira positvia ou negativa, a túa calidade de vida e ás túas emocións?

Para rematar, queremos agradecerche o tempo que pasaches connosco e pederiamosche, se non che importa, que nos deixases algún contacto para os nosos seguidores que queiran iniciarse ou que desexen mellorar poidan poñerse en contacto contigo. Manuel Pérez Castaño, o profesor de pádel en Vigo

Pois si, o agradecemento é meu, deixovos miña páxina profesional de Facebook (Manuel Pérez Castaño Sport) e de Linkedin (Manuel Pérez Castaño). Aí aparece tamén o meu número de teléfono e o correo electrónico para solucionar calquera dúbida ou pregunta que poida  xurdir.

Moitas gracias, Manuel. Agardámoste cedo por Galicia Alive outra vez.

Moitas grazas a vós e animo a todo o que quiera comezar a xogar, ou mellorar neste deporte, que se poña en contacto comigo e porei todo da miña parte para que cada día sexamos un pouco mellores co día anterior. Grazas de novo e ata pronto.

 

Axúdanos a seguir escribindo mercando algún destes artigos de Amazon ou mercando algo a partir dos links, só se o precisas.

2 thoughts on “O pádel en Galicia: Manuel Pérez Castaño, monitor de pádel en Vigo.

Comments are closed.

Verified by MonsterInsights