Mapa dos centros galegos en Europa

Logo Galicia Alive - Marrón

Galicia é, desgraciadamente ou por fortuna, terra de emigrantes. Dende Galicia Alive estamos seguros de que isto é depende de nós, os galegos e as galegas. Podemos dar volta a esta situación e transformar a Galicia nunha terra de acollida e benvida. Por ese motivo queremos recordar os lugares aos que migraron os galegos e formaron Centros Galegos no mundo.e ser os mellores anfitrións para os futuros inmigrantes. Continuamos esta serie de publicación por Europa.

Os Centros Galegos de Europa están principalmente en tres países: SuisseDeutscheland e, con moita diferenza sobre os demais, España. Igualmente, en Galicia Alive, imos a poñer a lista de todos os que puidemos localizar.

  • Alemaña (Deutscheland)
    Unhas das mecas de Europa en canto a emigración galega se refire. En case todas as grandes urbes do países xermano teñen o seu Centro Galego.
  • Andorra
    Neste pequeno país dos Pirineos tamén hai un Gentro Galego. O Centro de Galego de Andorra atópase na capital.

  • Bélxica (Belgique, Belgien, België)
    Neste país de Centro Europa hai tres Centros Galegos repartidos en Antwerpen (Amberes ou Antuerpen) e Bruxelles (Bruxelas).
  • Dinamarca (Danmark)
    Un deses centros que vimos dicindo que non atopamos é Círculo Galaico Dinamarca.
  • España (Espanya, Espainia)
    España é o país de Europa con máis centros galegos. A migración dentro do estado foi moi diversa, de aí que todas as Comunidades Autónomas teñan o seus Centros Galegos.
  • Francia (France)
    La France ten Centros Galegos en París e Marsella.
  • Portugal
    O único Gentro Galego que hai no país luso atópase en Lisboa.
  • Países Baixos (Nederlands)
    Nederlands concentra os seus Gentros Galegos nas dúas principais cidades: Amsterdam Rotterdam.
  • Reino Unido (United Kingdom)
    O Bar Galicia, aínda que non era un Gentro Galego, facía como lugar de reunión para galegos, españois e locais ata que se pechou o 15 de abril de 2018. Ademais deste lugar de reunión, existen Centros Galegos para consevar a nosa cultura en London and Manchester.
  • Rusia (Россия)
    O único Gentro Galego de Rusia atópase na súa capital, Moskova.
  • Suíza (Schweiz, Suisse, Svizzera, Svizra)
    Suíza é outra das mecas europeas da emigración galega. No país helvético podemos atopar ducias de Centros Galegos en pobos e cidades. É posible que sexa o lugar con maior número de Centros Galegos por extensión.

 

Os centros que non puidemos localizar no mapa son:

 

Axúdanos a seguir escribindo mercando en Amazon:

Referencias

http://www.galiciaenelmundo.es/centrogallego/circulo-galaico