- Arxentina (Argentina)
Se pensamos nun país de acollida de toda América de familias galegas, é posible, que o primeiro que nos veña á mente sexa Argentina. Podemos velo na cantidade de Centros Galegos que hai en toda Argentina. A maior parte destes Centros Galegos de Argentina acumúlanse na súa capital, Buenos Aires (Bos Aires). - Brasil
Outro dos lugares de emigración dos galegos foi Brasil.. Case calquera galego teu algún tío no Brasil, ou non? A maior parte dos Centros Galegos están nas grandes cidades, aínda así podemos velos en pobos máis pequenos. - Chile
O único Centro Galego de Chile atópase na súa capital: Santiago de Chile. - Colombia
O país do café conta tamén cun Centro Galego na súa capital, Bogotá. Éste é o único Centro Galego de Colombia. - Panamá
Esta país ten un número bastante elevado de Centros Galegos. Como na todos os países de América, a maior das parte dos Centros Galegos de Panamá atópase na súa capital, con nome homónimo ao país. - Perú
O único Gentro Galego da cidade das nubes ésta en Lima, no distrito de Jesús María. - Uruguai (Uruguay)
Montevideo é unha desas cidades tan coñecida para moitas familias galegas. O tío, a avoa, o curmán do avó… tantas persoas foron a Uruguay para buscar un futuro. Os Centros Galegos atópanse principalmente nesa localización, aínda que hai moitos máis como podes ver no mapa. - Venezuela
A actualmente renomeada Venezuela foi un lugar de benvida para moitos galegos que fuxían da fame da nosa terra. Caracas é un deses nomes de cidades que antes de estudar as capitais xa sabes onde está.
A pesar de ter localizado moitos, hai centros que non puidemos localizar. Así que se tedes algunha información extra e podedes axudarnos a atopar os seguintes Centros Galegos, agraderiamosvolo:
- Residente. do Grove en Buenos Aires, C e R.
- Fogar Galego Para Anciáns
- Centro Galicia de Resid. Españois
- Fogar Galego Para Anciáns
- Sociedade Cultural e Recreativa Lembranzas e Agarimos
- Asociación Cultural Galega – Pote
- Grupo Galego
- Sociedade Galega
- Asociación Cultural Recreativa Galicia
- Sociedade Soc. Mut. e Benef. Rosalía de Castro
- Peña Galega de Camagüey
- Casa de Galicia
- Unión Galega de Villa Clara
- Asociación Benéfica Fillos de Lalín
- Asociación Benéfica Provincia de Pontevedra
- Centro Galego de Bahía Blanca
- Centro Galego
Axúdanos a seguir escribindo mercando en Amazon:
Referencias
http://www.galiciaenelmundo.es/centrogallego/circulo-galaico