A licantropía, os lobishomes e o lobo da xente

Hoxe tratamos en Galicia Alive por primeira vez o misticismo e a mitoloxía. A crenza popular da existencia de seres místicos e mitolóxicos está aínda, por sorte, moi arraigada nas terras galegas. Por certo, este tema co que iniciamos esta sección sobre mitoloxía e misterio é algo que me chama a atención persoalmente dende que lin Pel de Lobo de Xosé Miranda. Este libro narra a historia dun experto cazador e un estraño lobo que debe cazar (unha lectura máis que recomendada). O tema que tratamos hoxe é a licantropía. Na lingua popular, as persoas afectadas por esta maldición ou mal son coñecidas como homes ou mulleres lobo e, no caso concreto de Galicia, como lobishomes ou  lobo da xente.

Este é o esquema dos artigos que imos tratar:

  1. A LICANTROPÍA, OS LOBISHOMES E O LOBO DA XENTE

  2. QUE É A LICANTROPÍA?

  3. TRANSFORMACIÓN EN LOBISHOME

  4. ORIXE MITOLÓXICA DA LICANTROPÍA

  5. CAUSAS NATURAIS DA LICANTROPÍA

  6. MAPA DOS CASOS DE LICANTROPÍA

  7. SOLUCIÓNS DA LICANTROPÍA

  8. ARTIGO COMPLETO: A LICANTROPÍA, OS LOBISHOMES E O LOBO DA XENTE

Agardamos que vos guste esta nova sección que imos tratar e sirva para aprender un pouco máis da nosa terra e do mundo en xeral.

A TÚA COLABORACIÓN

Se hai algunha información extra e documentada que nos pode transmitir será benvida. Ademais, se tes información que non coincide coa que temos aquí, fainos saber. Intentamos ter información precisa e por iso sempre deixamos as nosas referencias. Temos algúns lugares que non puidemos localizar no mapa e que aparecen as referencias que usamos, ¿podes axudarnos a atopalos? Sloyakians , Tscheita , Chastel Charnon , Omeissen , Unterelsas , La Pouppe (Athume ), Caude , Espagny e río Marram.

Casos abertos:

  • Que son as “nacións arias“?
  • Que é a “Ossaryan race” que aparece no libro O libro dos lobishomes?
  • Quen son os “White Russians“?
  • Onde está o “ Río Marram “?
  • Cando e quen introduce o concepto de balas de prata ?

AXÚDANOS A SEGUIR ESCRIBINDO

Para aumentar a calidade das nosas publicacións necesitamos máis tempo. Podes axudarnos mercando través de Amazon. Deixámosvos os seguintes  que poden resultar útiles e interesantes:

REFERENCIAS

Sanitas – Hipertricosis

Zeus y Licaón: El Origen del Hombre Lobo – Mitología Griega – Mira la Historia

Wikipedia Français -Bête du Gévaudan Milenio 3 – Bestias Misteriosas

Wikipedia: Licaón (mitología)

Centro de Estudios Biográficos: Manuel Blanco Romasanta. El Hombre Lobo. Licántropo y asesino en serie

Folklore Classics – The Book of WERE-WOLVES – Sabine Baring-Gould

PHP Code Snippets Powered By : XYZScripts.com