Deprecated: Creation of dynamic property WP_Members::$style is deprecated in /var/www/vhosts/galiciaalive.com/httpdocs/wp-content/plugins/wp-members/includes/class-wp-members.php on line 558
Lobos Sucios

Lobos Sucios

Durante a Segunda Guerra Mundial Galicia tiña gran importancia para o National Socialismo alemán. A necesidade do Wolframio para a fabricación de armamento fixo que a Comarca de Valdeorras fose un punto de interese para estes.

Mergullados neste ambiente Lobos sucios de Simón Casal de Miguel relata a historia de dúas irmás. Unha delas trallaba no lavadoiro e a outra adicase ao estraperlo nas montañas. Todo se complica coa chegada dun espía belga…

Sabemos polo trailer que os teixos do Teixadal, esa obra mestra creada pola natureza, cobrarán importancia nesta película, pero como? Iso non o sabemos.

O trailer déixanos os dentes longos á espera da estreo o 8 de abril do 2016 en todo o estado. Lobos sucios poderase ver en castelán en todos os cines e actualmente estase estudando se se estreará algunha versión dobrada ao galego.

Agardomos poder ver pronto as interpretacións de Marian Álvarez, Manuela Vellés e os demais actores e actrices que as acompañan.

Este filme producido por Agallas films está inspirado libremente en feitos, historias e personaxes reais que incriblemente son practicamente descoñecidas pola sociedade. Aquí vos deixamos un documental que serviu de inspiración para esta película.

 

Verified by MonsterInsights