Gancho Sanches - Encontro

Sentade agardando
Polos seres doutras partes
Boas tardes
Pasede á vosa casa

Horas de silencios
Só con mirarnos chega para comprendernos
Que ninguén prenda a luz ata mañá que chega
Será a derradeira

Un contounos que corren malos tempos para ser un pensador
Sufrirémola ira de quen non o é
Temos que saber certas cousas antes de seguir adiante

Que ningúen prenda a luz ata mañá que chega
Será a derradeira

Xa rematou a paz para os dous
É hora de atopar a liberdade real
É tempo de esnaquizar a quen nos quere eliminar
Xa rematou a paz
Xa rematou a paz

 

PHP Code Snippets Powered By : XYZScripts.com