Galicia como destino familiar

Cando falamos de Galicia aquelas persoas que somos unhas namoradas do noso, da nosa terra, dos nosos artesáns e dos nosos artístas énchesenos a boca. Tamén cando falamos de artistas, non só nos referímos a actores ou actríces de luxo que temos (Tosar ata Jorge Gallardo), e músicos (SES, The Lákazans, Monoulios DOP). Tamén cando nos referimos a artistas doutra rama das redes sociais como @Tele Jaita nin ós artista no mundo da gandería, do mar ou da restauración.

Hoxe queremos que se nos encha a boca ao centrándonos nas vacacións en Galicia. Queremos destacar Galicia como destino de vacacións. Tanto para a xente nova, os nenos e os adultos: Visitar Galicia en familia.

Sabemos que o tempo en Galicia é inestable, aínda que iso non é unha excusa para visitarnos e coñecer todo o que temos que ofrecer.

Imos a destacar algúns dos lugares que ofrece Galicia para desfrutar con nenas e nenos.

Visitar Santiago de Compostela en familia

Na web Santiago Turimo presentanos a cidade dun xeito que conquista. Unha web na que mostra o que podemos ver e por suposto que facer tanto adultos coma nenos.

    • Cidade Patrimonio da Humanidade.
      Santiago de Compostela é pequena e bonita, como as cidades dos contos. Ademais é tranquila, segura e moi agradábel para pasear.
      A zona histórica é como un labirinto con moitos segredos. Está chea de rúas estreitas, casiñas e soportais e ten un pavimento de grandes pedras vellas coas que se pode xogar a non pisar as raias sen preocuparse polos coches, porque é toda peonil. Nas tranquilas prazas e praciñas hai moito espazo para xogar e cafeterías con terrazas ao aire libre. A Catedral, os antigos nomes das rúas, as gárgolas, as fontes… poden ser fascinantes para os pequenos se os adultos lles axudamos a descubrilas.
    • Espazos verdes
      Santiago, que destaca pola súa cantidade de espazos verdes, ten uns parques estupendos. A maioría teñen randeeiras e xogos infantís, moita sombra e fontes, ríos ou estanques, onde viven os patos e peixes composteláns. Algúns están situados en zonas altas, para ver os tellados e os horizontes da cidade e facer boas fotos.
    • Rutas turísticas e actividades culturais
      Pero Santiago ten aínda máis cousas para vós: rutas turísticas nun pequeno tren que percorre a cidade, museos interesantes para pequenos e maiores, eventos e actividades culturais para nenos, parques de ocio, actividades de aventura, excursións para descubrir os arredores… e ademais, moi preto, hai concorridas praias fluviais e está tamén o mar: as fantásticas rías de Galicia, con praias de augas tranquilas, area fina e todas as comodidades.

Os nenos son ben recibidos nos restaurantes e cafeterías da cidade. Moitos deles contan con menús infantís, aínda que quizais prefirades algúns pratos galegos que son tamén moi aptos para os padais dos gourmets pequenos.

Para aloxarvos tedes varias posibilidades: dende grandes cadeas hoteleiras a modernos apartamentos; bonitas casas completas ou coquetos hoteis situados no casco monumental, que son tan confortábeis que vos sentiredes como na casa. Tamén tedes os bungalós do cámping urbano, que está nun outeiro e ten vistas á cidade. Ademais están as casas de turismo rural próximas á cidade, onde gozaredes a tope da paisaxe galega.

Visitar Combarro en familia

Pasamos do interior a zona de costa. Trasladámonos a Combarro. Un marabilloso lugar para coñecer con nenos. Cando falamos de Combarro pensamos en Hórreos, mais non debemos esquecernos dos cruceiros nin das casiñas mariñeiras.

Combarro conta cun precioso paseo marítimo que chega ata Poio. O final do paseo en Combarro dispón dunha praza que ten un renovado parque infantil. Un precioso e cómodo parque no que poden desfrutar os cativos mentres os adultos respiran a tranquilidade que aporta a vila. Tanto cativos como adultos poderemos enriquecernos da beleza dos 30 hórreos alieados na beira do mar. Tamén enriquecernos culturalmente e arquitectonicamente das casiñas mariñeiras e dos sete cruceiros que posue a vila, cunha caracteristica destacable, que a virxen sempre está orientada cara o mar.

Visitar Pontevedra en familia

En Pontevedra temos o parque da familia ao carón do río Lérez. Un lugar cheo de natureza pero moi pretiño da cidade.

Cidade que no seu casco antigo ten o Teatro Principal, no que en tempada de outono e inverno, os domingo poderedes asistir a algunha obra de teatro para toda a familia.

Outra visita que se pode facer con nenas e nenos é ao Museo de Pontevedra. Que conta con un amplo programa infantil no que inclúe xogos, talleres e contacontos. A súa dirección web é: www.museo.depo.es

Visitar Lugo en familia

Avifauna é un parque zoolóxico ornitolóxico en Outeiro de Rei. Por pouco máis de 6€ poderedes ver máis de 600 aves de 250 especies. Na súa web podedes incluso apadriñar unha ave e así asegurarvos do seu perfecto estado. Aquí vos deixamos o link para que poidades ver horarios e todo o que vos ofrecen:

https://www.avifauna.net

Marcelle Natureza é un parque cuxo obxectivo é protexer e conservar a fauna silvestre e a conservación da natureza. Participan en programas de cría en cautividade de especies ameazadas. Deixámosvos os medios que teñen para pórse en contactos con eles:

https://marcellenatureza.com/

  • Teléfono: 982 160 211 (10:00 a 17:00 horas)
  • E-mail: info@marcellenatureza.com
  • Dirección: Marcelle 6, San Martín de Guillar, 27154, Outeiro de Rei – Lugo

Visitar Vigo en familia

Naturnova Afundación é un centro interactivo de educación ambiental. Trata de presentar de forma clara e resumida o noso medio ambiente, un mundo repleto de curiosidades, a todas aquelas persoas interesadas en darlle a man a algo tan atractivo como é a natureza. Deixámosvos o link da súa web:

https://naturnova.afundacion.org/portal/gl/que-e-naturnova/

Seguimos en Vigo en familia adentrándonos no mar, pero esta vez imos cara ás Illas Cíes.

Se o que buscades é un destino de praia, a Praia de Rodas, a mellor praia do mundo segundo o diario británico The Guardian, é un destino para desfrutar cun baixo presuposto. O Parque Nacional das Illas Atlánticas ten unha area branca e unhas augas moi tranquilas e cristalinas (e moi frías).

A viaxe en barco ata as illas ronda os 20€ e a estadía que non pode ser máis de 15 días varía segundo:

  • Se a acampada é en tenda propia:
    Adultos :8-9€
    Nenos e nenas: 6-7€
    Tenda: 8-9€
  • Se a acampada é en tenda arrendada:
    Tenda: 50-80€/dia
    Non sei se haberá un lugar máis natural ca iste para amosarlle aos meniños.

Visitar A Coruña en familia

N’A Coruña temos tres grandes opcións culturais a niveis de museos e oferta cultural para visitar en familia:

A Domus é o primeiro museo interactivo do mundo adicado ao ser humano.
O edificio é obra do arquitecto xaponés Arata Isozaki e ten máis de 200 módulos interactivos para divertirse e reflexionar sobre as características da especie humana.

A Casa das Ciencias foi o primeiro museo interactivo de titularidade pública de España. Este pazo que se atopa no Parque de Santa Margarita contén un planetario onde se pode aprender moitísimas cousas sobre o ceo nocturno. Conta tamén cun Péndulo de Foucault, unha das mostras de rotación da Terra, además de tres plantas de exposicións: experimentos físicos, exposición temporal e actualidade científica.

O Aquarium Finisterrae atópase na beira do Oceáno Atlántico, a carón do histórico faro da Torre de Hércules. Toda a costa galega nun museo. Na Casa dos Peixes, como tamén é coñecido, tamén viven os pescadores, os mercados, as cancións mariñeiras… Incluso o espectacular entorno natural é unha parte máis do museo.

Xa que nos achegamos ata aquí non podemos deixar de ver a Torre de Hercules, o faro de orixe romana máis antigo que segue en funcionamento. Este símbolo da cidade é o terceiro faro máis alto de España. Atópase nun lugar idóneo para pasear con nenas e nenos e desfrutar dunha visita en familia.

Sabemos que hai moitos máis lugares en Galicia para poder desfrutar en familia. Pero por hoxe temos estas opcións.

Que vos parecen? Vos que sodes máis de praia ou de monte? Decídenos o voso lugar favorito para ir de vacacións en Galicia.

Queremos manter Galicia “Alive” como destino de vacacións.

Verified by MonsterInsights