Gadis e o noso espírito

Queda algún galego que non vira algunha vez un anuncio de Gadis? Queda algún amigo de galego que non vira o anuncio de Gadis?

Gadis está facendo máis por dar a coñecer Galicia e protexer a súa identidade que calquera asociación ou goberno. Pode criticárselle o galego utilizado por non ser galego normativo, sen embargo a xente séntese identificada con todo o outro que nos mostran.

A xente descobre Galicia con Gadis: as súas praias, os seus deportistas, os seus productos e, entre outras moitas cousas a última, o NOSO CAN. A raza autóctona de Galicia, Can de Palleiro, descoñecida por moitos, pero que non ten nada que envexarlle a ningunha outra. Valoremos o que temos e presumados porque hai moito do que presumir.

É moita a xente que descobre os seus sentimentos á nosa terra, uns sentimentos que sen sabelo estaban aí soterrados. Deixemos libre á/ao galeg@ que levamos dentro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *