Furious Monkey House

Furious Monkey House, o nome do grupo que non se deixa de repetir. Non só pola calidade musical senón polo atónito que nos deixa ao descubrir algunha das súas peculiaridades.

Furious Monkey House é unha recente banda de Pontevedra. Os seus compoñentes (Mariña, Carlota, Amaya, Irene e Manu) sorprendennos pola súa música. Esta banda ven de gravar o seu primeiro disco que leva por título Run. A pesares de ser unha banda tan nova tiveron a oportunidade de realizar a gravación nun dos estudios más importantes da historia da música: Abbey Road.

Propoñémosvos un reto:

Escoitade esta canción e tratade de imaxinar a banda


Creríades que ningún dos compoñentes supera a maioría de idade? Pois o certo é que ningún deles supera os 14 anos. Esta é unha das peculiaridades pola que o este grupo nos fai fixar os ollos nel.

Outra das singularidades é que van acompañados dun mono. Este mono tráenos ao recordo a outros artistas como Cro (na seguinte imaxe). Unha personaxe peculiar que nos intriga, aínda que sen quitarlle importancia aos principais compoñentes.

images

Baixo a producción musical de Gonzalo Maceira e Iago Lorenzo en Planta Sónica este grupo galego está revolucionando a música. Con Mariña cantando, Carlota tocando la batería, Amaya os sintes e as teclas, Irene e Manu a guitarra e o mono enfurecido ao baixo darán moito que falar.

 

Verified by MonsterInsights