Filloas para intolerantes e tolerantes á lactosa. Filloas (sen e con leite)

Ingredientes básicos

  • Fariña de trigo
  • Ovo
  • Sal
  • Auga (ou leite)
  • Azucre
  • Aceite

Ingredientes opcionais doces

  • Crema de cacao (tiramos de Asturcilla)
  • Caramelo líquido
  • Froita e sirope
  • o que teñas a man

Ingredientes opcionais salgados

  • Ensalada
  • Queixo e/ou xamón cocido
  • Pemento e atún
  • o que teñas a man

Utensilios

  • Recipiente fondo
  • Tixola
  • Remexedor
  • Escumadeira
  • Espátula de madeira
  • Prato (para poñer as que vas facendo)

Proceso

Receita de filloas
Tixolada de filloas
  1. Romper os ovos e báteos no recipiente fondo
  2. Introducir a fariña de trigo, a sal e a auga (ou leite)
  3. Remexer ata ter un moado sen bolos
  4. Poñer a tixola ó lume co aceite.
  5. Espallar o aceite para cubrir toda a superficie da tixola
  6. Usar a escumideira para botar moado na tixola
    Mover a tixola para espallar o moado mellor e completar os ocos con máis moado
  7. Deixala facer por un lado ata que non estea pegado
    Compróbao coa espátula de madeira
  8. Dalle a volta (sen queimarte 😉 )
  9. Opcional. Pon na filloa o que queiras, salgado ou doce
  10. Opcional. Dobra dun lado e do contrario creando una especie de tubo
  11. Saca a filloa ó prato

Repite os pasos 6, 7 e 8 (9 e 10 opcionalmente). Cada 3 ou 4 catro veces que fagas este procedemento, fai o 4.

Para o último das filloas hai un dito que xa entenderes por que:

A derradeira ou vai cargada ou vai baldeira

Axúdanos a seguir escribindo

Comprando algo que precises en Amazon a partir dos links que temos, axúdasnos a seguir escribindo:

PHP Code Snippets Powered By : XYZScripts.com