Entrevista a Pablo González: Mint Studies

Posted on

Bos días Pablo! Un pracer poder falar contigo!

Bos días Noel, o gusto é meu!

O outro día na entrevista con Beatriz Reboredo falamos dun proxecto no que estás inmerso actualmente e que nos gustou e por iso nos gustaría falar diso contigo, pero despois. Debido a que estamos situados en distintos hemisferios hoxe tamén teremos outra conversa á distancia. Continúan as 12 horas de diferencia con respecto a Galicia?

Pois actualmente, debido ó último cambio horario na Península, hai 11 horas de diferencia. Iste fin de semana seremos nós os que moveremos as agullas dos reloxos e a diferencia pasará a ser de 10 horas durante os vindeiros seis meses (xa sei que é algo lioso)

Actualmente estás en Nova Zelandia, pero de onde vén Pablo?

Pois descendente de familia de monfortinos. Eu veño do barrio da Ponte, en Ourense. Foi un lugar onde crecín e estudei felizmente ata comezar cos estudios universitarios de fisioterapia en Ponferrada.

Canto tempo levas en Auckland? Que botas de menos?

Pois chegamos a Auckland na primeira quincena de Agosto do ano pasado e, aínda que sexa unha expresión moi utilizada, parece que foi onte.

Non vou renegar da miña condición de morriñento. Sen dúbida o que máis boto de menos é a familia e a xente da que un gusta rodearse. A comida tamén aparece diariamente nas nosas cabezas e en xeral a sensación de estar na casa. A pesar disto, intentamos sacar o máximo rendemento a tódalas novas experiencias que este precioso país nos depara.

Como chegaches a Nova Zelandia? Que motivos?

Pois cheguei a Nova Zelandia tras una langa viaxe en avión – ri. – Fóra bromas, o motivo fundamental foi o feito da gran oportunidade laboral que se lle presentou a miña parella. Consensuamos que de ter que emigrar, Nova Zelandia sería un gran motivo para facer as maletas.

Ademais, dende cativo tiña bastante fixación co feito de percorrer o continente oceánico. Así que a pesar das moitas incertidumes, estaba decidido a saltar os charcos.

Fuches sen traballo, foiche fácil atopar emprego? Como está aí o de encontrar un traballo?

Así é, aparquei temporalmente os meus vínculos laborais como fisioterapeuta na cidade de Ourense e arredores e abrín a mente a novas posibilidades laborais. A tasa de paro niste país ronda o 5% e o volume de oferta e demanda no mercado laboral e bastante abundante. Iste é un país que se atopa nunha situación de razoable crecemento, polo tanto as posibilidades para traballar aumentan de maneira exponencial.

Canto tardaches?

Confeso que decidín non abrumarme ao comezo ca búsqueda de traballo pois tiña un pouco de diñeiro aforrado para sumar ós ingresos que a miña parella comezaba a obter.

Tras días utilizando portais de emprego online, comezaron a aparecer as primeiras entrevistas: construcción, hostelería, etc. Foi nunha destas cando fun seleccionado para traballar nunha nova asesoría de estudiantes. Buscaban a alguén que falase castelán para orientar ós estudiantes hispanofalantes. Quero recalcar que o feito de que tamén falase galego axudou porque diste xeito abríanse as portas para contactar con Portugal e Brasil, apostando polas semellanzas do idioma.

Tes pensado traballar de fisioterapeuta alí? Resulta difícil?

Sen dúbida. O poder exercer como fisioterapeuta niste país será clave para poder sentirme plenamente realizado, pois é unha profesión que realmente disfruto. Por iso convírtese nun dos meus obxectivos principais aquí nas antípodas.

Respondendo á segunda pregunta, si, é difícil. Por toda a información recadada, o sector sanitario procedente do estranxeiro ten que superar un tedioso proceso de papeleo no que demostrar a experiencia previa na rama sanitaria, ademáis de completar con éxito un esixente exame de inglés. O coñecemento dun código para tratar ás múltiples culturas que habitan o país e o pago das cuotas tamén son obstáculos máis ou menos importantes. Con todo isto, e con esforzo, a medio prazo espero estar exercendo do que realmente me gusta.

Entón, de que traballas agora mesmo?

Actualmente traballo para Mint Studies, unha axencia de estudantes que se encarga de buscar as estratexias que mellor se adaptan ás necesidades dos estudantes que se animen a vir a estudiar a Nova Zelandia. Tamén para a xente que xa está aquí e quere prolongar a súa estancia no país.

Mint Studies é unha empresa xoven, pero cuns fundadores que son grandes coñecedores do sector. Contan con moita experiencia previa no asesoramento de estudantes. Polo que a formación e todo o desenvolvemento da empresa vai collendo fondo e forma dunha maneira máis rápida do normal.

Cales son as tarefas que realizas en Mint Studies?

A miña tarefa é a de axudar ás persoas que queiran estudiar en Nova Zelandia a atopar o plan de estudos que máis se axuste ós seus requerimentos. Istes poden ir dende o estudo e perfeccionamento de inglés (que é o máis común) ata a formación académica tipo másters ou formación de postgrado que axuden á xente a mellorar a calidade da súa preparación para acceder con maior garantía de éxito ó mercado laboral.

Despois Natalia, a nosa axente de inmigración oficial, encárgase de proporcionar un asesoramento constante durante todo o procesamento e expedición dos visados (ista é a parte que máis complexidades ofrece durante todo o proceso).

O feito de dispor dunha persoa que traballe oficialmente como asesora do Servizo de Inmigración de Nova Zelandia é sen dúbida un dos nosos puntos fortes e distintivos do resto de asesorías educativas.

E que tal te desenvolves na túa nova labor profesional?

Pois, tras realizar un denso pero necesario período formativo a cargo da empresa, a verdade e que síntome moi ben desenrolando esta función. Resúltame moi gratificante

axudar á xente a acadar unha experiencia tan diferente e emocionate como é a de vir a

estudar a Nova Zelandia.

Que che resulta máis complicado?

É fundamental que a persoa comprenda que cos nosos servizos non vai pagar nin un euro máis do que lle costaría se o fixese por conta propia.

Isto ten unha explicación moi sinxela: a nosa compañía traballa representando a diferentes institucións académicas por todo o país, polo tanto son elas as que nos pagan por representalas. Así que aínda que soe moi sinxelo, para o estudiante son todo beneficios, non hai trampa nin cartón.

Polo que unha das cousas máis difíciles de acadar é que a persoa deposite un alto grao de confianza nalguén que se atopa a 20.000 km de distancia. Esa desconfianza inicial é entendible polo que intento traballar da maneira máis transparente posible para demostrar todas as vantaxes que ofrece o noso servizo.

É certo que o goberno neozelandés otorga permisos de traballo según os estudios que contrates?

Efectivamente, resulta unha fórmula moi común e ventaxosa para os estudantes. O goberno, dependendo da duración da formación educativa contratada, facilita permisos de traballo a tempo parcial para compaxinar co estudo e así poder facer fronte ós gastos propios da estancia no país. É un tema que teñen moi ben traballado, e isto explica a alta afluencia de xente de tódalas partes do mundo a un país relativamente pequeno no medio do Océano Pacífico.

Que temos que facer aos que nos gusta viaxar para poder disfrutar do que nos ofreces?

Pois estamos tratando de explotar a difusión polas redes sociais, así que acudindo a calquera das nosas referencias: páxina web, facebook ou contactando cas nosas direccións de correo electrónico.

Para evitar unha máis que custosa conversación telefónica tamén utilizamos Skype, a cal creo que é unha ferramenta moi útil para favorecer a comunicación e a confianza entre persoas que están en diferentes partes do mundo.

Algún lugar onde poidamos contactar?

Por suposto, a nosa web oficial é www.mintstudies.com e para contactar comigo coma asesor para todo o país utilizade a páxina de fb Mint Studies España (www.facebook.com/Mint.Spain) ou a miña dirección de correo electrónico pablo.gonzalez@mintstudies.com

Algúns eventos que realicedes?

Polo momento na cidade onde temos sede principal, Auckland,convocamos reunións onde explicamos tódalas nosas funcións no proceso do asesoramento para os estudantes que estean interesados.

Pero para as miñas próximas visitas a España concretarei pequenos seminarios explicativos en diferentes institucións académicas onde explicar o noso traballo e resolver tódalas dúbidas posibles acerca de dar un paso tan excitante como é o de vir aquí.

Para rematar, ao igual que nos debates políticos, deixamos os últimos intres para que nos contes o que queiras. Ou como pasaría no Luar, saúda a quen queiras.

Haha – ri. – Un bico moi forte á miña familia, ós amigos e amigas que me axudan promocionando na medida que poden a miña nova labor. Moitas grazas por aportar ise pequeno grao de area e convido a todo aquel que lendo esta entrevista se pregunte por que non intentalo? a que se poña en contacto comigo.

Recordade, Nova Zelandia xa está máis preto!

3 Replies to “Entrevista a Pablo González: Mint Studies”

  1. Como non podía ser de outra maneira ,deus os da,e eles se xuntan.Noraboa Pablo, por ser quen de acompañar a tua parella nesta viaxe ,e desexoche todo o millor neste proxecto.Saudos e coidaros moito.Dende Vigo , a familia os manda una aperta.

  2. Pablo eres el mejor en todo lo que haces. Yo siempre digo que eres de los que si te tiran de cabeza caes de pié. Adelante y mucha suerte.
    Un besote

  3. Excelente nota Pablo! Felicidades por todo lo que estás haciendo …. De verdad anima mucho! Estamos en contacto ! Hasta la vista !

Comments are closed.