Entrevista a Chiña, un “Mar de esperanza”

Nestes días tan tristes e grises imos poñerlle un pouco de bo ritmo da man dunha gran muller, unha prometedora e xoven cantante noiesa: Paula.
Moi boas, Paula. É unha honra poder entrevistarte despois de escoitar o teu novo tema “Mar de esperanza”, elaborado durante esta situación de confinamento.
En primeiro lugar, Galicia Alive quere agradecerche que formes parte desta familia tan alive. Alegrámonos moito saber que todo che vai ben nestes momentos de tanta incerteza.

GA: Comencemos cunha breve presentación para que os nosos adeptos che coñezan, paréceche? Quen é Paula?

Chiña: Ola, boas! O meu nome é Paula, aínda que todos me coñencen por Chiña, o meu nome artístico.
Son dunha aldea que pertence a Noia, A Barquiña, aínda que actualmente resido na Pobra do Caramiñal.
Teño 31 anos e, a parte de dedicarme ó mundo da música, tamén son conductora de autobús escolar.

GA: Xa adentrándonos no mundo da música como descubrirías o que é para ti a música?

Chiña: Para min a música significa liberdade, unha forma de vida. Sen a música non sabería vivir nin expresar todo o que teño dentro. Para min a música é calma, paz interior… en definitiva: UNHA TERAPIA..

GA: Cales son as túas influencias musicais?

Chiña: Xa dende moi pequena cantaba, e recordo perfectamente cando miña nai nos levaba ó cole no “forito rojo” e sempre iamos escoitando ou ben Junco ou ben Kiko Veneno.
Sempre me tirou moito o tema “flamenquito“. De feito cando me poñen rumba ou “xitanadas” véñome moi arriba.
Pero teño que recalcar que cando Mónica Naranjo apareceu na miña vida todo cambiou. Namoreime.

Chiña en Porto do Son Radio
Chiña en Porto do Son Radio

GA: Adícaslle moito tempo a música?

Chiña: Si que é verdade que lle adiquei máis tempo do que lle adico agora. Ó final vivindo nun pobo, sempre é máis complicado poder vivir da música. Por iso é necesario buscar outros traballos. Unha cousa teño moi clara, non penso perder nunca a esperanza de algún día poder vivir do que realmente me fai feliz, que é a música.
Explico todo isto porque ó final adicándote a outros traballos xa non tes tanto tempo para a música coma antes. Aínda que collo a guitarra case todos os días intentando aprender cada día unha cousa nova..

GA: Que pensas do papel da muller na música?

Chiña: Supoño que nestes tempos que corren non hai que darlle menor importancia ó xénero que actúa, penso que ata un galo fai música…

GA: Algunha anécdota que poidas contarnos?

Chiña: Anécdotas??  Teño moitas… – ri ó decilo. – Pero, bueno, cóntoche unha que me acaba de vir ahora á “cabesa”. Eran festas en Santa Cristina de Barro, alá arriba na iglesia, tamén coñecido pola “Serca”- comenta entre risas. – e montábase o palco da orquesta. Esa noite había unha actuación especial de “una cantante que salía mucho en la TVG”. E bueno… ata aí moi ben, todo normal. Cerveza na man, a orquesta soando e a xente bailando. Ata que se me ocorre a ir detrás do palco a mexar, porque nas festas antes o baño público era debaixo do palco – relata tamén mentres ri. – Menos mal que esto xa cambiou agora. E quen estaba alí preparada pa subir a actuar con pitillo en boca? Nada máis e nada menos que PILI PAMPIN. Si, si! Eu emocionadísima de ver alí a Pili Pampín. Púxenme a falar con ela como si de toda a vida nos coñeceramos. Todo esto eu de cuclillas aghuantando o equilibrio para non caer para os lados. Imaxínate, unha man no pantalon a outra na cerveza e falando con Pili Pampin. Moi surrealista. Ó final de todo eso quitámonos unha foto xuntas e desexeille moita fortuna e sorte.

Galicia Alive - Chiña con Pili Pampín
Galicia Alive – Chiña con Pili Pampín

GA: Cal foi o mellor concerto ao que fostes ou que destes?

Chiña: Pois teño que decilo e sen temblarme o pulso, o mellor concerto ó que fun pódese decir que foi ó da miña super ídola Rosana Arbelo en Santiago na Capitol. Increíble. Tamén teño fotos.
O mellor concerto que fixen ou no que máis disfrutei, pois calquera dos que fixen en chiringuitos en pleno verán. Ese público baila o que lle botes – ri.
Agora, fora coñas… penso que o mellor concerto que din foi no Antano na Serra De Outes…IMPRESIONANTE!!

Chiña con Rosana
Chiña con Rosana

GA:Como son os teus espectáculos Paula?

Chiña: Pois iso mesmo, un ESPECTÁCULO. Gústame moito que a xente participe e si é cantando mellor que mellor. Por iso busco cancións populares e coñecidas para que a xente non se aburra. Sen quitarlle o meu estilo, a miña esencia e sempre dende o respeto. As veces tamén lle fago algún pequeno monólogo ou conto algún chiste. Pero se che describo un concerto meu, é iso, un espectáculo no que seguramente acabarás de pé, saltando e cantando.

GA:Deixástenos abraiados co tema, “Mar de esperanza” que gravastes con Maite. Que nos podes decir del? Como foi a súa creación?

Chiña: Pois despois de casi 16 anos cantando e tocando por fin me sentei e compuxen algo de xeito. Non agradezo o confinamento, pero si que me din conta que para compoñer hai que estar nun sitio tranquilo e sen presión. Máis de 2 meses encerrada servíronme para poñer as cartas sobre a mesa, coller a guitarra e escoitarme interiormente. Escribir e darlle forma a unha melodía que xa me viña de atrás. Penso que é unha moi boa composición con forza e alma. Non dubidei nen un segundo en compartila con miña prima Maite. Entre as dúas facerlle unha segunda voz. Con paciencia e moitas horas de cambios e demais penso que fixemos un bo traballo.

Chiña como concursante de La Voz
Chiña como concursante de La Voz

Xa para rematar, en Galicia Alive, temos unha serie de preguntas encadeadas. O último galego Alive, Abel Tomé, deixou esta para ti. “Dende hai uns anos vense publicando moita literatura en lingua galega e sen embargo o galego cada vez emprégase menos para relacionarse. Non che parece contraditorio?”

Chiña: Escollo o castelán para cantar porque é o idioma no que máis música escoito e na que máis comoda me sinto. Teño cantado algunha en inglés, en galego e incluso en italiano.
Supoño que co castelán me solto máis á hora de expresarme, aínda que falo o “ghallegho” e son máis bruta cun arado – comenta con risas. – Pero non descarto nalgún momento da miña vida compoñer e escribir algo en galego xa que é o meu idioma oficial.🥰🥰

Agora déixanos ti a túa pregunta para a seguinte persoa entrevistada.

Chiña: Pareceche algo tarde para empezar a compoñer con 31 anos despois de estar 16 anos dedicándote á música, como é no meu caso?

Moitas graciñas pola entrevista Paula, agora deixámosche o teu momento Alive, para que comentes o que queiras.

Chiña: Eu prefiro cantarvos ou deixarvos o meu último “Mar de Esperanza”.

Axúdanos a seguir escribindo

Para poder aumentar a calidade das nosas publicacións precisamos máis tempo. Podedes axudarnos mercando a través de Amazon. Deixámosvos os seguintes links que vos poden resultar útiles e interesantes:

PHP Code Snippets Powered By : XYZScripts.com